Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
Contido
Escoita esta páxina

URBANISMO EN RED




O URBANISMO
ten por obxecto a organización, dirección e control da ocupación e a utilización do solo, incluídos o subsolo e o voo, a súa transformación mediante a urbanización, a edificación e a rehabilitación do patrimonio inmobiliario, así como a protección da legalidade urbanística e o réxime sancionador.

Consciente da súa importancia para a cidadanía, e da obriga legal de transparencia, o Concello de Lugo vincúlase activamente dende o seus inicios ó programa “Urbanismo en Red”, desenvolto pola Entidade pública empresarial “Red.es”, adscrita ó Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Froito disto nace a ferramenta que permite o acceso de calquera persoa interesada, dun xeito sinxelo e áxil, á información urbanística de calquera ámbito do termo municipal de Lugo. A información á que se ten acceso comprende tanto os documentos orixinais cos que se traballou, como o resultado final do proceso de sistematización levado a cabo coa mesma.

A esta información pódese acceder dende a simple aproximación a través da imaxe que se ofrece do territorio, como tamén da dirección ou referencia catastral. Permítense consultas para ámbitos concretos, xerando as que se denominan “fichas urbanísticas”, nas que figuran, a efectos informativos, as determinacións de todos os instrumentos de planeamento vixentes.

O enlace polo que se accede ó visor está optimizado para Mozilla Firefox polo que se recomenda este navegador para acceder á  información:

Urbanismo en Red (enlace)

Estando a ferramenta en período de proba e sabedores do gran número de determinacións urbanísticas que se aplican sobre a extraordinaria dimensión do termo municipal, habilítase o seguinte buzón de correo onde se poden comunicar: suxestións, dúbidas e calquera posible erro ou incidencia que puidese aparecer no manexo do programa, agradecendo calquera comunicación que axude a mellorar a ferramenta:

Formulario de contacto (enlace)

Achegase tamén unha guía básica de uso:

Guía básica Urbanismo en Rede (pdf)

Aviso legal
Os datos que se ofrecen na Consulta Puntual e na Ficha Urbanística son a título meramente informativo. Os únicos documentos xuridicamente válidos son os escaneados coa dilixencia da sua aprobación definitiva e publicados, incorporados no apartado de Rexistro.
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova