Casa do Concello
Casa do Concello > Alcaldía > Actualidade

ACTUALIDADE

Escoita esta páxina  

Abre fiestra nova Enviar a un Amigo  Abre fiestra nova Imprimir

O ALCALDE DE LUGO ANUNCIA A POSTA EN MARCHA DUNHA CAMPAÑA INFORMATIVA COA QUE ACHEGAR A ACCIÓN DO GOBERNO LOCAL AOS CIDADÁNS

12/11/2009 * Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo o Executivo Local informará aos barrios e a zona rural sobre os investimentos e melloras que se están a levar a cabo na cidade

* Preténdese que a cidadanía coñeza os proxectos nos que traballa o Goberno e que trasladen as súas suxestións e inquedanzas en relación coa cidade


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou esta mañá a posta en marcha dunha campaña informativa que ten por obxectivo achegar a acción do Goberno Local aos cidadáns. Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo, o Executivo Local trasladarase a todos os centros de convivencia, colexios e escolas rurais co obxectivo de dar conta dos proxectos no que traballa o Equipo de Goberno, así como os investimentos realizados ata o de agora e aqueles programados para os próximos meses.

José López Orozco compareceu acompañado pola Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e polo Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro. Na súa intervención explicou que se informará a todos os cidadáns sobre as novas tarifas da auga, as taxas, moitas das cales se conxelan por terceiro ano consecutivo, así como dos orzamentos do próximo exercicio e dos investimentos do FEIL para 2010.

A campaña informativa na que participará o Alcalde e os Concelleiros comezará o vindeiro día 17 no Centro de Convivencia Díaz Castro e de aí trasladarase aos 17 centros de convivencia da cidade. Desde o Equipo de Goberno informarase nas propias vivendas das convocatorias co fin de que participe o maior número posible de veciños e veciñas.

Tal e como expuxo López Orozco, “o Concello de Lugo ten o despacho na rúa, polo que seguiremos dando conta das melloras realizadas nos barrios e nas parroquias mellorando a calidade de vida dos cidadáns, con independencia do lugar no que vivan”.

Con esta acción o Concello pretende tomarlle o pulso á cidade e informar a todos os veciños de Lugo da xestión do Goberno. Neste sentido, convoca aos cidadáns a participar nas reunións que se desenvolverán primeiro na zona urbana e posteriormente no rural.

  Corte de audio do Alcalde (1)  O seu navegador non pode amosar o reproductor de audio desta páxina.
  Corte de audio do Alcalde (2)  O seu navegador non pode amosar o reproductor de audio desta páxina.
  Corte de audio do Alcalde (3)  O seu navegador non pode amosar o reproductor de audio desta páxina.
  Corte de audio do Alcalde (4)  O seu navegador non pode amosar o reproductor de audio desta páxina.
 
Política de Privacidade Abre fiestra nova Aviso legal Abre fiestra nova Accesibilidade Abre fiestra nova Mapa do sitio Plan Avanza,Abre fiestra nova    Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova