Cargando ...
Concello de Lugo
23/10/14
SAÚDO DO ALCALDE
Escoita esta páxina

BENVIDA DO ALCALDE A ESTA CASA CONSISTORIAL VIRTUAL


  • Alcalde de Lugo

Tras máis de dous mil anos de historia, Lugo é unha cidade que se foi adaptando sen estridencias aos cambios ocasionados polo lento transcorrer do tempo. A ancestral Lucus Augusti foise transformando paulatinamente ata converterse nunha cidade moderna e contemporánea, á vez que foi capaz de conservar os símbolos que lle deu a súa identidade: a Muralla e toda a súa historia.

Durante as últimas décadas do século XX e o comezo do novo milenio asistimos a unha revolución tecnolóxica que introduciu cambios tan profundos na sociedade como o foi a Revolución Industrial no século XIX. Lugo non se quedou fóra dela e soubo como facerse un oco na inmensidade do ciberespacio.

O Concello de Lugo presentou hai uns anos a primeira páxina web municipal coa vocación de adaptar a administración local a esta revolución mundial e cumprindo co seu obxectivo de dar o servizo máis eficaz, próximo e funcional á cidadanía presenta esta nova web mellorada, ampliada e modernizada.

Con este novo portal municipal o Concello de Lugo busca estar máis preto dos lucenses para facilitarlles unha administración virtual que axilice os trámites, mantelos informados das novidades municipais e ofrecerlles unha canle de comunicación interactiva e tamén de todos os homes e mulleres do mundo que poidan contactar con este portal.

Por iso, esta web convértese nunha fiestra que abre a cidade ao resto do mundo, servirá para descubrir os encantos de Lugo, a súa historia, os seus monumentos, a súa natureza e a súa xente. Todos os que se acheguen a mirar por esta fiestra virtual poderán consultar toda a información sobre a cidade, expresar as súas suxestións e comunicar as súas dúbidas, pois a súa vocación é a de servir de vínculo entre a administración e a cidadanía.

Doulles a benvida a www.lugo.es e deséxolles unha feliz viaxe por este espazo virtual de Lugo.

José López Orozco, Alcalde de Lugo

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova