Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
Contido
Escoita esta páxina

OBRADOIRO ARQUEO LVCVCS


 
O proxecto de Obradoiro de Emprego denominado “ARQUEO LVCVS”, promóvese dende a Axencia de Emprego en colaboración co Servizo Municipal de Arqueoloxía, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, para formar e insertar laboralmente a 23 alumnos/as traballadores/as. Os traballos que se van realizar durante o período de formación consistirán na dixitalización e posta en valor de parte do patrimonio histórico do Concello de Lugo.

 O obxectivo principal que se pretende acadar ao remate do proxecto é dobre. Por unha banda, facilitarase a formación práctica de 23 persoas desempregadas maiores de 18 anos nas especialidades de :

- 8 persoas “Xestión do Patrimonio Documental”
- 7 persoas “Técnico en dixitalización de documentos”
- 8 persoas “Técnico en dixitalización 3D do Patrimonio Histórico”.

Por outra banda, desenvolverase un programa de reprografía dixital de seguridade para documentos e bens patrimoniais de alto valor histórico centrado na dixitalización con fins de difusión cultural do patrimonio histórico.

Centrarase na dixitalización da serie documental de “Actas capitulares” do fondo documental do Excmo. Concello de Lugo (séculos XVI-XVII e XVIII). As actas capitulares son os documentos máis representativos da xestión e administración dos concellos medievais e modernos. Expedidos polos órganos de goberno locais, recollen as decisións e actuacións dos cargos municipais da época. Son unha fonte imprescindible para a reconstrucción dos diversos aspectos da vida da cidade de Lugo.

Desenvolverase un proceso de rexistro espacial de elementos patrimoniais e arqueolóxicos do Concello de Lugo segundo as últimas técnicas de rexistro espacial 3D para mellorar a súa documentación métrica e contribuír na conservación, preservación e difusión cultural dos mesmos.

O Obradoiro de Emprego terá unha duración de 6 meses e desenvolverase nunha única fase. O prazo previsto para dar inicio ás actuacións é o 30 de agosto de 2014 e o prazo previsto de remate é o 28 de febreiro  de 2015.
O importe total do proxecto é polo importe total de 204.318,66 €, distribuídos do seguinte xeito:

•        Custos de persoal de dirección, e docente: 73.968,00 €.
•        Custos de funcionamento, xestión e adquisición de materiais: 20.313,60 €.
•        Custos de contratación das 23 persoas desempregadas: 110.037,06 €”

O Servizo Público de Emprego encargarase da selección dos 23 participantes, así como do director e os monitores dos tres módulos.

As datas de selección serán as seguintes:

18 de agosto: 9.00 horas para os alumnos traballadores
                     17.00 horas para o director
26 de agosto: 9.00 para monitor de Dixitalización 3D
                     10.30 monitor de Dixitalización de documentos
                     12.00 monitor de Xestión do Patrimonio Documental
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova