Lugo, destino turístico

Fundada polos romanos co nome de Lucus Augusti, a cidade de Lugo atesoura máis de dous mil anos de historia e patrimonio. A Muralla Romana é a mellor testemuña da súa evolución, pois dende que foi erixida perdurou inquebrantable ao longo dos séculos, converténdose no símbolo por excelencia desta capital galega. Ademais da muralla, son moitos os atractivos de Lugo, que merece uns días para perderse nas súas rúas. Vén con tempo e coñece todos os seus encantos: os seus monumentos, a súa gastronomía, a súa natureza, a súa xente.