Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
Contido
Escoita esta páxina

DIA PATRIMONIO AUDIOVISUAL


Día Mundial del Patrimonio Audiovisual

"Na súa 33ª reunión, a Conferencia Xeral da UNESCO aprobou a Resolución 33 C/53 proclamando o día 27 de outubro de cada ano Día Mundial do Patrimonio Audiovisual para conmemorar a aprobación na súa 21ª reunión (1980) da Recomendación sobre a Salvaguardia e Conservación das imaxes en movemento. Esta recomendación contribuíu a tomar conciencia da importancia do patrimonio audiovisual e a súa necesidade de preservación, unha tarefa urxente, xa que constitúe unha fonte esencial de información a través de imaxes e sons que, lamentablemente, se conservan en soportes extremadamente fráxiles."


 



O Arquivo Municipal de Lugo , nestes intres non ten propiamente pezas audiovisuais, agás a película feita , sobre o Arde Lucus, dirixida por Brais Revalidaría, na que se inclúen moitas fotografías da Colección Delgado Guisasola , propiedade do Concello de Lugo, e un “maping” feito para as festas  do S. Froilán de 2014. Calquera das dúas non llas podermos ofrecer , ao non ter aínda unha copia á nosa disposición
Asemesmo no depósito do arquivo desta cidade, producido polo Concello, consérvanse cintas de audio das Sesións de Plenos Municipais, máis antigas, así como o Servizo de Informática custodia a gravación  dos Plenos que se poden ver na web, habitualmente
Aínda así o persoal do Arquivo Municipal, quere chamar a atención sobre o fondo fotográfico custodiado no Arquivo Municipal , ao contar , estes documentos cunha das características : son documentos visuais.

Neste ano quixemos poñer en valor o retrato fotográfico, coa axuda dos que pertencen a Colección Delgado Guisasola.
Pese a que non é o noso propósito o facer unha historia do retrato fotográfico, queremos dar unha pinceladas sobre a mesma.
Xa  o atopamos nos inicios da fotografía ,ben feita polos fotógrafos ambulantes, comerciais o de estudo , así como a coñecida como fotografía academicista.

Todo evoluciona e có tempo xurdirán  distintas correntes dentro desta especialidade.
Na cidade de Lugo houbo distintos estudos fotográficos a lo longo do tempo, o máis destacado pola súa obra foi, a finais do século XIX o de Maximino Reboredo,  O Arquivo Municipal utilizou fotografías deste artista en algunhas exposicións , grazas ao préstamo delas, feito pola familia Reboredo. Tanto Castro Freire , coñecido boticario lucense ,como Valentin Regal , y Constantino Rodriguez tiñan sendos “ateliers” , tamén así coñecidos neses anos moi influenciados pola tradición francesa.

Na devandita Colección consérvanse retratos de nenos , mulleres, homes e grupos varios, moi valiosos esteticamente , como memoria individual e tamén como fonte para historia así podemos faceres un percorrido pola historia da vestimenta dende o século XIX ata  os anos 50, datas limites deste cons xunto, por poñer un exemplo, ou as relacións familiares e costumes.

A parte dos estudos os escenarios máis habituais tomados polos “obxectivos” serán a o paseo pola rúa da Raiña, O Cantón e a Praza Maior , ou mesmo o Parque Rosa lía d eCastro e o Rio Miño.





Os retratos infantís , son no soamente nun recordo que posteriormente, odiaremos os adultos ao volver a miralos de maiores, senón un modo de dar a coñecer “a súa criatura” a os parentes que residen noutras provincias o en Ultramar, sobre todo en Cuba.
Como se ve, nas pezas que mostramos, nesta cidade facían  retratos de estudo e retratos ao aire libre , sen máis obxectivo que gardar ese rato no Parque, na Praza Maior , no Rio Miño o en calquera casa de campo dos arredores, quedando como testemuñas mudos dese momento

Tamén era outro xeito de conservares na retina ao neno/a de turnos, xa que a mortalidade infantil era alta.
Celebracións como as primeiras comuñóns, aniversarios etc,  tamén eran obxecto dos intereses dos fotógrafos e familia.
Os peiteados da época , os vestidiños dos cativos/as tamén quedan reflectidos, o mesmo que os das nais que moitas das veces acompañan aos seus chúmbelles.

Outro grupo de retratos é  formado polos das mulleres, dende fotos de estudo para poñer na sala ou salón , para quedar inmortalizadas con prendas únicas o de gran valor, o simplemente nun rato paseo pola rúa da Raína ou o Cantón . Soas , en parella de amigas  o en grupo forman unha boa parte dos retratos desta Colección
Son fundamentais como xa dixemos na historia da moda lucense, e como fonte das relacións socia sis da época.




Os retratos dos homes tamén están presentes , fotos de estudo , e menos de  divertimento, tamén nos dan a  coñecer os usos e costumes masculinos  destes anos: partidas de cartas , paseos, etc




Tamén nestas datas temos retratos de parellas  e grupos: fotos de noivos, en lugares emblemáticos da cidade, nas festas, bo das , ou outros acontecementos sociais, así como testemuña de excursión pola contorna da cidade ou de outro lugares mais alonxados.

Recollemos aquí unha mostra pero pódense ver máis retratos na web www.lugo.es , Concellerías, Cultura, Fondo Fotográfico Municipal .

Esperamos que disfruten esta mostra

Luis M. Alvarez Martínez                                Mª Jesús Saavedra Carballido
Concelleiro de Urbanismo e Arquivo               Arquiveira Muncipal

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova