Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Muller e Benestar Social abre as Ociotecas, Aulas Abertas e os Centros Sociais todo o Nadal


# Luns, 15/12/2008
Carmen Basadre anunciou a posta en marcha dunha cuarta Ocioteca na zona de Frigsa

Presentou a cea de Noiteboa e Fin de Ano que o Concello organiza para persoas soas

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou a programación que a súa Concellería porá en marcha para este Nadal 2008. Entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro os Centros Sociais Municipais, as Ociotecas e as Aulas Abertas abrirán as súas portas ás familias lucenses.

Como cada ano a conciliación da vida laboral e familiar é a prioridade fundamental desta Concellería, que un Nadal máis abre as Ociotecas e Aulas Abertas para facilitar que os cativos pasen o seu tempo de lecer e as nais e pais continúen traballando con normalidade.

As Aulas Abertas abrirán as súas portas aos nenos e nenas de entre 4 e 12 anos con numerosas actividades entre as 8:30 e as 14:30 horas. Haberá dous grupos con 40 prazas en total -20 para 8 e 4 anos e outras 20 para 9 a 12 anos- nos que será preciso inscribirse previamente.

Trátase dun servizo que o Concello de Lugo ofrece de xeito gratuíto para os máis cativos da cidade e que estará aberto os días 22,23,26,29 e 30 de decembro e o 2,5 e 7 de xaneiro.

As tres ociotecas municipais -Fontiñas, Uxío Novoneyra e Milagrosa- tamén se unirán a este servizo especial de Nadal. Carmen Basadre anunciou ademais a posta en marcha dunha nova ocioteca que dará servizo á zona de Frigsa “foi un compromiso que fixen este ano e comeza a funcionar nestas datas para manterse xa na programación do meu departamento”.

O horario das ociotecas será de 9:00 as 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas e os sábados estará aberta a do uxío Novoneyra dende as 9:30 ata as 13:30 horas.

Os Centros Sociais Municipais tamén farán un esforzo e porán en marcha un servizo propio destas datas, con numerosas actividades de Nadal que comezarán o día 22 de decembro. O prazo de inscrición comeza o 15 de decembro ata o 17 de 9 a 13 e de 17 a 19 horas.

CENTRO SOCIAL MUNICIPAL FINGOI

ACTIVIDADES FAMILIARES DE CARÁCTER ABERTO

ACTUACIÓN DE MAXIA
Data: 22 de decembro (luns)
Horario: 17:00 horas

NADAL COAS “AULAS”:
O grupo de teatro da Asociación Cultural Galega de Formación de Adultos (A.3ª.I.) dirixido por Ana Carreira porá en escena a obra de Edita I. Rodríguez (alumna das Aulas) a obra titulada “A culpa foi de Mozart”.
Data: 23 de decembro (martes)
Horario: 19:00 horas

CONTACONTOS:
Data: 26 de decembro (venres)
Horario: 17:00 horas

MONICREQUES:
Data: 29 de decembro (luns)
Horario: 17:00 horas

ACTUACIÓN DA CORAL XEADA:
Data: 30 de decembro (martes)
Horario: 19:00 horas

BAILE DE NADAL
Día 2 de xaneiro (venres)
Horario: 18:00 horas

 

CENTRO SOCIAL MUNICIPAL LAMAS DE PRADO

ACTIVIDADES FAMILIARES DE CARÁCTER ABERTO

BAILE DEPORTIVO
Data: 22 de decembro (luns)
Horario: 17:00 horas
Local : Díaz Castro

ACTUACIÓN DE MAXIA
Data: 26 de decembro (venres)
Horario: 17:00 horas
Local: Díaz Castro

CONTACONTOS
Data: 2 de xaneiro (venres)
Horario: 17:00 horas
Local: Díaz Castro

BAILES DE NADAL para maiores:

            - Día 27 de decembro, sábado, ás 18:00 horas. Local de Díaz Castro.

            - Día 30 de decembro, martes, ás 18:00 horas. Local de Trapero Pardo.
 

CENTRO SOCIAL MUNICIPAL MILAGROSA

ACTIVIDADES FAMILIARES DE CARÁCTER ABERTO

CONTACONTOS
Data: 22 de decembro (luns)
Horario: 17:00 horas

ACTUACIÓN DE MAXIA:
Data: 23 de decembro (martes)
Horario: 17:00 horas

BAILE DEPORTIVO
Data: 29 de decembro (luns)
Horario: 17:00 horas

BAILES DE NADAL para maiores

Bailes con música en vivo, aberto a toda a poboación.
Datas: 25 de decembro (xoves), 01 de xaneiro ( xoves)
 Horario: 18:00 horas.

 CENTRO SOCIAL MUNICIPAL SAGRADO CORAZÓN

Aula aberta durante os días 22, 23,26, 29 e 30 de decembro, 2, 5 e 7 de xaneiro, na que os participantes en dous grupos de 12 ; (nenas e nenos de 3 a  7 anos e de 8 a 12 anos)  terán diversidade de actividades lúdicas co tema transversal  O NADAL, dando unha imaxe ao Centro de acordo coas datas.

Dentro das Aulas  farase un tentempé  e con posterioridade unha limpeza bucodental, ademais de actividades propias da época tales coma decorar o centro, deseño de postais, música, cancións. A actividade é gratuita.

CENTRO SOCIAL MUNICIPAL UXÍO NOVONEYRA

ACTIVIDADES FAMILIARES DE CARÁCTER ABERTO

NADAL MUSICAL: Actuación do coro “CANTAR DELAS”
Data: 22 de decembro (luns)
Horario: 17:30 horas

MONICREQUES
Data: 23 de decembro (martes)
Horario: 17:00 horas

BAILE DE NADAL para maiores
Data: 26 de decembro (venres)
Horario: 18:00 horas

CONTACONTOS
Data: 29 de decembro (luns)
Horario: 18:00 horas

CINE EN FAMILIA
Data: 2 de xaneiro (venres)
Horario: 18:00 horas

Outras actividades

FESTA “FAMILIA NO NADAL”

O día 27 de decembro (sábado) terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire, en horario de tarde (17:00 horas) a gran festa familiar do Nadal, na que tódalas familias que o desexen poderán disfrutar dunha xornada de ocio e lecer na compaña das súas nenas e nenos e, participar en múltiples actividades: xogos, merenda, actuacións e moitas sorpresas máis…

A Área de muller e Benestar Social continuará co seu traballo habitual:

- Programa de atención primaria. Información, orientación e asesoramento
- Prestación do servizo de axuda no fogar
- Servizo de teleasistencia domiciliaria
- Prestación de emerxencia social
- Programa de educación familiar
- Vivendas sociais (Oficinas Municipais do Seminario Menor)
- Programa de atención a minorías étnicas
- Programa de prevención de drogodependencias (Centro Social Uxío Novoneyra, 3º andar)
- Programa de inclusión social (Centro Social Uxío Novoneyra, 3º andar)
- Atención social xurídica e psicolóxica (Casa da Muller)
- Programa “Acceder” (accións dirixidas a favorecer a integración da poboación xitana).
  Rda. do Carme, 50, entresollado
- Oficina de atención a inmigrantes e emigrantes retornados.
- Ociotecas. Locais de Fontiñas, Milagrosa e Uxío Novoneyra.

Cea de Noiteboa e Fin de Ano para persoas soas

A Concelleira de Muller e Benestar Social tamén anunciou a cea que habitualmente organiza este departamento por estas datas dirixido ás persoas que están soas.

Terá lugar en Noiteboa e Fin de Ano


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova