Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía explicou os orzamentos municipais aos estudantes do I.E.S Politécnico


# Martes, 16/12/2008
Os rapaces e rapazas interesáronse polos proxectos do Centro xuvenil de Montirón e a Casa das Linguas

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou aos estudantes do primeiro curso de Bacharelato do I.E.S Politécnico de Lugo, o proceso que o Concello lucense segue para elaborar e aprobar os orzamentos municipais.

Sonia Méndez explicoulles que os orzamentos do Concello para 2009, que ascenden a 105 millóns de euros, son uns orzamentos contidos e axustados aos tempos de crise que estamos a atravesar, pero adaptados ás necesidades previsibles para o vindeiro ano, coa fin de beneficiar á cidadanía e contribuir a que a cidade siga avanzando e modernizándose. A Concelleira de Economía sintetizou os obxectivos dos presupostos municipais nos seguintes:

P Igualdade, equilibrio e solidaridade
P Contención do gasto de mantemento
P Aumento do gasto social, emprego, medio ambiente e promoción turística da cidade
P Aumento do investimento-obra pública: postos de traballo

A responsable de Economía destacou que os orzamentos municipais son o documento máis importante de cantos o Concello tén que elaborar de xeito anual, e referiuse aos mecanismos de aforro que o equipo de goberno se plantexa de cara ao vindeiro ano. Entroutras medidas, prevése reducir en 30.000 euros o gasto en material de oficina dos máis de 700 traballadores do Concello, e que este ano roldou os 140.000 euros, así como empregar bombillas de baixo consumo no alumado público e ornamental.

A Concelleira de Economía insistiu en que os orzamentos que entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2209 non rebaixan as partidas adicadas a política social, que supón o 40% do total dos orzamentos, nin tampouco a adicada á construcción de obra pública, co obxectivo de xerar novos postos de emprego, sobre todo no sector da construcción.  De feito, prevése que máis de 500 persoas traballarán o ano que vén en obras impulsadas polo Concello.

Os rapaces e rapazas do I.E.S Politécnico seguiron con atención todas as explicacións de Sonia Méndez, e amosaron especial interese por proxectos dirixidos á xuventude que o Concello porá en marcha o vindeiro ano, como é a Casa das Linguas ou o Centro xuvenil de Montirón, así como pola partida de 659.000 euros que o goberno local adicará á adquisición de pisos para a erradicación do chabolismo no municipio.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova