Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina
O Concello acorda os servizos mínimos que funcionarán durante a xornada de folga xeral
Haberá catro liñas de buses urbanos e traballará o 12% do persoal do servizo de limpeza Ampliar
O Concello de Lugo esixe que os Orzamentos do Estado que o Consello de Ministros aproba este venres cumpran os compromisos fixados con Lugo
O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, reclama ao Goberno de Mariano Rajoy que aclare o futuro da chegada do AVE a Lugo e remate as autovías con Santiago e Ourense Ampliar
Unha mesa redonda analiza distintas alternativas para lograr unha ordenación sostible do territorio
A reunión inscríbese nos traballos para a posta en marcha da Axenda 21 Local Ampliar
Imaxe portada
O Concello de Lugo non ten que facer ningún plan de axuste que implicaría máis impostos ou recortes en servizos e persoal
O Interventor municipal presentou hoxe á Comisión de Contas o informe que certifica que o Concello de Lugo non ten facturas pendentes anteriores a 2012 Ampliar
Imaxe portada
López Orozco entregou aos hoteis e hostais as novas guías turísticas elaboradas polo Plan Urban
A través deste proxecto elaboráronse 17.000 guías turísticas en español, inglés e galego que se repartirán entre os 29 establecementos que o solicitaron Ampliar
A posta en marcha da Axenda 21 continúa esta semana coa reunión das distintas mesas temáticas
O Centro Social Maruja Mallo acollerá mañá ás oito da tarde o primeiro dos encontros sectoriais, adicado á ordenación sostible do territorio Ampliar
Imaxe portada
Lugo ofrecerá en Semana Santa paquetes turísticos que inclúen patrimonio cultural, actividades de natureza e gastronomía
A oferta turística do Concello será enviada a 3.000 axencias de viaxe de todo o Estado, a oficinas de turismo de toda Europa, a países de fala portuguesa e a revistas e páxinas web especializadas Ampliar
Un total de 21 empresas presentan oferta para a obra de rehabilitación da ponte vella, que se acometerá este verán
O orzamento inicial de licitación era de 950.000 euros, pero varias das ofertas presentadas reducen o custo da obra un terzo Ampliar
Imaxe portada
Esta fin de semana celébrase a primeira Feira Medieval das Fontiñas na que participarán sesenta expositores de Galicia, Portugal e Castela
Francisco Fraga explica que o Concello apoia esta iniciativa da Asociación de Hostaleiros para dinamizar o barrio Ampliar
A Rede Municipalista Solidaria do Fondo Galego de Cooperación reúnese mañá en Lugo
O Concello coorganiza esta xuntanza na que persoal das Administracións sociais revisa os proxectos no Sur e as actividades de sensibilización para 2012 Ampliar
Imaxe portada
O Concello reclama a continuidade do PAC de Fingoi e oponse a que se especule urbanisticamente cos terreos do vello hospital
O tenente alcalde, o nacionalista Antón Bao, acusou á Xunta de “reducir servizos sanitarios aos cidadáns de Lugo” e aos responsables do Partido Popular na cidade de “mentir aos cidadáns” Ampliar
Imaxe portada
Paz Abraira reúnese con membros do Eixo Atlántico para buscar financiamento para a posta en marcha da Axenda 21
Trataranse de captar fondos europeos e desenvolveranse en Lugo ao longo deste ano xornadas técnicas sobre sustentabilidade e medio ambiente Ampliar
Imaxe portada
Sonia Méndez destaca que no que vai de ano o CEI asesorou a máis de 80 emprendedores
Vaise crear unha sala de “coworking” que permitirá compartir espazos a emprendedores para facilitarlle os inicios no mundo empresarial Ampliar
O Concello de Lugo non ten facturas pendentes nin precisa acollerse ó plan de axudas do Goberno
A boa saúde das arcas municipais fai que todas as facturas estean ó día cando remata o prazo que deu o Goberno para que os concellos informen da débeda pendente con provedores Ampliar
Imaxe portada
Na Xunta de Goberno Local aprobáronse as bases para unha praza de administrativo para o Espazo>Lab
Luis Álvarez anunciou que esta semana se recibiu a resolución do IGVS na que se denega a subvención para o Portelo Único, un mes despois de dalo a coñecer aos medios de comunicación Ampliar
A boa situación económica do Concello de Lugo permítelle poñer ó día as facturas sen facer uso das medidas do Goberno para o pago a provedores
O Concello acorda adicar 1,2 millóns de euros para atender pagos e faino aínda que a nova normativa non esixe pagar senón que só pide información das facturas pendentes Ampliar

<<Anterior   1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 32 | 33 | 34 | 35 | 36 | 37 | 38 | 39 | 40 | 41 | 42 | 43 | 44 | 45 | 46 | 47   Seguinte>>
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova