Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
Contido
Escoita esta páxina

TARXETA CIDADÁ: LUGO NO TEU PETO


Información:

Descargar arquivo PDF co detalle dos servizos e funcionalidades da tarxeta.

Descargar arquivo PDF co Bando da Tarxeta a 31 de marzo de 2011.

 Preguntas Frecuentes:


Que é a Tarxeta cidadá?

A Tarxeta cidadá é un dispositivo intelixente multiservizo que nos permite identificarnos e facer uso dos servizos municipais dun modo rápido e sinxelo.

Para que serve?
  • Para aboar o billete de autobús urbano e do transporte metropolitano co moedeiro de transporte, mediante o uso de lectores con contacto.
  • Para pagar nos parquímetros do sistema ORA co moedeiro de servizos mediante o uso de lectores con contacto.
  • Nun futuro, para identificarte no acceso ás instalacións e para o aboamento de servizos municipais como a reserva de pistas, bonos para as piscinas, etc.
Que Funcionalidades ten a Tarxeta cidadá?

A tarxeta cidadá de Lugo dispón de dous moedeiros diferentes e independentes.

  • Moedeiro de transporte:

    O diñeiro cargado neste moedeiro servirá exclusivamente para o pagamento das viaxes nos autobuses urbanos deste concello e do transporte metropolitano xestionado pola Xunta, que afecta aos Concellos integrados na Área de Transporte Metropolitano: Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade.

    Máis información

  • Moedeiro de servizos municipais:

    O diñeiro depositado neste moedeiro destinarase a aboamentos no resto de servizos municipais como A ORA, os de Deportes e os que posteriormente se incorporen ao sistema de xestión da tarxeta.

  • Saldos dos moedeiros:

    Moedeiro de transporte: o seu saldo oscilará entre 5 e 60 euros
    Moedeiro de servizos municipais: o seu saldo oscilará entre 5 e 180 euros.

  • Recarga da tarxeta:

    Poderase realizar, en tramos de 5 en 5 euros, nas oficinas de Novagalicia Banco ou na súa rede de caixeiros automáticos.

Quen a pode solicitar?
  • Todas as persoas que vivan no termo municipal de Lugo.
  • As/os menores de idade tamén poden obtela, pero no seu caso o contrato debe ser asinado polos proxenitores ou titores legais.
  • As persoas que non figuren empadroadas no Concello de Lugo tamén poderán obtela.
Como se tramita?

Cómpre concertar unha cita previa a través do teléfono 010 do Concello (Teléfono 982 297 350), onde ademais se facilitará información sobre a documentación necesaria.

Onde se presenta?
  • A documentación presentarase na oficina da Tarxeta Cidadá ubicada na planta baixa do Centro de Servizos Municipais da Ronda Muralla, 197, puidendose utilizar calquera outro medio dos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro.
  • Horario: de lúns a venres 9 a 2.
Canto custa?

A taxa estipulada na ordenanza fiscal en vigor é actualmente a de 3,09 euros.

Canto tempo tarda a tramitación?

A tarxeta cidadá entrégase no momento da súa solicitude sempre e cando se cumpran os requisitos e se achegue a documentación precisa.

Que documentación hai que presentar?
  • Xustificante do aboamento da taxa (modelo 101) que poderá retirar na oficina de Atención á Cidadanía e na páxina web municipal www.lugo.es.
  • No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.
  • No caso de menores de idade, Libro de familia.
Onde se tramita?

Na Oficina de Tarxeta Cidadá ubicada na planta baixa do Centro de Servizos Municipais da Ronda Muralla, 197.

Teño bonificacións na Tarxeta cidadá?

A tarxeta cidadá conta cun sistema de bonificacións sociais segundo a pertenza aos diversos colectivos (desempregados, pensionistas, estudantes, etc.) Por iso, se a persoa interesada desexa acceder a unha Bonificación para o transporte, deberá indicalo no momento da solicitude e achegar a documentación xustificativa que se precise segundo o caso:

Documentación

Que teño que facer se perdo ou me rouban a Tarxeta cidadá?

Hai que comunicalo na oficina municipal da Tarxeta cidadá ubicada na planta baixa do Centro de Servizos Municipais da Ronda Muralla, 197.

Lexislación
  • Bando da Alcaldía de 31 de marzo de 2011.
  • Bando da Alcaldía 3/2002.
  • Ordenanza Fiscal núm 100 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
  • Lei 30/92, do 26 de novembro, do Réxime xurídico das administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

Para máis información chamar ao teléfono 010 ou ben 982 297 350  para chamadas dende fora de Lugo.

Preme no enlace a trámites para descargar o modelo de taxa 101 correspondente á Tarxeta Cidadá.

 Tramita na túa casa

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova