Área de Xestión Integral de Recursos Internos

Actualidade

O Concello de Lugo reduce o período medio de pago a provedores a 7,85 días, moi por baixo dos 30 de tope normativo
Mércores, 27 de marzo de 2024

O Executivo de Paula Alvarellos logrou situar este parámetro no último trimestre de 2023 en 8.29 días no mes de outubro, 8,04 en novembro e 7,22 en decembro.

“Temos a fime vontade de conseguir que as nosas pequenas e medianas empresas poidan ter diñeiro liquido para atender as súas obrigas, para crecer, e así contribuír ao desenvolvemento da nosa cidade”, sinalou o edil de Recursos Internos, Pablo Permuy.

Neste período realizouse o pagamento de 2.006 facturas, por un importe total de 22.839.454 euros, incrementándose de forma salientable a porcentaxe de compromisos pagados en tempo e o importe total aboado en prazo.

O Executivo de Paula Alvarellos pon a disposición do tecido asociativo varios locais e salas de uso múltiple no CEI-Nodus
Martes, 26 de marzo de 2024

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará a convocatoria e as bases que rexerán a cesión dos espazos, por un máximo de tres anos, na Xunta de Goberno local desta semana.

Mauricio Repetto: “O obxectivo é facilitar a súa actividade e a posta en marcha de programas cos que dinamizar economicamente e poñer en valor o noso territorio”.

O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Rubén Arroxo e Alexandre Penas amosan as instalacións da casa consistorial a estudantes do colexio Franciscanos
Mércores, 20 de marzo de 2024

Os edís amosáronlles o funcionamento do Concello e contestou ás preguntas e suxerencias da mocidade.

Nun xogo realizado coas nenas e nenos, simulouse un pleno municipal onde o grupo de escolares propuxo distintas iniciativas.

O Concello pon a disposición das persoas interesadas 18 postos de venda de mercadorías na Praza Maior durante a festa do Arde Lucus
Mércores, 20 de marzo de 2024

A autorización da ocupación terá vixencia durante a edición de 2024 prorrogable por un ano máis. Trátase dos espazos que se atopaban actualmente vacantes, dun total de 57.

Jorge Bustos lembrou que o Concello aprobou en 2022 a normativa para acceder a estes postos “xerando un gran interese entre as e os comerciantes”.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles contados dende a publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante.

O edil explicou que o Concello segue a promover e intensificar a colaboración público-privada de cara a celebración da vindeira edición da festa, do 13 ao 16 de xuño.