Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Constitúese o VI Goberno infantil da cidade de Lugo


# Martes, 16/12/2008


Este martes 16 de decembro ás 12:30 horas quedou constituído o VI Goberno Municipal Infantil, en presenza de numerosos representantes da Corporación local. Os 25 rapaces tomaron posesión e xuraron ou prometeron o seu cargo de concelleira ou concelleiro nun acto presidido pola Concelleira de Educación e no que estivo presente o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero.

O Goberno infantil componse de 8 áreas de traballo que son Urbanismo, Cultura e Educación, Medio Ambiente, Benestar Social, Deportes, Tráfico e Protección á Comunidade, Cidade rural e Desenvolvemento xuvenil.

Os membros deste Goberno Infantil son:
Alcalde: Daniel Pérez Murado (Colexio Menéndez Pelayo)

Concelleira de Benestar Social e 1º Tenente de Alcalde: Noelia Rodríguez Varela (Colexio Virxe da Soidade “As Gándaras)

Concelleira de Urbanismo e 2º Tenente de Alcalde: Beatriz Corredoira Rodríguez (Colexio Galén)

Concelleira de Medio Ambiente: Inés Mª Estebainha Magalhaes Pereira Favas (Colexio Quiroga Ballesteros)

Concelleira de Cultura e Educación: Andrea Castro Corredoira (Colegio Illa Verde)

Concelleira de Deportes: Uxía Carreira Sampayo (Colexio Galén)

Concelleira de Tráfico e Protección da Comunidade: Silvia Blanco Yebra (Colexio Quiroga Ballesteros)

 Concelleiro de Cidade Rural:Roque Álvarez Corbelle (Colexio Virxe da Soidade “As Gándaras”)

Concelleiro de Desenvolvemento xuvenil: Alberto Lago Barreiro (Colexio Illa Verde)

CONCELLEIROS/AS

Sara Armendariz Barreira (Colexio Virxe da Soidade )
Marta Eiriz Vázquez (Colexio Virxe da Soidade)
Ainhoa Sancosmed López (Colexio Virxe da Soidade)
Iván Corral Novo (Colexio Virxe da Soidade)

Uxía Betanzos Morán (Colexio Illa Verde)
Guillermo Bodelo Díaz (Colexio Illa Verde)
                                                                                   
Ainhoa Estremeiro Fernández (Colexio Quiroga Ballesteros)
Juan Atanes Conde (Colexio Quiroga Ballesteros)
Lucís de la Granda Priesto (Colexio Quiroga Ballesteros)                                                                                      
Yaiza Cabaleiro Fernández (Colexio Menéndez Pleayo)
Adrián Figueroa Veiga (Colexio Menéndez Pelayo)
Paula Portela Cabana (Colexio Menéndez Pelayo)

Ana Laura Sordo Díaz (ASPNAIS)
Abel Núñez Saavedra (ASPNAIS)

Manuel Ramón Castelo (CEE Santa. María)
Estefanía Vázquez Argerey (CEE Santa María)

O acto de constitución da nova corporación infantil comezou coa formación da Mesa de Idade integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade, Manuel Ramón Castelo e Paula Portela Cabana.
 
Posteriormente cada un dos 25 novos concelleiros tomaron posesión do cargo e xuraron lealdade á constitución.

Dolores Vieiro foi a encargada de presidir este acto en nome do Alcalde de Lugo que por motivos de axenda non puido estar presente. Explicoulles a importancia de ser responsables nesta nova tarefa que acaban de asumir.

Este luns 15 de decembro a Concelleira de Educación mantivo unha xuntanza con 25 rapaces e rapazas e cos seus profesores para coñecer os seus traballaos elaborados atandendo ás distintas áreas de goberno.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova