Actualidade

Martes, 23 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos promove o sábado un concerto gratuíto de Richard Sinclair, pioneiro do movemento do Canterbury Sound

Estará acompañado polo grupo Amoeba Split nunha cita organizada pola área de Xuventude o día 27. Será no Club Clavicémbalo ás sete da tarde e con entrada libre.

Martes, 23 de abril de 2024
Cristina López reúnese coa presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza coñeceu de primeira man as necesidades da Asociación de cara a futuras colaboracións.

"Seguimos escoitando as opinións do tecido asociativo e da veciñanza da cidade para planificar mellor o traballo a executar", afirmou López.

Luns, 22 de abril de 2024
O centro municipal Europe Direct Lugo organiza unha xornada sobre desinformación e fake news co politólogo e investigador Pablo Simón

O evento baixo o título: “Europa responde: desinformación e fake news”, terá lugar este xoves, a partir das 9:30 horas, no auditorio do centro cultural O Vello Cárcere.

Na xornada tamén participará María Campo, da Representación da Comisión Europea en España; e Teresa Coutinho, da Oficina do Parlamento Europeo en España.

Será aberta ao público e con acceso libre ata completar aforo e estará dirixida a estudantes, profesorado e á comunidade universitaria do Campus Terra.

Pablo Simón é profesor titular de ciencia política na universidade Carlos III de Madrid e  analista habitual en medios de comunicación como La Sexta, TVE ou Cadena SER.

Luns, 22 de abril de 2024
O Executivo de Paula Alvarellos optimiza as instalacións deportivas de Frigsa e As Pedreiras

O Concello renovou parte do sistema eléctrico do centro deportivo situado no parque da Milagrosa e acometeu varias melloras nos vestiarios mentres que, no complexo da zona sur, modernizou o sistema de climatización do vaso e  actualizou o ximnasio.

Así mesmo, nas últimas semanas, realizáronse traballos no Pavillón municipal, no Palomar, no polideportivo da Piringalla, nas pistas das Termas e nos campos da Cheda e As Gándaras e Galegos cun inventimento superior aos 30.000 euros.

O edil Jorge Bustos anunciou que estas actuacións  enmárcase dentro do Plan Dinámico de Intervención posto en marcha pola súa área para conservar as instalacións deportivas municipais.

Luns, 22 de abril de 2024
O Concello intensificará este martes a vixilancia policial en Frigsa para garantir que a nova organización do mercadiño se implante sen incidencias

A medida, de carácter preventivo, coincide coa entrada en vigor dos cambios decretados pola área de Participación Cidadá sobre a distribución das e dos vendedores autorizados.

Dende as 7 da mañá, 4 patrullas de Policía Local controlarán tanto a montaxe das instalacións como o desenvolvemento da actividade ata a súa finalización.

Domingo, 21 de abril de 2024
O Executivo local impulsa un acordo plenario para manifestar o respaldo do Concello ao labor que realiza a UNRWA coa poboación refuxiada de Palestina

“Tras cinco meses de conflito, a situación en Gaza é cada vez máis extrema e esta axencia da ONU é o principal escudo humanitario contra as vítimas”, apuntou a voceira.

“Consideramos importante que desde esta Administración local se resplade institucionalmente este labor para garantír que a axuda chege ás persoas damnificadas”, concluíu.