Imprimir

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2013


Venres, 7 de Xuño de 2013  
Día 9 de xuño de 2013, celebración do Día Internacional dos Arquivos 2013

O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creou o Consello Internacional de Arquivos (CIA), e con ese motivo celébrase o Día Internacional dos Arquivos.

Este ano queremos adicar este día a un documento composto o Expediente de “Plan Parcial de ordenamiento urbano del recinto amurallado”, realizado para este Concello de Lugo polo Sr. D. Efrén Arias no ano 1963, aínda que nunca se levou a cabo, tras anos dun procedimento contencioso no que quedou incurso ao longo da súa tramitación.

Expoñemos  neste soporte eléctronico os planos dixitilizados polo equipo de Proxecto Muralla Digital, dirixido no seu Taller de dixilalización de documentos, por Manuel Barreiro.

A súa relevancia a parte da estétetica, comprende os seguintes puntos.
•    O seu uso ao longo dos anos como antecedente nos expedientes de rehabilitación de distintas vivendas e establecementos.
•    O seu legado da imaxe da cidade nesas datas , dandónos uns debuxos exactos, e primorosos dos edificios , que conformaban o recinto amurallado neste anos.

A próposito desta exposición virtual queremos facer chegar unha curta historia do desenvolvemnto urbanístico desta cidade e dos plans correspondentes.

O CIA promove este evento coa seguinte finalidade: descargar PDF


* Pinche nas imaxes se desexa velas con maior tamaño





O fenómeno de crecemento e expansión da poboación nas cidades galegas e españolas en xeral  víñase producindo  xa dende a segunda metade do século XIX e acentuándose nas primeiras décadas do XX.

Xa o Regulamento de 19 febreiro de 1877 para a execución da Lei de 22 de decembro de 1876 regulaba o ensanche das poboacións, definindo como ensanche de poboacións a incorporación ás mesmas dos terreos que constituían as súas aforas nunha extensión proporcionada ó aumento probable do vecindario. Establecía así mesmo que os Concellos procederían inmediatamente ó nomeamento dunha Comisión especial de ensanche (art.15). Posteriormente a Lei de 26 de xullo de 1892 no artigo 7 regulaba a constitución de Comisións de ensanche para atender a execución de plans de extensión ou ensanche de poboacións. Medida que se seguía contemplando no artigo 359 do Estatuto Municipal de 1924, e o artigo 17 do Regulamento de obras, servicios e Bens Municipais de 1924. Este mesmo Regulamento establecía que para a urbanización de calquera zona no interior dos Concellos debíase redactar e aprobar o oportuno nas primeiras décadas do XX.






Nestes anos, en Lugo, ó planeamento era nulo, non se contaba cun marco que permitise regula-lo desenvolvemento da cidade. As ordenanzas existentes centrábanse fundamentalmente na edificación e caracterizábanse pola súa obsolescencia. Non hai Plans Xerais de Ordenación Urbana, limitándose a un plan de reforma da cidade, “Plan de melloras da cidade”, do alcalde Antonio Rodríguez Pérez redactado no ano 1894, polo que a súa aplicación era practicamente nula. A realización deste plan resposta á Lei de saneamento e mellora interior das poboacións de 18 de marzo de 1895, ainda que hai que reseñar un primeiro intento no ano 1864, coa a realización dun novo Plano da Poboación en 1864 realizado pro Francisco Coello.





Aínda as reclamacións feitas , dende ao ano 1927, cando co Alcalde López Pérez reactívanse as obras na cidade, como as feitas ,en 1933. por Domingo Pérez reclama a realización de planos  de poboación e Ensanche, para que se faga un Plan de urbanización e ensanche, incluso reclamando no Pleno do Concello , a Minoria Radical , no ano 1935, a execución deste planeamento, non será ata o ano 1939, cando a Comisión Municpal Permanente encargará a Jose Garcia Losa , un levantamento de plano topográfico de Poboación, baixo a dirección de Eloy Maquieira , arquitecto municipal , á sazón. Modificacións, retrasos, son constantes neste proxecto ata que é entregado no ano 1944, en sesión de Pleno , Pleno no que se se acorda que de comenzo o Proxecto de Urbanización y ensanche  para la ciudad.

