Print

QUE É E QUEN O COMPÓN?


Monday, April 20 2009

PLENO

O Pleno é o máximo órgano de representación política dos cidadáns no goberno municipal, e está constituído polo Alcalde e os concelleiros.

A presidencia do Pleno correspóndelle ao Alcalde, quen convoca e preside as súas sesións, as cales se celebran na Casa Consistorial.

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento municipal. Constitúe unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre as mesmas ao Pleno.

Entre as atribucións do Pleno salientan a fiscalización e control dos órganos de goberno, a elección e destitución do Alcalde, a aprobación e modificación das ordenanzas e regulamentos municipais, a aprobación dos orzamentos, os acordos relativos á delimitación e alteración do termo municipal, a determinación das formas de xestión dos servizos, os acordos de participación en organizacións supramunicipais, etc.

As sesións poden ser ordinarias, extraordinarias ou extraordinarias de carácter urxente. Todas elas serán convocadas con, alomenos, dous días hábiles de antelación, salvo as extraordinarias de carácter urxente cuia convocatoria con este carácter deberá ser ratificada polo Pleno. As ordinarias celébranse cunha periodicidade mensual e as sesións extraordinarias cando así o decida o Presidente ou o solicite, polo menos, a cuarta parte do número legal de Concelleiros.

Como regra xeral, as sesións do Pleno son públicas.

COMISIÓNS DELEGADAS

COMPOSICIÓN DAS COMISIÓNS PERMANENTES ORDINARIAS E ESPECIAIS DO PLENO

 

COMISIÓN PERMANENTE ORDINARIA DE URBANISMO E INFRAESTRUTURAS, MEDIO AMBIENTE E ZONA RURAL

Composición:

(En representación dos grupos políticos municipais)

Grupo Municipal Socialista:

Titulares: Don Luis Manuel Álvarez Martínez e don Lino José González-Dopeso García.

Suplentes: Don Manuel Enrique Chaín Fernández.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego:

Titulares: Dona Paz Abraira Sobrado.

Suplentes: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

Grupo Municipal do Partido Popular:

Titulares: Dona Isabel Devesa Piñeiro e don Manuel López Fernández.

Suplentes: O resto dos concelleiros pola orde da lista.

Secretario/a: Don José Antonio Carro Asorey ou funcionario/a en quen delegue.

Presidencia e Vicepresidencia

Presidente/a: Don Luis Manuel Álvarez Martínez.

Vicepresidente/a: Dona Paz Abraira Sobrado.

 

COMISIÓN PERMANENTE ORDINARIA DE CULTURA, TURISMO, DEPORTES, RECURSOS HUMANOS E PROTECCIÓN DA COMUNIDADE

Composición:

(En representación dos grupos políticos municipais)

Grupo Municipal Socialista:

Titulares: Don Luis Manuel Álvarez Martínez e don José Manuel Díaz Grandío.

Suplentes: Dona María Esther Muñoz Mella.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego:

Titulares: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

Suplentes: Dona Paz Abraira Sobrado.

Grupo Municipal do Partido Popular:

Titulares: Dona María Encarnación Amigo Díaz e don Enrique Ceferino Rozas López.

Suplentes: O resto dos concelleiros pola orde da lista.

Secretario/a: Don José Antonio Carro Asorey ou funcionario/a en quen delegue.

Presidencia e Vicepresidencia

Presidente/a: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

Vicepresidente/a: Don José Manuel Díaz Grandío.

 

COMISIÓN PERMANENTE ORDINARIA DE BENESTAR E ASUNTOS XERAIS

Composición:

(En representación dos grupos políticos municipais)

Grupo Municipal Socialista:

Titulares: Dona María del Carmen Basadre Vázquez e dona Ana María González Abelleira.

Suplentes: Don Manuel Enrique Chaín Fernández e don José Manuel Díaz Grandío.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego:

Titulares: Dona Paz Abraira Sobrado.

Suplentes: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

Grupo Municipal do Partido Popular:

Titulares: Dona María de los Ángeles Teijeiro González e dona Raquel Castiñeira Castelo.

Suplentes: O resto dos concelleiros pola orde da lista.

Secretario/a: Don José Antonio Carro Asorey ou funcionario/a en quen delegue.

Presidencia e Vicepresidencia

Presidente/a: Dona María del Carmen Basadre Vázquez.

Vicepresidente/a: Dona Ana María González Abelleira.

 

COMISIÓN PERMANENTE ESPECIAL DE CONTAS E ORDINARIA DE ECONOMÍA, EMPRENDEMENTO, AUTÓNOMOS E EDUCACIÓN.

Composición:

(En representación dos grupos políticos municipais)

Grupo Municipal Socialista:

Titulares: Dona Sonia Méndez García.

Suplentes: Don Luis Manuel Álvarez Martínez e dona María Esther Muñoz Mella.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego:

Titulares: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

Suplentes: Dona Paz Abraira Sobrado.

Grupo Municipal do Partido Popular:

Titulares: Don Arcadio Silvosa Alonso e Dona Raquel Castiñeira Castelo.

Suplentes: O resto dos concelleiros pola orde da lista.

Secretario/a: Don José Antonio Carro Asorey ou funcionario/a en quen delegue.

Presidencia e Vicepresidencia

Presidente/a: Dona Sonia Méndez García.

Vicepresidente/a: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

 

COMISIÓN PERMANENTE ESPECIAL DE SUXESTIÓNS E RECLAMACIÓNS.

Composición:

(En representación dos grupos políticos municipais)

Grupo Municipal Socialista:

Titulares: Dona Sonia Méndez García.

Suplentes: Don Luis Manuel Álvarez Martínez e don Manuel Enrique Chaín Fernández.

Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego:

Titulares: Dona Paz Abraira Sobrado.

Suplentes: Don Xosé Antón Bao Abelleira.

Grupo Municipal do Partido Popular:

Titulares: Don Arcadio Silvosa Alonso e don Ángel Trabada Gómez.

Suplentes: O resto dos concelleiros pola orde da lista.

Secretario/a: Don José Antonio Carro Asorey ou funcionario/a en quen delegue.

Presidencia e Vicepresidencia

Presidente/a:

Vicepresidente/a: Dona Paz Abraira Sobrado.