Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
Contido
Escoita esta páxina

DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS - 9 DE XUÑO DE 2011


O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creou o Consello Internacional de Arquivos (CIA), e con ese motivo celébrase o Día Internacional dos Arquivos.

O CIA promove este evento coa seguinte finalidade: descargar PDF

Moitas veces, cando necesitamos facer algún trámite administrativo escoitamos aquelo de "iso está no arquivo" o si queremos saber algún dato sobre a historia da nosa cidade tamén nos dín a mesma "leria" , "vai ao arquivo" .

Pero ¿coñecemos , realmente , os cidadáns/as lucenses o que é un arquivo e, o traballo que se realiza neles, e para que sirven éstes?. Hoxe día internacional vamos intentar acercar esta institución ,no noso caso o Arquivo Municipal de esta cidade a vostedes.

Comecemos, pois ofrecerlles a definición da seguinte pregunta:

¿ Qué é un arquivo?

"Se entiende por archivo el conjunto orgánico de documentos, o la reunión de varios de ellos, producidos y acumulados por las personas físicas o jurídicas, públicas o privadas, en el ejercicio de sus funciones y actividades, y conservados como testimonio y garantía de los derechos y deberes de la Administración y de los ciudadanos, como fuente de información general para la gestión administrativa y para todo tipo de investigación." ( no noso caso polo Concello de Lugo)

"Igualmente, se entiende por archivo la institución donde se reúnen, custodian, comunican y difunden dichos conjuntos orgánicos, por medio de técnicas que le son propias, para el cumplimiento de los fines anteriormente citados". ( Art. 2.1 del Decreto 307/1989, de 23 de noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia )

Así pois os no arquivo municipal están os documentos que o Concello de Lugo produxo ao longo da súa historia.

Vexamos agora,

¿Qué é un documento?

“........se entiende por documento toda expresión en lenguaje oral o escrito, natural o codificado, recogida en cualquier tipo de soporte material, y cualquier expresión gráfica que constituya testimonio de funciones y actividades sociales de los hombres y de los grupos humanos, excluidas las obras de creación y de investigación editadas, así como aquellas que por su índole, forman parte del patrimonio bibliográfico”(Art.1º.1 del Decreto 307/1989, de 23 d noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia)

Estos documentos recollidos durante un longo percorrido son organizados polos arquiveiros muncipais e organizados para que sexa posible a súa utilización , nun primer momento estes documentos producidos polos distintos servizos do Concello de Lugo sirven para a tramitación administrativa de un expediente cuio titular pode ser calquera cidadán /a , un exemplo simple: un expediente de licencia de obra. Ao mesmo tempo sirven de testemuña dos nosos dereitos , ¡ cantas veces atendemos nas oficinas de arquivo a persoas que queren saber si o piso que van mercar cumpre todas as condición legais e arquitectónicas precisas!

Co tempo estes mesmos documentos adquirirán os seu valor histórico, de testemuña do pasado constituíndo a memoria da cidade.

  • Título: Rúa de San Marcos
  • Autor: Castro Freire
  • Ano: 1897
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

Para que vostedes poidan comprender mellor este proceso vamos a tratar de reconstruír para vostedes a historia dunha das nosas rúas, noticia na actualidade, debido a súa nova configuración tralo seu arranxo e peonización con fondos do Plan Urbán. Estamos a referirnos a

Rúa San Marcos

Sen embargo non sempre pódese atopar toda a información nos documentos conservados no noso arquivo e temos que recurrir a a outros arquivos para completar esta fonte da historia. Así veremos como para facer este ensaio de recomposición dunha crónica desta rúa , tivemos que acudir os documento xenerados polo señorío episcopal ( no seu día), conservados no Arquivo Diocesano, ou a planos custodiados nos Arquivos Históricos Militares.

A primeira pregunta que se nos ocorre é ¿porqué este nome?. Temos que remontarnos a finais da Idade Media onde o poder estaba repartido entre o señor da cidade , o Bispo da mesma e o Concello .

Nas fontes dos arquivos da Igrexa atopamos a construción dunha pequena capela , adicada a S. Marcos a beira dun cemiterio o das Animas, que estará en uso ata a construción do Cemiterio de Magoi moitos séculos despois, pero a rúa da que estamos a falar nos se desenvolve como tal ata o século XIX, e tal como a coñecemos no último cuarto do mesmo con distintas transformacións “estéticas” ao longo do tempo.

Na época da edificación do Cemiterio, a porta de S. Fernando non existía , soamentes había un boquete, para entrar e saír a pé, pola muralla, camiño da Coruña, e ata o século XVII coa construción do Cuartel de Inválidos e o Hospital de San Bartolomé , será un campo máis dos moitos que configuraban a cidade. S. Marcos non era máis que unha corredoira ata o século XIX, que tomaba xa no século XVIII o nome de carril. As alineacións definitivas que de feito, continúan na actualidade e veñen dadas coas Ordeanzas municipais de 1879, aínda que xa houbera outras no ano 1846

  • Título: Casa 25 de la calle de S.Marcos, propiedad de Pedro Luna. Lugo 1927
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1927
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

A cidade de Lugo desenvolvese entre murallas ata o século pasado, no que se comeza a configurar os barrios no extraradio. Refundada por Odoario no século VIII Lugo crece en torno o centro e poder : A Catedral. Nos séculos XIV e XV, ao abeiro do aumento de artesáns e comerciantes na cidade comeza a configurarse o chamado Burgo Novo. Os conventos que se establece na urbe no século XIII: S: Francisco, San Domingos e o convento da dominicas , na actual rúa da Raíña, farán un efecto chamada de asentamento da cidade.

  • Título: Plano de 1812. Trazado do Acueducto fora de murallas. Archivo Histórico Militar.

Pero os primeiros edificios constrúense na primeira mitade do século XIX.
Se agora recurrimos a outro documento de arquivo municipal: o padrón veremos que nesta rúa apenas hai poboación ;si revisamos os Libros de Actas de Pleno onde quedan recollidas os permisos de construción, tampouco atopamos case ningún .Concédese licencia de construción para as primeiras casas ala polo ano 1851, pero non será´ata fines do século canso a rúa quede configurada máis ou menos como na actualidade.
Os motores do desenvolvemento parecen ser tres : por unha parte a necesidade de espazo para aloxar a poboación lucense que crece cunha grande rapidez, pola outra , a apertura da porta do Príncipe, e quizais a máis importante será a construción do edificio ,sede ,na actualidade da Deputación Provincial, edificación cunha longa historia, xa que , en principio proxectase como Hospital, así como a chegada do ferrocarril e a necesidade de apertura doutra porta a “da Estación”,proxectada en 1875, por Nemesio Cobreros, comunicando directamente a Estación coa centro da capital. Nesas datas, 1877, a rúa muda o seu nome pola de “Calle Alta de San Marcos”. Non sabemos a ciencia certa porque o Concello fai este cambios

  • Título: San Froilán de 1947. Diputación iluminada
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1947
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

As dúas antepenúltimas causas son xeneradas pola visita da raíña Isabel I, no ano 1858.. Como se teme que a carruaxe non entre pola medieval Porta Nova, decídese abrir a porta do Príncipe chamada así en honor do nacemento do seu fillo, xusto a chegada do Camiño Novo (carretera da Coruña ) ao monumento romano. Lugo, soamente contaba cun hospital establecido no antigo convento de San Domingos,( o Hospital de S. Bartolomé fora pasto dun incendio, reinstalándose no Concento de S. Domingos, xunto con a Biblioteca provincial trala súa creación a Escola Normal e a Deputación) situado na Praza do mesmo nome tamén coñecida como Praza da Leña ou da Herba, por estar situado alí o mercado das mulas. Este centro asistencial estaba nun estado calamitoso e a raíña donará os cartos para a construción dun novo centro sanitario, pero non será utilizado ata o ano 1874 e como Instituto de Segunda Ensinanza, co edifico ,aínda por rematar.

  • Título: Rúa San Marcos
  • Autor: Lamela
  • Ano: 1948
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

O proxecto pasa por tres arquitectos Angel Losin Martin, Rafael de Luque rematándoo , quizais o arquitecto máis coñecido, no Lugo decimonónico: Nemesio Cobreros. O cal ademais construirá a súa casa ao lado do “seu Palacio”, onde antes estaba a devandita capela que deu nome a rúa.

Tras uns anos decídese que o edifico debe ser adicado a Instituto e pouco tempo despois a Deputación . Tamén será trasladada alí a Biblioteca Provincial ( creadas en 1858) e establecida no Convento de S. Domingos, sendo tamén a sede da Escola de Comercio durante uns anos.
Tras uns anos decídese que o edifico debe ser adicado a Instituto e pouco tempo despois a Deputación . Tamén será trasladada alí a Biblioteca Provincial ( creadas en 1858) e establecida no Convento de S. Domingos, sendo tamén a sede da Escola de Comercio durante uns anos.

  • Expediente de licencia de obra. Rúa San Marcos, nº 30. 1884. A.M. Lugo // Expediente de licencia de obra. Rúa San Marcos, nº 42. 1897. A.M. Lugo

As casas da rúa S.Marcos son do último cuarto do século XIX , feitas co estilo restauración, a excepción das dúas esquinas que dan San Domingos : una proxectada polo arquitecto vigués García Román e a outra do coñecido arquitecto municipal, racionalista Eloy Maquieira, obra dos seus primeiros tempos de estilo eclecticista todavia ,ainda que con trazas xa das novas corrientes arquitectonicas que estaban a correr por Madrid e Valencia derivadas da Bauhaus, que se notan na situación lineal de ventás todo arredor do edificio ( suxirese comparala co edifico da esquina sito na Plaza de S. Domingos e a Rúa do Teatro, para vela evolución deste arquitecto)

  • Entrada a calle San Marcos
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: Descoñecido
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Procesión del Corpus al pasar por la plaza de Santo Domingo. Lugo 1945
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1945
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

A rúa ,aínda que con as mesmas alineacións sufrirá cambios estéticos : Así a Deputación terá un xardín con árbores tras unha verxa de ferro (deseño de Nemesio Cobreros, no estilo traído de Francia, da arquitectura de Eiffel e que repetirá nas verxas do seu domicilio e de varias edificacións particulares , sitas na Rúa da Estación ) ata dous anos despois en que se retiran as árbores e se deseñan un xardín cunhas fontes pequenas .Xa na ditadura franquista,en que trala reforma dunha parte da fachada , realizada polo tamén arquitecto racionalista Alfredo Vila , a sazón arquitecto provincial, insertando o xugo e as frechas , refaise o xardín sin as fontes

Desmantélanse as verxas, que son levadas para facelo peche do Hospital de S. José e deseñanse uns xardíns, substituíndo as fontes por unhas farolas un tanto de”despampanates. A finais do anos 70 do século XX volveran as fontes que todos/as recordamos, sacaranse as fonte e agora estamos ante ,espero a última reforma en anos, recobrando o seu carácter peonil que perderá alá polos anos sesenta. Na década dos anos setenta do s.XX faise a “ultima toleada” arquitectónico urbanística cando no único solar vacío levántase o edificio de Banesto

A pavimentación da rúa vai variando a través do tempo. Pasa de ser unha corredoira de "coios" o comenzo da súa existencia ata ser unha rúa de segundo orden no ano 1846, pavimentada con adoquíns que son sustituidos en 1916 por cemento portland no afán de D. Angel López Pérez por ornamentar as prazas e rúas. As veirarúas da devandita vía tamén variarán de pavimento e ancho nestes anos.

  • Título: Calle de S. Marcos. Mayo, 1950
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1950
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Rúa San Marcos
  • Autor: Lamela
  • Ano: 1948
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Calle de San Marcos xardíns da Deputación. Lugo 1948
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1948
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Calle de San Marcos cara á Santo Domingo. Lugo 1948
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1948
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Expediente de obras municipales. Alumbrado de gas. Modelo de farolas. 1884. A.M. Lugo

Se voltamos aos expedientes de obras muncipais podemos ver saber como era o alumeado desta rúa , primeiro con gas ,correspondíalle dúas farolas) despois trala posta en marcha do alumeado eléctrico , no ano 1894 por D. Eduardo Ramos , reconvertida en la Sociedad Electrica Lucense un pouco despois) con bombillas as que non llechegaba enerxia suficiente, ata a súa total regulación baixo o mandato consitorial de D- Angel López Pérez

Aínda esta rúa garda máis segredo xa que polo seu subsolo corren en paralelo o acueduto romano, que traia a auga a cidade, o acueduto feito na Idade Media, aínda que non se conserva enteiro e os restos non están en moi bo estado, o acueduto que propiciou O. Izquierdo ante a insalubridade e escasez das augas que chegaban dende A Piringalla ao centro da cidade, por un conduto cheo de buratos, segundo as crónicas e por suposto a cañerias da traida do século XIX , trala traida das auguas dende o rio Miño, proxectado polo inxeñeiro Belmás.

  • Plano trazado do acueducto ata a porta de San Fernando. 1905. A.M. Lugo // Bosquexo 1921 do acueducto en dirección ao convento de San Francisco. A.M. Lugo

Si deixamos os expedientes e ordeanzas urbanística e voltamos ao deposito do arquivo a buscar os padróns e licencias de actividade poderemos reconstruír o debuxo social da rúa. Dende os seus primeiros tempos foi habitada por unha clase burguesa de poder adquisitivo medio, medio-alto: médicos, avogadas, notarios, impresores, libreiros, intelectuais, profesores de institutos tivo un claro carácter comercial comezando pola Casa de comidas Alicia, reconvertida en hotel , o periódico El Regional ( que morreu coa républica) , unha Escola. Anos máis tarde , a Librería Reboredo a ferretería Bourio, xa no século XX seguindo pola Droguería Galaica, a Mueblería Americana, a Librería Celta (tamén editorial), ¿quen non recorda os Almacéns San Marcos?e moitos máis que non é posible recoller neste espazo.

  • Título: Acto de apertura de la exposición del augafortista Manuel Castro Gil. Diputación de Lugo. 1942
  • Autor: Lamela, estudio fotográfico
  • Ano: 1942
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Aspecto parcial de la exposición del aguafortista lucense Manuel Castro Gil, presentada en la Diputación Provincial en 1942
  • Autor: Lamela, estudio fotográfico
  • Ano: 1942
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Imposición de la medalla de oro de la Ciudad de Lugo, al ex-alcalde D. Ángel López Pérez
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: Descoñecido
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Retrato da imposición dunha medalla na Deputación de Lugo
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: Descoñecido
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

Quédanos por repasar os expedientes de actividades culturais , a través dos cales vemos como a rúa S. Marcos, a través da deputación convírtese nun centro cultural da cidade: exposicións rexionais en 1877 e 1896, exposicións e Castro Gil , imposición de medallas de ouro da cidade, actos das Irmandades da Fala e todo tipo de actos culturais están a celebrarse nestes anos

  • Título: Deputación. Observatorio metereolóxico
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: Descoñecido
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

Para rematar faremos fincapé na fotografía como fonte de información . O Concello de Lugo custodia no seu arquivo a Colección Delgado Guisasola, 2.800 positivos e negativos que foron dixitalizados pola Escola- Obradoiro “A memoria da cidade” e que hoxe podemos ensinarlles para vexan plasmado en imaxe parte desta rúa que puidemos describir gracias aos documento textuales e gráficos do fondo do Arquivo Muncipal. Pero hai que recoñecer , que é certo aquelo de que unha imaxen vale másis que mil palabras. A lexislación tamén recoñece, este tipo de coleccións e as define así: “Se entiende por colección documental el conjunto no orgánico de documentos reunidos artificialmente en función de criterios subjetivos o de conservación”Art.1º.2 del Decreto 307/1989, de 23 d noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia)

  • Recreación de la ciudad de Lugo en 1898, sobre plano de Coelho de 1864. A.M. Lugo
  • Máis información

Tamén par facer esta reconstrución utilizamos a planimetría do Concello de Lugo , producida polos seus Servizos Técnicos, no seu día e hoxe conservada no Arquivo Municipal.

Esperamos que o noso obxectivo neste día Internacional dos Arquivos esté cumprida e que saberamos facer entender o valor dos documentos conservados no Arquivo Municipal e noutros arquivos como fonte para reconstruír a historia da nosa cidade.

Esperamos que disfruten desta pequena mostra.

Nuria Mundiña López

Concelleira Delegada de Cultura

Nota: Si vostedes queren saber moitas cousas desta rúa poden ler o excelente traballo de Julio Reboredo Pazos, presentada fai poucos días na Deputación Provincial

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Corpus de 1949
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1949
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: San Froilán de 1947. Diputación iluminada
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1947
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Maceros de la Diputación Provincial. Lugo 1947
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1947
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Maceros de la Diputación Provincial. Lugo 1947
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1947
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Diputación Provincial. Lugo 1948
  • Autor: Descoñecido
  • Ano: 1948
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

  • Título: Entrada de la calle de San Marcos, tomada desde la Plaza de Santo Domingo. Lugo. 1942
  • Autor: Roldán Regal, Valentín, fotógrafo
  • Ano: 1942
  • Máis información
  • Fondo: Colección fotográfica Delgado Guisasola

Que se fai no Arquivo Municipal?

  • É o servizo encargado de organizar, tratar e conservar todos os documentos producidos e adquiridos polo Concello de Lugo, dende o século XII ata a actualidade, así como o garante da transparencia da Administración local cara á cidadanía.
  • Ten a responsabilidade de desenvolver o sistema de xestión documental de toda a organización.
  • O Arquivo participa no Grupo Técnico de Administración Electrónica. Sendo o responsable da xestión documental electrónica do Concello.
  • Organiza exposicións, conferencias e realiza publicacións varias co obxecto de difundir o seu fondo e coleccións.

Que servizos ofrece?

  • Atención á cidadanía que necesite consultar os documentos conservados no Arquivo, así como facilitar a obtención de copias deles.
  • Atención ás persoas que investigan a historia da cidade, xa que é unha das principais fontes da historia local.
  • Facilitarlles aos servizos da organización os documentos de arquivo que sexan necesarios como antecedentes na tramitación dos distintos expedientes.

Onde está?
As oficinas do Arquivo Municipal están situadas no edificio do antigo Seminario Menor na 3ª planta.
Ronda da Muralla, 197
Tel. 982 297249
e-mail arquivo@concellodelugo.org

 

Cal é o seu horario?

Das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

 

Ligazón a web Ministerio Cultura 
Prema na imaxe se quere coñecer a celebración deste día noutros arquivos do Estado español.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova