Imprimir

QUE É E QUEN O COMPÓN?


Luns, 20 de Abril de 2009

A Xunta de Goberno Local é o órgano municipal que colabora na función de dirección política que lle corresponde ao Alcalde, que é o seu presidente e o encargado de nomear aos seus membros que poden ser ou non concelleiros. Entre os membros da Xunta de Goberno con cargo de concelleiros, o presidente nomea ao secretario.

A Xunta de Goberno encárgase da aprobación dos proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos, regulamentos ou relación de postos de traballo. Ademais, a Xunta de Goberno ten competencias na concesión e contratación de licenzas así como no nomeamento e cese dos titulares dos órganos directivos do Concello. Nalgúns casos, este órgano municipal pode levar a cabo accións xudiciais e administrativas.

A Xunta de Goberno Local debe respostar ante o Pleno das súas actividades, aínda cando a responsabilidade directa dalgunha delas corresponda a un dos membros da Xunta.

Todos os membros da Xunta de Goberno Local teñen dereito a participar nos debates das sesións plenarias, sexan ou non concelleiros.

Composición da Xunta de Goberno Local

 

Alcalde-Presidente: José López Orozco

1o Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Luis Manuel Álvarez Martínez.
2a Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.a Sonia Méndez García.
3a Tenente de Alcalde: Ilma. Sra. D.a María del Carmen Basadre Vázquez.
5o Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Manuel Enrique Chaín Fernández.
6o Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. José Manuel Díaz Grandío.
7a Tenenta de Alcalde: Ilma. Sra. D.a Ana María González Abelleira.
8a Tenente de Alcalde: Ilmo. Sr. D. Manuel Núñez López

Secretarios:

1ª suplente Dona María del Carmen Basadre Vázquez.