O Concello de Lugo facilita información de interese xeral para a cidade e o municipio de Lugo, de xeito especial información sobre as actividades oficiais do Concello e a organización municipal e o fai a traverso dos seus dominios de Internet:

lugo.es
concellodelugo.org
muralladelugo.info


Os contidos destes sitios web poderán ser modificados e actualizados polo Concello de Lugo sen necesidade de previo aviso, tanto no referente ás informacións como á estructura e deseño gráfico.

O Concello inclúe nos seus sitios web enlaces a contidos externos que considere de interese para o cidadán, observando sempre a normativa que regula os dereitos de propiedade intelectual e as normas básicas de comportamento ético na Internet. A este respecto, o Concello non se responsabiliza das modificacións que podan producirse nos destinos dos enlaces externos incluidos no sitio municipal, nin do uso que se faga deses contidos por parte dos usuarios da web.

O Concello de Lugo é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e códigos que se recollen nos dominios de Internet mencionados arriba, agás que se faga referencia expresa en senso contrario. As marcas ou signos distintivos de calquera clase que se recollen nestes sitios web están igualmente protexidos pola lexislación vixente. A reproducción, distribución, comercialización ou modificación non autorizada de todos eles constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.

A utilización non autorizada expresamente da información contida nos dominios, así como os prexuízos que puideran ocasionarse nos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Lugo poderá orixinar o exercicio por este das accións que legalmente procedan.

O usuario recoñece e acepta que o uso dos contidos e servizos ofrecidos polo Concello de Lugo na súa web realízase baixo o seu único e exclusivo risco e responsabilidade.

O usuario comprométese a facer un uso dos servizos e contidos da web axeitados á lei, e a non empregalos para realizar actividades ilícitas ou contrarias ás normas básicas de comportamento ético en Internet, que atenten contra os dereitos de terceiros ou que infrinxan os dereitos da propiedade intelectual e industrial, ou calquera outra norma aplicable.

O Concello de Lugo non será responsable dos fallos que se puideran producir nas comunicacións, incluído o borrado, transmisión incompleta ou atrasos na remisión, non comprometéndose tampouco a que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. O Concello de Lugo resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso ó sitio web ou ós servizos, en calquera momento, e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións.

Nos casos non previstos nestas condicións xerais, así como na interpretación e resolución dos conflitos que puideran xurdir como consecuencia dos mesmos será de aplicación a lexislación española.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen a traverso de lugo.es e concellodelugo.es realízse de acordo có disposto na Ley Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácer Persoal e demáis normativa aplicable. O interesado poderá exercer seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido ó Concello de Lugo, Praza Maior, s/n - LUGO


Concello de Lugo
CIF P-2702800-J
Pza. Maior, s/n
27001 LUGO
Telf. 982 297 100
info@concellodelugo.org