Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
Contido
Escoita esta páxina

SERVIZO O.R.A.




O Concello de Lugo afronta a modernización do servizo ORA en consonancia co desenvolvemento das novas tecnoloxías e a sostibilidade.

Se ben o funcionamento normativo do servizo segue sendo o mesmo-coas mesmas tarifas- a incorporación de novos equipos permite unha xestión máis eficaz e acorde co desenvolvemento sostible (equipos autónomos recargables mediante enerxía solar)

O funcionamento dos novos expendedores de tíckets é sinxelo e mostra en todo momento os pasos que hai que seguir a través do display.

Os novos tíckets dispoñen de resgardo no que está impresa a localización do expendedor que o emite, e o tempo de aparcamento habilitado, facilitándolles, por exemplo, a localización do vehículo as persoas foráneas que non coñecen a cidade ou axudando a recordar a hora límite do aparcamento.

Para coñecer as instrucións das diferentes funcións, pode descargar o arquivo pdf onde se detalla como obter os tickets, o pago con moeda, o pago con tarxeta e a anulación de denuncias

Atenderemos as súas dúbidas, suxestións e queixas en oralugo@gmail.com

Instruccións de uso (arquivo PDF 63,3 KB)
Plano de ubicación dos expendedores (arquivo PDF - 4,74 MB )
Plano de ubicación dos expendedores (arquivo JPG - imaxe - 10,7 MB )

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova