Imprimir

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2014 NO CONCELLO DE LUGO


Luns, 9 de Xuño de 2014
O día 9 de xuño de 1948, a UNESCO creóu o Consello Internacional de Arquivos (CIA),celébrase con este motivo, nesta mesma data, o Día Internacional dos Arquivos.
O persoal que organiza éstes servizos, aproveita este evento para recordar aos usuarios e cidadáns/as en xeral , o que son ,e para que sirven éstes, nas distintas administracións. A nós tócanos , loxicamente o Arquivo Municipal desta cidade.
Tamén intentamos facer , cos medios a noso alcance, difusión dos documentos custodiados no mesmo, tanto dos máís lucidos como dos máis interesantes por outros motivos:
Hoxe trataremos de difundir a historia do Viaducto da Chanca xa que éste está a cumplires o seu 140 aniversario.


 

Viaducto da Chanca. Lugo, agosto 1943. Autor: Descoñecido.           Museo do Ferrocarril. Plano contido na memoria do enxeñeiro Don Angel del Hoyo.

Viaducto da Chanca.
Sobre un proxecto e dirección técnica do enxeñiero D. Angel del Hoyo (aínda que hai fontes que citan como autor do proxecto a Pedro A. de Mesa) o viaducto da Chanca, que aforra 8Km. de traxecto, consta de 297,01m de lonxitude, 29 m de altura máxima, y esta dividido en 20 arcos de 10 m. de luz, divididos a súa vez en dous estribos y tres pilas estribos, cosntituindo grupos de cinco arcos, en. pro seguridad da construcción no caso dalgún derribo da mesma, segundo os datos da Memoria da obra, memoria que deixamos a sua disposición por se lles pode interesar a súa lectura (descargar PDF)



Viaducto da Chanca. 1949. Autor: Descoñecido.

A traza desta obra de enxeniería é similar á  de algúns outras construidos xa, nesa época, en Cataluña.
O material utilizado foi a pedra de pizarra , extraída dunha canteira, sita nos seus aledaños, e dende a cal os habitantes da zona trasladárona, pedra a pedra en cestos e carros, en condicións penosas, segúndo a crónica falada do barrio.
Nas fotografías que se amosan vese sempre unha paisaxe sen pegadas de construcción. O motivo e que tras a instalación de triparias e industrias de curtidorias dende a Idade Media, ademáis de dedicación a tarefas agricolas o barrio non ten un gran deselvovemento, comenzando  o urbano real,  nos anos 60 do século XX, sendo unha das zonas de rentas máis baixas da cidade.
Hay que destacar o edificios de carácter racionalista consituidos no coñecido, actualmente, como Barrio do Sagrado Corazón , diseñados poo recoñecido arquitecto provincial Alfredo Vila, coñecido, na súa época como “arquitectos dos pobres” xa que admitía pagos a prazos.



  Paisaxe da Chanca. 1949. Autor: Descoñecido.



Ponte da Chanca. Lugo 1947. Autor: Descoñecido.



Vista do viaducto do barrio da Chanca. Autor: Descoñecido



Paisaxe da Chanca. 1943. Autor: Descoñecido.



Arredores de Lugo. Vista da ponte da Chanca de Lugo. Autor: Descoñecido



Viaducto entre arbolado. Autor: Descoñecido.



Arredores de Lugo. Vista da ponte da Chanca de Lugo. Autor: Descoñecido.



Viaducto da Chanca nevado. Autor: Descoñecido.

Volvendo ao Viaducto hai que destacar que foi construido nun tempo record, dous anos. Comenzado a fináis do 1871, realmente executouse entre 1972 e 1974 , ano en que foi rematado, cunha interrupción en 1873, debido has cisrcunstancias polñiticas da época.
Forma parte do trazado do percorrido Palencia -A Coruña, sendo o seu viaducto mís longo.
O primeiro tren que o atravesa faíno en agosto de 1879, como pobra , aínda que o seu uso regular comenza en 1880 . unha vez que as vias chegan hasta Sarria.

A chegada do tren a capital lucense en Outubro de 1875 foi toda unha aventura plagada de reclamacións e reinvidcacións das forzas vivas da cidade, en contraposicion dos intreses doutras cidades galegas do Sur, dignas de ser coñecidas  e sobre a que existe bibliografia.



Viaducto da Chanca Lugo, agosto 1943. Autor: Descoñecido.



Retrato dunha muller coa Ponte da Chanca ó fondo. Autor: Descoñecido.



Viaducto da Chanca. Lugo, 1925.



Paisaxe na Chanca. Lugo. Agosto 1948. Autor: Descoñecido







Moitas veces, cando necesitamos facer algún trámite administrativo escoitamos aquelo de "iso está no arquivo" o si queremos saber algún dato sobre a historia da nosa cidade tamén nos dín a mesma "leria" , "vai ao arquivo" .

Pero ¿coñecemos , realmente , os cidadáns/as lucenses o que é un arquivo, o traballo que se realiza neles e para que sirven éstes? Hoxe vamos intentar acercarlles esta institución, o Arquivo Municipal da cidade.

Para comprender mellor a información ofrecemos as seguintes definicións:

¿Qué é un arquivo?


"Se entiende por archivo el conjunto orgánico de documentos, o la reunión de varios de ellos, producidos y acumulados por las personas físicas o jurídicas, públicas o privadas, en el ejercicio de sus funciones y actividades, y conservados como testimonio y garantía de los derechos y deberes de la Administración y de los ciudadanos, como fuente de información general para la gestión administrativa y para todo tipo de investigación." ( no noso caso polo Concello de Lugo)

"Igualmente, se entiende por archivo la institución donde se reúnen, custodian, comunican y difunden dichos conjuntos orgánicos, por medio de técnicas que le son propias, para el cumplimiento de los fines anteriormente citados". ( Art. 2.1 del Decreto 307/1989, de 23 de noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia )

Así os no arquivo municipal están os documentos que o Concello de Lugo produxo ao longo da súa historia.

Vexamos agora,

¿Qué é un documento?


“........se entiende por documento toda expresión en lenguaje oral o escrito, natural o codificado, recogida en cualquier tipo de soporte material, y cualquier expresión gráfica que constituya testimonio de funciones y actividades sociales de los hombres y de los grupos humanos, excluidas las obras de creación y de investigación editadas, así como aquellas que por su índole, forman parte del patrimonio bibliográfico”(Art.1º.1 del Decreto 307/1989, de 23 de noviembre de regulación del sistema de Archivos y el Patrimonio documental de Galicia)

Estos documentos recollidos durante un longo percorrido son organizados polos arquiveiros muncipais e organizados para que sexa posible a súa utilización , nun primer momento estes documentos producidos polos distintos servizos do Concello de Lugo sirven para a tramitación administrativa de un expediente cuio titular pode ser calquera cidadán /a , un exemplo simple: un expediente de licencia de obra. Ao mesmo tempo sirven de testemuña dos nosos dereitos , ¡ cantas veces atendemos nas oficinas de arquivo a persoas que queren saber si o piso que van mercar cumpre todas as condición legais e arquitectónicas precisas!

Co tempo estes mesmos documentos adquirirán os seu valor histórico, de testemuña do pasado constituíndo a memoria da cidade...



Día Internacional dos Arquivos, Ministerio de Educación Cultura e Deporte
Arquivos de Galicia

Grazas por chegar ata aquí
D.Luis Manuel Álvarez Martínez, Concelleiro de Urbanismo, e o persoal do Arquivo Municipal esperan que disfrutaran con esta pequena mostra da historia da nosa cidade.

Coñeza o Arquivo Municipal e a súa colección fotofráfica que se chama Delgado-Guisasola.