O cal será encargado a José Fonseca Llanedo , arquitecto jefe do Instituto Nacional da Vivenda . Fonseca redactará, no 1946, os Proxectos de Reforma Interior e o de Reforma Exterior da cidade asi como un proxecto da alcantarillado, en 1947. Ningún entrou en vigor.

Outro Plan de Urbanización tamén redactado por él mesmo no ano 1953 , apróbarase neste ano , tampouco lévase a cabo.
Xa no ano 1963 encárgase este proxecto que amosamos a Efrén Arias , solo dunha parte da cidade,  que como xa dixemos non é posto en práctica. O primeiro Plan de Ordenación Urbana, será realmente, o do ano 1969, seguindo o do 1983, revisado en 1987 posto en vigor en 1991, tras distintos cambios, e rematando co actual.






















































Moitas veces, cando necesitamos facer algún trámite administrativo escoitamos aquelo de "iso está no arquivo" o si queremos saber algún dato sobre a historia da nosa cidade tamén nos dín a mesma "leria" , "vai ao arquivo" .

Pero ¿coñecemos , realmente , os cidadáns/as lucenses o que é un arquivo, o traballo que se realiza neles e para que sirven éstes? Hoxe vamos intentar acercarlles esta institución, o Arquivo Municipal da cidade.

Para comprender mellor a información ofrecemos as seguintes definicións:

¿Qué é un arquivo?

"Se entiende por archivo el conjunto orgánico de documentos, o la reunión de varios de ellos, producidos y acumulados por las personas físicas o jurídicas, públicas o privadas, en el ejercicio de sus funciones y actividades, y conservados como testimonio y garantía de los derechos y deberes de la Administración y de los ciudadanos, como fuente de información general para la gestión administrativa y para todo tipo de investigación." ( no noso caso polo Concello de Lugo)

"Igualmente, se entiende por archivo la institución donde se reúnen, custodian, comunican y difunden dichos conjuntos orgánicos, por medio de técnicas que le son propias, para el cumplimiento de los fines anteriormente citados". ( Art. 2.1 del Decreto 307/1989, de 23 de noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia )

Así os no arquivo municipal están os documentos que o Concello de Lugo produxo ao longo da súa historia.

Vexamos agora,

¿Qué é un documento?

“........se entiende por documento toda expresión en lenguaje oral o escrito, natural o codificado, recogida en cualquier tipo de soporte material, y cualquier expresión gráfica que constituya testimonio de funciones y actividades sociales de los hombres y de los grupos humanos, excluidas las obras de creación y de investigación editadas, así como aquellas que por su índole, forman parte del patrimonio bibliográfico”(Art.1º.1 del Decreto 307/1989, de 23 d noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia)

Estos documentos recollidos durante un longo percorrido son organizados polos arquiveiros muncipais e organizados para que sexa posible a súa utilización , nun primer momento estes documentos producidos polos distintos servizos do Concello de Lugo sirven para a tramitación administrativa de un expediente cuio titular pode ser calquera cidadán /a , un exemplo simple: un expediente de licencia de obra. Ao mesmo tempo sirven de testemuña dos nosos dereitos , ¡ cantas veces atendemos nas oficinas de arquivo a persoas que queren saber si o piso que van mercar cumpre todas as condición legais e arquitectónicas precisas!

Co tempo estes mesmos documentos adquirirán os seu valor histórico, de testemuña do pasado constituíndo a memoria da cidade.
..



Día Internacional dos Arquivos, Ministerio de Educación Cultura e Deporte

Arquivos de Galicia

Grazas por chegar ata aquí
D.Luis Manuel Álvarez Martínez, Concelleiro de Urbanismo, e o persoal do Arquivo Municipal esperan que disfrutaran con esta pequena mostra da historia da nosa cidade.

Coñeza o Arquivo Municipal e o Fondo Fotográfico Municipal.