Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura presenta a obra Flis-Fli-Ris-Flas da compañía Matapiollos que inaugura as actividades de Nadal


# Xoves, 11/12/2008
A campaña Flis-Fli-Ris-Flas. Cóntallo en galego, está dirixida a nenos e nenas de primeiro ciclo de primaria

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, Francisco Castro, representante da editorial Galaxia e Carlos Coira, director de Matapiollos, presentaron a campaña Flis-Fli-Ris-Flas que abre as actividades de Nadal que organiza esta Concellería.

Trátase dunha proposta cultural e educativa,  dirixida a todos os nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria, e orientada a fomentar o uso da lingua galega, e a lectura no ámbito familiar. A campaña está promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Editorial Galaxia. O Concello de Lugo colabora coa cesión do Auditorio Gustavo Freire.

Flis-Fli-Ris-Flas é un ambicioso programa que vai chegar á totalidade dos nenos e nenas de Galicia de primeiro e segundo curso de Educación Primaria. A Compañía Matapiollos é a encargada de representar a obra Flis-Fli-Ris-Flas, dirixida por Jorge Coira, e na que se conta a historia de Martiño, cos seus medos á escuridade, e a axuda que atopa nas historias dos libros.

A representación chega ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo despois de visitar máis de 40 concellos dende o mes de setembro. Haberá dous pases, os sábados 13 e 20 de decembro ás 18:00 horas. A entrada é gratuita

Ademais, para os pais vai destinado un tríptico coa idea de sensibilizalos da importancia do seu traballo como transmisores e fomentadores da lingua e o amor polos libros.

Con esta representación comeza un intenso programa de actividades posto en marcha pola Concellería de Cultura e Turismo para celebrar as festas de Nadal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova