Cargando....
Concello de Lugo
28/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Delegada de Urbanismo presenta o PXOM á Federación de Asociacións de Veciños de Lugo


# Sábado, 13/12/2008


A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, presentaron as liñas xerais do Plan Xeral de Ordenación Municipal aos membros da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo. María Novo explicoulles as melloras previstas en cada un dos barrios do municipio lucense polo novo documento urbanístico, que está pendente de aprobación provisional en Pleno.

O Plan Xeral pretende deseñar un modelo territorial e urbano que, respetando os valores medioambientais do territorio, sexa capaz de satisfacer as necesidades e expectativas dos seus habitantes, dende o respecto aos valores e aos modelos de asentamento tradicionais

            O Plan recolle catro liñas de actuación estratéxicas:
1.- mellora das infraestruturas de acceso á cidade
2.- impulso da calidade dos espazos públicos e o reparto equilibrado de dotacións, zonas verdes, equipamentos e vivendas de protección en tódalas zonas da cidade
3.- desenvolvemento do tecido produtivo
4.- potenciación dos seus valores históricos, culturais e naturais

Potenciación da cidade
                        - promove a rexeneración dos barrios
                        - reequipa a cidade
                        - integra as estruturas rurais preexistentes dentro das novas pezas urbanas que se incorporan á cidade
                        - completan espazos libres e zonas verdes no tecido urbano que relacionan o centro da cidade cos barrios e estes entre sí
                        - integra o río
                        - distribúe os equipamentos
                        - xera unha importante oferta de solo para vivenda protexida
                        - fomenta a rehabilitación

Barrio Feijóo
            Manten alineacións, salvo:
            - prolongación de río Parga a Illas Cies
            - prolongación de Río Avia a San Lorenzo
            - no interior dos patios dos quinteiros, dende Río Támoga ata a Praza das Reboiras, abrindo un corredor de espazos libres públicos

            Delimítase un polígono de actuación na zona de Rio Parga e a Praza San Lorenzo, para dar continuidade a Río Avia hacia a Praza.

Albeiros
            -Incorpóranse como urbano non consolidado 5 polígonos de actuación, a xestionar por cooperación
            -Adáptase a trama viaria existente de rúas Celestino Fernández de la Vega, Sixto, Lousas, Illas Sisargas, Pederneiras
            -O sistema xeral viario de 22m de largo vertebra a estrutura do barrio
            -No resto dos viarios regularízanse as alineacións
            -Os polígonos van xestionados con iniciativa pública, co modelo de cooperación

A Cheda
            -Márcanse tres polígonos de actuación remitidos a plans especiais
            -Mantéñense os viais estruturantes existentes, deixando de afectar á meirande parte de vivendas afectadas anteriormente

Sagrado Corazón

  1. O viario principal do enclave constitúeo a Rúa Venancio Senra que desemboca na Avenida Carlos Azcárraga, que constitúe a saída da cidade ata a estrada da Fonsagrada
  2. Este pequeno enclave remátase con tipoloxías de quinteiro pechado que recollen as edificacións entre medianeiras que dan fronte as rúas existentes, admitindo bloques
  3. Poponse pechar os quinteiros existentes

As Gándaras
            -Temos pequenos polígonos de actuación por cooperación para facilitar a súa xestión
            -Asúmense os viarios existentes, con algunha ampliación para darlle maior calidade aos espazos públicos
            -Déixase unha peza importante no medio como solo consolidable que se asume

O PLAN EN CIFRAS:

  • SOLO RESIDENCIAL: 11.636.352 m2
  • SOLO INDUSTRIAL/ ACTIVIDADES: 6.875.775 m2
  • EQUIPAMENTOS: 15,61m2/m2 residenciais
  • SISTEMAS XERAIS DE ESPAZOS LIBRES: 18,89 m2/m2 residenciais
  • VIVENDAS DE PROTECCION: 40,14% 



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova