A Concellería de Educación xestiona o Parque Infantil de Tráfico (PIT) e as escolas infantís municipais. Na actualidade, hai catro Escolas Infantís en funcionamento na rúa Serra de Outes, en Fontiñas, no barrio da Piringalla e en San Fiz. En total ofértanse preto de 250 prazas para os nenos e nenas do municipio.
Durante o ano, o Concello complementa actividades extraescolares nos centros do municipio, e organiza e participa en diversas actividades no ámbito educativo:
- Mostra de Teatro Infantil, nos meses de novembro e decembro.
- Programas Medioambientais: Hortas Escolares, durante o curso escolar.
- Programa de Animación á Lectura, durante o curso escolar.
- Semana das Letras Galegas, mediados de maio (17 de maio, día das Letras Galegas).
- Programa de Música, último trimestre do curso escolar.
- Programas de actividades nos centros: patinaxe, baile rexional, xadrez, durante todo o curso escolar.