Logotipo
Inicio > Empresas > Xan

null

Xan

Información

  • Entidade de Aconsellamento e Xestión recoñecida pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.· Empresa inscrita no Rexistro de Entidades con Servizo de Aconsellamento ou Xestión de Galiza (RESAXEGA): EX-08-007; EA-08-004. Estamos habilitados para ofertar aconsellamento agrario ligado, entre outros, ao cumprimento da ecocondicionalidade das axudas PAC.
  • Asesores-Consultores. Dedicámonos ao asesoramento na produción ecolóxica en todas as súas vertentes (certificación, técnicas de produción, comercialización, estudos, etc...) e na análise de rendibilidade das explotacións agrogandeiras. A nosa labor consiste en apoiar ás explotacións na toma de decisións que permitan mellorar beneficios. Facemos un acompañamento integral das explotacións que asesoramos. Tamén realizamos labores de consultoría, investigación-experimentación no campo da produción ecolóxica, para empresas e institucións. 
  • Experimentados. Levamos mais de quince anos traballando a prol da rendibilidade da produción ecolóxica, xunto cos produtores, consumidores e técnicos, nas distintas producións ecolóxicas. Traballamos na difusión da desintensificación agraria, da produción ecolóxica e as súas técnicas, para públicos especializados ou non, para persoal técnico e produtores agrarios.
  • Innovadores. Xa no ano 2006 recibimos a calificación de Iniciativa Local de Emprego, como recoñecemento ao noso carácter innovador. Estamos a realizar varias investigacións e experimentacións en colaboración con produtores: ensaios de variedades, proba de sementes. Na actualidade, desenvolvemos dous proxectos de I+D+i co apoio da Consellería de Innovación e Industria:
    • "Desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas informáticas para a mellora tecnico-económica do pastoreo na produción ecolóxica de leite en Galiza" (proxecto 07MRU028E)
    • "Análise comparativa da rendabilidad das producións ecolóxicas e convencionais en Galicia" (proxecto 08MRU029E)


Enderezo: Fonte dos Ranchos, 36 Entlo. B

Teléfono: 982 80 36 33

Web: http://www.xan-galicia.com

Email: infoarrobaxangalicia.es


[ Volver ]

Centro de empresas e innovación