Imprimir

CENTRO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN (CEI) E NODUS


Martes, 13 de Maio de 2008 O Centro de Empresas e Innovación (CEI) é unha iniciativa do Concello de Lugo para a promoción económica da cidade e un apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Con este obxectivo o CEI céntrase en tres áreas básicas de servizos. A primeira trata de facilitar a creación de empresas de carácter innovador nun contorno idóneo para a xeración de novas iniciativas. Así, combínanse as infraestruturas coa asesoría técnica para facilitar o arranque e a consolidación de proxectos empresariais. Para elo o patrocinase a cooperación entre as empresas situadas no Centro co obxectivo de conseguir unha mellor inserción no mercado.

A segunda das áreas de servizo do CEI é a programación dunha oferta continuada de formación en materia de xestión e a innovación empresarial mediante cursos, seminarios e actividades de carácter divulgativo.

Finalmente o CEI ofrece tamén asesoría para todo tipo de empresas interesadas en iniciar proxectos vencellados ao I+D+i.

Estas tres áreas de servizo buscan promover novos investimentos na provincia de Lugo por medio de iniciativas empresariais que contribúan ao desenvolvemento económico do concello e especificamente a:

  • Fomentar empresas cun selo de calidade.

  • Dinamizar a cooperación empresarial.

  • Diversificar a estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.

  • Crear un medio idóneo en canto a prezos e a servizos que lles permitan ás iniciativas empresariais desenvolver o seu plan de empresa para que, cun tempo de estancia limitado no Centro, estean en situación de competir dentro das condicións do mercado.