Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
Contido
Escoita esta páxina

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE LUGO


 

A música ao alcance de todos e todas

A través da Escola Municipal de Música poñemos en marcha un novo servizo para toda a cidadanía de Lugo. Era unha vella demanda, pois Lugo era a única cidade galega que non contaba cunha Escola de Música, un servizo que hai mesmo en moitas vilas máis pequenas. A súa creación é un compromiso feito realidade, materializado en menos dun ano, e cun único obxectivo: popularizar a música e a cultura.

A través desta iniciativa queremos que a música chegue a toda a cidadanía, sen distinción de idade, de clase social ou de lugar de residencia, por medio dun servizo cen por cen público, porque en época de crise hai que seguir apostando polo público.

As clases están pensadas tanto para nenos e nenas que se inician na música como para persoas de todas as idades que queren aprender a tocar algún instrumento. Poderás escoller entre un amplo abano que vai dende os instrumentos de vento á percusión e complementar a túa formación con clases de apoio. Cun horario flexible e unha ensinanza personalizada que farán que todo o mundo atope o seu oco.

A cidade de Lugo conta cunha das Bandas Municipais máis senlleiras de toda Galicia, cunha longa historia e tradición, creada en 1876 e que tivo ao insigne músico lucense Xoán Montes como un dos seus primeiros directores. Queremos aproveitar todo ese potencial e esa vagaxe na Escola de Música, e por iso estará situada no Centro Social Uxío Novoneyra, onde xa ten o seu local de ensaio a Banda Municipal. A Escola Municipal de Música ocupará unhas dimensións de 332 metros cadrados repartidos en 14 aulas recentemente acondicionadas.

Todo está listo para que empecen as clases e a música comece a soar. Tan só faltas ti. Anímate e inscríbete na Escola Municipal de Música.

Coñece tamén a Banda Municipal en www.lugo.es/banda



As listas de admitidos pódense consultar no taboleiro de anuncios da Escola
 
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova