Imprimir

DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS - 8 E 9 DE XUÑO DE 2012


Venres, 8 de Xuño de 2012  

O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creou o Consello Internacional de Arquivos (CIA), e con ese motivo celébrase o Día Internacional dos Arquivos.

O CIA promove este evento coa seguinte finalidade: descargar PDF

Moitas veces, cando necesitamos facer algún trámite administrativo escoitamos aquelo de "iso está no arquivo" o si queremos saber algún dato sobre a historia da nosa cidade tamén nos dín a mesma "leria" , "vai ao arquivo" .

Pero ¿coñecemos , realmente , os cidadáns/as lucenses o que é un arquivo e, o traballo que se realiza neles, e para que sirven éstes?. Hoxe día internacional vamos intentar acercar esta institución ,no noso caso o Arquivo Municipal de esta cidade a vostedes.

Comecemos, pois ofrecerlles a definición da seguinte pregunta:

¿ Qué é un arquivo?

"Se entiende por archivo el conjunto orgánico de documentos, o la reunión de varios de ellos, producidos y acumulados por las personas físicas o jurídicas, públicas o privadas, en el ejercicio de sus funciones y actividades, y conservados como testimonio y garantía de los derechos y deberes de la Administración y de los ciudadanos, como fuente de información general para la gestión administrativa y para todo tipo de investigación." ( no noso caso polo Concello de Lugo)

"Igualmente, se entiende por archivo la institución donde se reúnen, custodian, comunican y difunden dichos conjuntos orgánicos, por medio de técnicas que le son propias, para el cumplimiento de los fines anteriormente citados". ( Art. 2.1 del Decreto 307/1989, de 23 de noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia )

Así os no arquivo municipal están os documentos que o Concello de Lugo produxo ao longo da súa historia.

Vexamos agora,

¿Qué é un documento?

“........se entiende por documento toda expresión en lenguaje oral o escrito, natural o codificado, recogida en cualquier tipo de soporte material, y cualquier expresión gráfica que constituya testimonio de funciones y actividades sociales de los hombres y de los grupos humanos, excluidas las obras de creación y de investigación editadas, así como aquellas que por su índole, forman parte del patrimonio bibliográfico”(Art.1º.1 del Decreto 307/1989, de 23 d noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia)

Estos documentos recollidos durante un longo percorrido son organizados polos arquiveiros muncipais e organizados para que sexa posible a súa utilización , nun primer momento estes documentos producidos polos distintos servizos do Concello de Lugo sirven para a tramitación administrativa de un expediente cuio titular pode ser calquera cidadán /a , un exemplo simple: un expediente de licencia de obra. Ao mesmo tempo sirven de testemuña dos nosos dereitos , ¡ cantas veces atendemos nas oficinas de arquivo a persoas que queren saber si o piso que van mercar cumpre todas as condición legais e arquitectónicas precisas!

Co tempo estes mesmos documentos adquirirán os seu valor histórico, de testemuña do pasado constituíndo a memoria da cidade.

Este ano queremos adicar este día , co motivo da ledicia que nos causou a consideración da muralla romana de Lugo, polo buscador Google ,como a súa segunda marabilla mundial , a amosarlles a historia dos documentos conservados no Arquivo Municipal , que reflicten a historia da nosa muralla romana e que son máis descoñecidos para o gran público
Noutras ocasions expuxemos as fotografías e planos máis lucidos do fondo documental do Concello de Lugo. Eiquí vamos facélo co mesmo agarimo , pero poñendo en valor documentos que nos dan una información tan relevante como a outra, aínda que non son tan estéticamente apreciables
Comezaremos por ver con vostedes os planos da Porta de Bispo Odoario. Estes planos non apareceron ata o ano 2006, nunha carpeta de obras municipais , sen rotular, ao estar inventariandose estes expedientes, aínda que tiñamos unha copia da copia que se conserva no Arquivo Xeral da Administración da Alcalá de Henares, que se acadou no ano 2002.
Ademáis engadimos algunha fotografía da devandita Porta

Plano orixinal Bispo Odoario

Copia da época Odoario

Plano orixinal Bispo Odoario

Plano orixinal Bispo Odoario

Plano Orixinal Bispo Odoario

Copia da época Bispo Odoario

Copia da época Bispo Odoario

Vista aérea da Muralla (burato da Porta de Bispo Odoario)

