Área de Xestión Integral de Recursos Internos

Actualidade

Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo
Martes, 23 de abril de 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza coñeceu de primeira man as necesidades da Asociación de cara a futuras colaboracións.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou López.

O centro municipal Europe Direct Lugo organiza unha xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón
Luns, 22 de abril de 2024

O evento baixo o título: “Europa responde: desinformación e fake news”, terá lugar este xoves, a partir das 9:30 horas, no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere.

Na xornada tamén participará María Campo, da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, da Oficina do Parlamento Europeo en España.

Será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo e estará dirixida a estudantes, profesorado e á comunidade universitaria do Campus Terra.

Pablo Simón é profesor titular de ciencia política na universidade Carlos III de Madrid e  analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER.

O Plan de Turismo Sostible do Concello de Lugo protagonista nun seminario de intercambio de experiencias entre Galicia e Portugal
Xoves, 18 de abril de 2024

Mauricio Repetto presentou esta estratexia e as actuacións realizadas polo goberno municipal para mellorar a accesibilidade ao patrimonio histórico nun foro en Vila Real.

“Este plan permitirá posicionarnos como un destino enogastronómico mediante un conxunto de actuacións no eido da transición dixital, a eficiencia enerxética, a competitividade e a transición verde e sostible”, destacou o edil.