Inicio curso |
Fin curso |
Tipo |
Horas |
Prazas |
Prezo |
Lugar |
13/03/2014 |
13/03/2014 |
Presencial |
600 |
15 |
€ |
|
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística do ano 2010 un 19,4% da poboación do Concello de Lugo é maior de 65 anos, o que supón un total de 18.926 persoas susceptibles de necesitar servizos de atención sociosanitaria. Este sector poboacional presenta unha tendencia alcista polo que se fan necesarios máis profesionais deste ámbito e máis empresas para desenvolver o seu labor nel. Existen actualmente dez entidades prestadoras deste tipo de servizo, o cal resulta insuficiente para atender as necesidades deste colectivo.
Por outra parte, este sector vese afectado en boa medida pola economía mergullada. A formación especializada e a información e o apoio prestado ás persoas beneficiarias do proxecto pretenden actuar como accións de colaboración na regularización da situación laboral das persoas que traballan neste sector, que fundamentalmente vén sendo desempeñado por mulleres, gran parte delas coidadoras non profesionais, que ao non pertencer a un mercado normalizado permanecen ocultas para este e sen os dereitos que o mercado laboral leva aparellados
Obxectivos
- Fomentar iniciativas que desenvolvan actividades que respondan ás necesidades locais de prestación de servizos.
- Proporcionar os coñecementos axeitados para que o colectivo ao que vai dirixida a acción formativa adquira as técnicas necesarias para atender ás persoas dependentes nos ámbitos físico, psíquico e social e en tarefas de alimentación, hixiene, sanitarias e administrativas, seguindo as pautas dadas polo equipo de profesionais.
Nº horas teóricas: 480
Nº horas prácticas: 120
Nº horas: 600