Vista aérea burato

PORTA DE Bispo Odoario

Tamén coñecida como Porta do Hospital , xa que o motivo da súa apertura foi poñer en comunicación directa a Rúa Montevideo co novo Hospital de Santa Maria que levaba a facerse dende 1918, poñéndose a primeira pedra no ano 1921.
A muralla , declarada en 1911 monumento histórico- artístico, estaba a piques, de seres declarada Monumento Nacional, polo cal a Real Academia de Bellas Artes, non daba o permiso para a apertura dunha nova porta.
O oco abriuse en 1921, con motivo da colocación da primeira pedra do Hospital de Santa María. Baixo o mandato do alcalde Ángel López Pérez dinámitouse a Muralla para abrilo. Cinco veciños denunciaron o feito, o que deu lugar a un contencioso fallado en contra do Concello.
Este feito provoca que o 16 de abril dese ano o Estado e declárase Monumento Nacional, con gran rapidez , para evitar outros desmáns.
Tras varios problemas co Ministerio de Instrucción Pública e tras un proxecto de Ramiro Saínz o autor do proxecto, no que deseña un arco , chamado de paso oblicou ou de corno de vaca, con cinco centros, para poder seguir o trazado en esquina que tiña o lienzo derrubado. Esta feitura , provocará ao longo do tempo problemas de solidez estructural. Sera rematado , tras outros catros proxectos de modificación, o último feito no ano 1928, polo arquitecto municipal Ricardo Garcia Puig, neste ano , e inaugurada no ano 1929.
Mide 12 metros de ancho, a altura ata a clave é de 9,10 metros e ata o adarve, 10 metros.

Porta do Bispo Izquierdo - Plano orixinal

Porta do Bispo Izquierdo

Con motivo da inauguración do novo cárcere en 1887, para unha mellor comunicación cos Xulgados fíxose necesaria a apertura desta nova porta ara facilitar o cambio de garda . Tamén coñecida como Porta do Cárcere, foi a terceira porta que se abriu durante o século XIX. Mide 4,32 metros de ancho, a altura ata a clave é de 7,15 metros e ata o adarve, de 8,10 metros. Esta porta substitúe unhas escaleiras de acceso, o que condicionou as súas dimensións. Houbo que derrubar estas escaleiras -seguramente romanas- e o cubo no que estaban aloxadas, así como unha parte cativa do reducto Cristina .
Para a súa construción aproveitouse a pedra do derrubamento, e o sobrante empregouse na construción de sumidoiros nos arredores da Porta de San Fernando, e para encher a diferenza de nivel existente entre a ronda exterior da Muralla e a que hoxe é a praza do Campo. Aquí queda o seu proxecto, segururamente descoñecido para vostedes

Porta do Príncipe Afonso

A porta do Príncipe foi aberta con motivo da chegada da raiña Isabel II, recén nacido o seu fillo Afonso. Ao non poder pasar a carruaxe pola Porta Nova, aínda co trazo medieval decidíuse abrir unha porta no sitio onde existía un burato para a asistencia técnica ao acueducto que pasaba,por ali. Ampliada en 1962 convértirase na actual Porta de San Fernando

Porta de San Pedro

Porta de San Pedro

Proxecto para ampliación desta porta, que , afortunadamente non se levou a cabo.podendo asi admirar hoxe a da época medieval.
Realizado en 1865, por Rafael de Luque , á sazón arquitecto municipal, as razóns expostas para esta obra era que non cabían as carruaxes , nin os coches de correos da capital, segundo a Comisión de Obras Públicas.

Escaleira Porta da Estación

Quioscos Barras Eléctricas

Esta é unha das antigas portas romanas da Muralla, coñecidas como posturalae, de uso exclusivamente militar, que se abrían asimetricamente no lenzo existente entre dúas torres. A saída era unha trincheira escavada no terreo.
Durante a Idade Media, está pechada abríuse no século XVII ao se instalar na actual praza de Ferrol o Hospital de San Bertomeu, antes situado na praza Maior. Por esta porta entraban e saían os correos ao camiño da Coruña, sede da Capitanía Xeral e da Audiencia.
Sufriu os avatares das guerras carlistas, vénse a defensas pola parte afora.
Xa no século XX péchase ao tráfico e dótase dun acceso con escaleiras.
Situada nunha ladeira, o ancho é de 3,45 metros, o alto ata a clave é de 5,65 metros e ata o adarve, de11,50 metros
O interese da foografía éstá na parte traseira onde se pode observar a configuración do barrio

Porta de Santiago

Vista aérea da muralla dende globo. Burato Porta Bispo Odoario.

Porta de Santiago, comezos barrio Recatelo, anos 30.

Plano do recinto amurallado, século XVII.

Casas pegadas á Muralla

Casas de tambor na Rúa Nova, 1937

Porta da Estación ao fondo

Burato Porta do Bispo Odoario

Praza de Asturias (actual Praza de Castelao). 1900

A Fonte da Pinguela (detrás da Porta do Carme, non existe na actualidade).

Paseo dos Coengos

Porta da Estación

Porta de San Pedro

Porta Nova cara á 1898.

Porta Bispo Odoario.

Porta do Príncipe Afonso. 1952.

Ronda da Muralla no Instituto de Hixiene.

Porta do Carme. 1930.

Porta Bispo Aguirre

Xardíns da Mosqueira cara 1930.

A Mosqueira (1932)

Polbo A Mosqueira

Porta Bispo Odoario

Ligazón ao sitio web Ministerio Cultura 


Grazas por chegar ata aquí
D.Antón Bao Abelleira e o persoal do Arquivo Municipal esperan que disfrutaran con esta pequena mostra das pequenas xoias , testemuñas da memoria deste monumento tan señeiro, da nosa cidade.


Prema na imaxe se quere coñecer a celebración deste día noutros arquivos do Estado español.

Coñeza o Arquivo Municipal e o Fondo Fotográfico Municipal.