Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa coa súa campaña solidaria de recollida de xoguetes


# Sábado, 13/12/2008
Os xoguetes poden entregarse ata o vindeiro 22 de decembro

O Concello de Lugo, dende a súa Concellería de Muller e Benestar Social, e a asociación Lóstregos Lucus continúan coa súa campaña de Xoguetes en Movemento para nenos e nenas con poucos recursos económicos. Trátase dunha iniciativa solidaria que cada ano pon en marcha o departamento que dirixe Carmen Basadre, e para a que esperan a colaboración de toda a cidadanía lucense e que xa conseguiu recoller un cento de xogos variados para todas as idades.

É o segundo ano que se leva a cabo esta campaña solidaria de recollida de xoguetes, que pretende concienciar e sensibilizar á poboación nestas datas previas ao nadal ante a situación de desigualdade social existente, e a importancia de que todos os nenos e nenas reciban xoguetes.

O xogo é un dos elementos fundamentais de aprendizaxe na infancia, xa que permite aos máis pequenos desenvolver as capacidades acordes á súa idade ao tempo que aprenden a relacionarse e comunicarse, un aspecto fundamental para todas as persoas.

Dende o Concello preténdese que os cativos e as cativas conten con un dos elementos fundamentais de aprendizaxe na infancia. Esta campaña de recollida de xoguetes lévase a cabo grazas á colaboración desinteresada dos veciños e veciñas, que poden axudar levando xoguetes non sexistas, non bélicos e non usados, e tamén á colaboración das empresas, que ceden xoguetes de xeito altruísta.

A recollida farase ata o vindeiro 22 de decembro en diversos establecementos da cidade:
-La Cosechera de 1966
-A Esmorga
-La Internacional
-Chiqui
-Soho
-Sherpas de Rábade
-Cook
-Pasarela
-Chuché

Un Papá Noel motorizado entregará na mañá do 24 de decembro, a preto de douscentos nenos e nenas do municipio, os xoguetes recollidos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova