Área de Xestión Integral de Recursos Internos

Actualidade

O Concello de Lugo recibe o galardón Pajaritas Azules pola súa excelencia na reciclaxe
Xoves, 25 de abril de 2024

Estes galardóns concédense a partir da avaliación anual de 21 indicadores que analizan todos os aspectos que incumben á recollida do colector azul, campañas de información e concienciación cidadá, regulación e planificación da xestión.

“É moi gratificante ver como todo o traballo implemetado polo Goberno local ao longo dos últimos anos nesta materia acada un recoñecemento desta magnitude”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, quen recolleu o premio en Madrid.

A nivel nacional, 47 entidades locais e agrupacións de municipios de 15 comunidades autónomas foron recoñecidas polas súas prácticas na xestión da recollida selectiva.

Mércores, 24 de abril de 2024

O obxectivo desta medida é compatibilizar esta actividade e o dereito ao lecer co lexítimo e necesario descanso das persoas residentes, especialmente naquelas zonas que rexistran unha maior concentración de locais.

Os hostaleiros poderán prolongar a apertura en Arde Lucus, durante o Caudal Fest, San Froilán e a Hispanidade, a madrugada de Todos os Santos e nas xornadas do Nadal.

Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo
Martes, 23 de abril de 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza coñeceu de primeira man as necesidades da Asociación de cara a futuras colaboracións.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou López.

O centro municipal Europe Direct Lugo organiza unha xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón
Luns, 22 de abril de 2024

O evento baixo o título: “Europa responde: desinformación e fake news”, terá lugar este xoves, a partir das 9:30 horas, no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere.

Na xornada tamén participará María Campo, da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, da Oficina do Parlamento Europeo en España.

Será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo e estará dirixida a estudantes, profesorado e á comunidade universitaria do Campus Terra.

Pablo Simón é profesor titular de ciencia política na universidade Carlos III de Madrid e  analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER.