Logotipo
Inicio > Formación > COIDADOR/A DE PERSOAS DEPENDENTES E ENFERMAS DE ALZHEIMER

COIDADOR/A DE PERSOAS DEPENDENTES E ENFERMAS DE ALZHEIMER

Inicio curso Fin curso Tipo Horas Prazas Prezo Lugar
13/03/2014 13/03/2014 Presencial 300 15

 O número de persoas con discapacidade alcanza os 3,8 millóns, o que supón o 8,5% da poboación. Un total de 608.000 persoas con discapacidade viven soas no seu fogar e 1,39 millóns de persoas non poden realizar algunha das actividades básicas da vida diaria sen axuda, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Analizando a discapacidade para persoas de seis e máis anos, obsérvase que por comunidades autónomas, as que presentan unha maior porcentaxe de persoas con discapacidade son Galicia (11,3%).

De igual xeito, a enfermidade de Alzheimer é a causa máis frecuente de demencia, representa do 60 o 80 por cento dos casos.
A demencia estase a converter nun dos problemas sanitarios máis importantes da nosa sociedade, cada vez máis pacientes maiores de 85 anos teñen demencia. Esta enfermidade produce dependencia total do enfermo cara ás persoas do seu ámbito para calquera tipo de actividade e para cubrir as súas necesidades básicas.
Tanto a enfermidade de Alzheimer coma a atención a persoas discapacitadas, precisan de profesionais cualificados que poidan atender ás persoas e cubrir as súas necesidades.

Obxectivos

- Fomentar iniciativas que desenvolvan novas actividades que respondan ás necesidades locais de prestación de servizos a persoas dependentes.
- Ofrecer unha sólida formación teórico- práctica en aspectos sanitarios, psicolóxicos e sociais, así como capacitar o alumno na atención e coidado a discapacitados físicos e psíquicos e persoas enfermas de Alzheimer.

Nº horas teóricas: 180 h
Nº horas prácticas: 120 h
Nº horas: 300 h

Cooperación
Concello de Lugo