Actualidade

Luns, 22 de abril de 2024
O centro municipal Europe Direct Lugo organiza unha xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón

O evento baixo o título: “Europa responde: desinformación e fake news”, terá lugar este xoves, a partir das 9:30 horas, no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere.

Na xornada tamén participará María Campo, da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, da Oficina do Parlamento Europeo en España.

Será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo e estará dirixida a estudantes, profesorado e á comunidade universitaria do Campus Terra.

Pablo Simón é profesor titular de ciencia política na universidade Carlos III de Madrid e  analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER.

Luns, 22 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos optimiza as instalacións deportivas de Frigsa e As Pedreiras

O Concello renovou parte do sistema eléctrico do centro deportivo situado no parque da Milagrosa e acometeu varias melloras nos vestiarios mentres que, no complexo da zona sur, modernizou o sistema de climatización do vaso e  actualizou o ximnasio.

Así mesmo, nas últimas semanas, realizáronse traballos no Pavillón municipal, no Palomar, no polideportivo da Piringalla, nas pistas das Termas e nos campos da Cheda e As Gándaras e Galegos cun inventimento superior aos 30.000 euros.

O edil Jorge Bustos anunciou que estas actuacións  enmárcase dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola súa área para conservar as instalacións deportivas municipais.

Luns, 22 de abril de 2024
O Concello intensificará este martes a vixilancia policial en Frigsa para garantir que a nova organización do mercadiño se implante sen incidencias

A medida, de carácter preventivo, coincide coa entrada en vigor dos cambios decretados pola área de Participación Cidadá sobre a distribución das e dos vendedores autorizados.

Dende as 7 da mañá, 4 patrullas de Policía Local controlarán tanto a montaxe das instalacións como o desenvolvemento da actividade ata a súa finalización.

Domingo, 21 de abril de 2024
O Executivo local impulsa un acordo plenario para manifestar o respaldo do Concello ao labor que realiza a UNRWA coa poboación refuxiada de Palestina

“Tras cinco meses de conflito, a situación en Gaza é cada vez máis extrema e esta axencia da ONU é o principal escudo humanitario contra as vítimas”, apuntou a voceira.

“Consideramos importante que desde esta Administración local se resplade institucionalmente este labor para garantír que a axuda chege ás persoas damnificadas”, concluíu.

Venres, 19 de abril de 2024
Xuventude organiza un ciclo de conferencias no que destacados profesionais falarán de saúde mental e adiccións sen substancias

A primeira xornada terá lugar o vindeiro xoves, 25 de abril, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro de convivencia muncipal de Fingoy co divulgador científico Jorge Mira.

Jorge Bustos: “Pretendemos afondar nos problemas máis actuais derivados da adicción ás novas tecnoloxías e a relevancia do rol profesional na abordaxe das mesmas”.

Venres, 19 de abril de 2024

O MIHL acolle cada ano  máis de 20 actividades gratuítas dirixidas ás nenas e nenos, co obxectivo de incentivar a ler e a acudir á Biblioteca Municipal.

Ferreiro: "cada ano, máis de 800 nenas e nenos desfrutan das actividades de animación á lectura do Concello, esgotando sempre as entradas dispoñibles".

Venres, 19 de abril de 2024
A cuarta proba do Circuíto Corre con Nós reunirá a máis de 600 persoas este domingo no entorno da Estrada de Ombreiro

Celebrarase sobre un circuíto de asfalto, con saída e chegada desde o aparcadoiro inferior do estadio Anxo Carro, entre as 11:30 e as 13:30 horas.

Jorge Bustos, quen destacou que “a día de hoxe xa se anotaron 1.683 persoas no circuíto de carreiras, que encara o seu ecuador, pois trala proba do domingo só restarán dúas citas máis os días 25 de maio e 9 de xuño”.

Xoves, 18 de abril de 2024
A exposición 'Barbie: Cine e moda' amplíase cunha mostra de 11 deseñadoras e deseñadores locais

Ferreiro: "Trátase da primeira exposición en todo o estado dirixida ao mundo do cine e a moda; combinando  cultura, historia e diversión para todos os públicos".

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro acudiron ao MIHL onde visitaron a nova zona da exposición coas deseñadoras e deseñadores de Lugo.