Casa do Concello
Casa do Concello > Alcaldía > Actualidade

ACTUALIDADE

Escoita esta páxina  

Abre fiestra nova Enviar a un Amigo  Abre fiestra nova Imprimir

COMEZA A CAMPAÑA INFORMATIVA PARA ACHEGAR A ACCIÓN DO GOBERNO LOCAL AOS CIDADÁNS

16/11/2009 * O Goberno de Lugo Contigo comeza a súa andaina polos barrios e a zona rural para informar sobre os investimentos e melloras que se están a levar a cabo na cidade

* A primeira cita será mañá martes 17 de novembro ás 20.00 horas no Centro de Convivencia Díaz Castro

Mañá martes 17 de novembro comeza a nova campaña informativa coa que o Goberno Local pretende achegar a súa labor aos cidadáns. Baixo o lema O Goberno de Lugo Contigo, o Executivo Local trasladarase a todos os centros de convivencia, colexios e escolas rurais co obxectivo de dar conta dos proxectos no que traballa o Equipo de Goberno, así como os investimentos realizados ata o de agora e aqueles programados para os próximos meses.

A primeira cita do Goberno Local coa cidadanía será no Centro de Convivencia Díaz Castro ás 20.00 horas. Entre os meses de novembro e decembro o equipo de Goberno informará á cidadanía nos centros de convivencia da cidade.

Con esta acción o Concello pretende tomarlle o pulso á cidade e informar a todos os veciños de Lugo da xestión do Goberno. Neste sentido, convoca aos cidadáns a participar nas reunións que se desenvolverán primeiro na zona urbana e posteriormente no rural.

Os veciños e veciñas de Lugo recibirán información detallada nas súas vivendas das convocatorias previstas.

Calendario para a zona urbana:

17 de novembro.- Centro de Convivencia Díaz Castro
23 de novembro.- Centro de Convivencia da Milagrosa
24 de novembro.- CEIP Sagrado Corazón
25 de novembro.- Centro de Convivencia de Fingoi
1 de decembro.- Centro de Convivencia Maruja Mallo
2 de decembro.- Casa das Linguas de Estrada da Granxa
14 de decembro.- Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
15 de decembro.- Centro de Convivencia Trapero Pardo

Todos os encontros serán ás 20.00 horas.

 
Política de Privacidade Abre fiestra nova Aviso legal Abre fiestra nova Accesibilidade Abre fiestra nova Mapa do sitio Plan Avanza,Abre fiestra nova    Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova