Logotipo
Inicio > Formación > OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR

OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR

Inicio curso Fin curso Tipo Horas Prazas Prezo Lugar
13/03/2014 13/03/2014 Presencial 320 15

 Un dos problemas detectados pola Asociación de Hostalaría de Lugo no congreso internacional de turismo Destino Lugo foi a falta de profesionalización do sector. Actualmente moitos dos traballadores de bares e restaurantes proceden da inmigración e/ou de carreiras profesionais que pouco ou nada teñen que ver coa hostalaría e a restauración, razón pola cal descoñecen a gastronomía local e nacional (D.O., tradicións gastronómicas, pratos típicos, ingredientes, etc.), e carecen de experiencia. Esta acción formativa xorde para cubrir esa demanda de formación recoñecida polos empresarios do sector e mellorar así a calidade do servizo prestado e a satisfacción do cliente.


Obxectivos

- Satisfacer a demanda crecente no sector de profesionais da hostalaría e a gastronomía cualificados, proporcionándolles formación teórica e práctica.
- Encher un baleiro formativo, apostando pola profesionalización da hostalaría, un dos sectores con máis peso na cidade de Lugo.
- Dotar de coñecementos teóricos e prácticos para unha axeitada prestación do servizo.
- Capacitar os participantes para poder promover e informar sobre a cultura gastronómica local e nacional.
- Mellorar as condicións de traballo e a interrelación entre os empresarios e profesionais do sector hostaleiro.


Nº horas teóricas: 150 h
Nº horas prácticas: 170 h
Nº horas: 320 h

Cooperación
Concello de Lugo