Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Ocio e Tempo de Lecer
  • Recursos Didácticos
  • Convocatorias
  • Audiovisuales
  • Publicaciones Gratuitas
  • Artigos Profesionais
  • Cinensino 08-09
  • Kreativa
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Praeventio
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Representación lucense en la CI sobre Abuso de Drogas
  • Crees que Controlas
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| As substancias |

> Sumario

 

> Drogas

> Efectos

> Clasificación das drogas

1. Polos efectos sobre o sistema nervioso central
2. Pola súa perigosidade
3. Pola codificación sociocultural do seu consumo

> Drogodependencia

> Consumo de drogas nos adolescentes

> Informe sobre o cannabis 2004: Análise de situación e propostas de actuación. (PDF - 1,7 MB)

 

Cuadro_As_Substancias.jpg

 

> Drogas

Drogas.jpg

Substancias que administradas ó organismo estimulan, inhiben ou perturban as funcións psíquicas, prexudican a saúde e son susceptibles de xerar dependencia.

Dentro deste termo pódense incluír non só as substancias que popularmente son consideradas como drogas pola súa condición de ilegais, senón tamén diversos psicofármacos, substancias como o tabaco e o alcohol, e outras substancias de uso doméstico ou laboral como as colas e os disolventes volátiles.

 

> Efectos

DROGAS ESTIMULANTES

  Efectos inmediatos máis comúns Posibles consecuencias fisiolóxicas
Cafe.gif Diminúe a somnolencia e a fatiga. Inquietude, axitación, tremores, insomnio, problemas dixestivos.
Tabaco.gif Desinhibición, sensación de calma. Trastornos pulmonares e circulatorios. Infartos de miocardio e outras afeccións cardíacas. Cancro.
Anfetaminas.gif Alerta intensificada, hiperactividade, perda do apetito, falta de sono, taquicardia, locuacidade. Dilatación das pupilas, nerviosismo intenso, estado de alerta permanente, insomnio, calafríos e anorexia.
Cocaina.gif Excitación acentuada, desinhibición, hiperactividade, perda do apetito, ansiedade, aumento da presión sanguínea e pulsacións do corazón. Desasosego, axitación, hipertensión, trastornos cardiorrespiratorios, desnutrición e anemia. Danos hepáticos, renais e cerebrais. En embarazos, formación de fetos defectuosos.

DROGAS DEPRESORAS

  efectos inmediatos máis comúns posibles consecuencias fisiolóxicas
Alcohol.gif Euforia inicial, desinhibición, diminución da tensión, atordamento, mala coordinación e confusión. Trastornos hepáticos, dos nervios periféricos, dificultade para falar, marcha inestable, amnesia, impotencia sexual e delirio. Agresividade, inadaptación social, depresión e celotipia.
Barbituricos.gif Depresión do sistema nervioso central. Tranquilidade e relaxamento. Irritabilidade, risa/choro sen motivo, diminución da comprensión e da memoria, depresión respiratoria e estado de coma.
Opio.gif Sensacións esaxeradas a nivel físico-emocional, ansiedade, diminución da razón, do entendemento e da memoria e retardo psicomotor. Estados de confusión xeral, convulsións, alucinacións, contracturas musculares e diminución da presión arterial.

DROGAS ALUCINÓXENAS

  efectos inmediatos máis comúns posibles consecuencias fisiolóxicas
Marihuana.gif Diminúe a reacción ante os estímulos e reduce os reflexos, desorientación témporo-espacial e alucinacións. Redución no impulso sexual, dano nas funcións reprodutoras, psicose tóxica e deterioración neurolóxica.
LSD.gif Alucinacións, desorientación témporo-espacial e flashback. Delirio, despersonalización, terror, pánico, trastornos na visión, hipertensión arterial e problemas respiratorios.

 

> Clasificación das drogas

Das distintas clasificacións existentes, ímonos referir a tres:

1. POLOS EFECTOS SOBRE O SISTEMA NERVIOSO CENTRAL

  • Depresores do sistema nervioso central

    Son as substancias que bloquean o funcionamento do cerebro provocando reaccións que poden ir dende a desinhibición ata a morte por un adormecemento total do sistema nervioso central. As drogas máis consumidas deste grupo son:

    • Alcohol.
    • Opiáceos (heroína, morfina, metadona, codeína...).
    • Tranquilizantes (valium, tranxilium...).
    • Hipnóticos (barbitúricos...).

  • Estimulantes do sistema nervioso central

    Son as substancias que activan o funcionamento do SNC. As máis consumidas son:

  • Perturbadores do sistema nervioso central

    Son as substancias que alteran o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións auditivas, visuais, etc.:

    • Alucinóxenas (ácido lixérxico ou LSD, mescalina, fenciclidina (PCP), etc.).
    • Derivados do cannabís (haxix, marihuana, aceite de haxix, etc.).
    • Inhalantes (acetonas, bencenos, éter, tolueno, etc.).
    • Drogas de síntese (éxtase, MDA, speed, no argot reciben nomes como: cristal, adán, pílula do amor, hamburguesas, ice, xeo...).

2. POLA SÚA PERIGOSIDADE

A Organización Mundial da Saúde clasificou as drogas segundo a súa perigosidade, e definiunas de acordo cos seguintes criterios:

  1. As máis perigosas serán aquelas que provocan:
    • Dependencia física,
    • Dependencia con maior rapidez, e
    • Maior toxicidade.

  2. As menos perigosas, as que:
    • Crean só dependencia psíquica,
    • Crean dependencia con menor rapidez e
    • Posúen menor toxicidade.

Con base nestes criterios, a OMS clasifica as drogas en catro grandes grupos:

  • Grupo I: opio e derivados (morfina, heroína, codeína, petidina, pentazocina, fentanillo...).
  • Grupo II: barbitúricos (fenobarbital, amobarbital, butabarbital, etc.) e alcohol.
  • Grupo III: cocaína e anfetaminas (sulfato de anfetamina ou speed, en España comercialízase co nome de centramina, sulfato de dexanfetamina "dexedrina", etc.).
  • Grupo IV: LSD, cannabis, etc.

3. POLA CODIFICACIÓN SOCIOCULTURAL DO SEU CONSUMO

  1. a) Drogas institucionalizadas: que teñen un recoñecemento legal e un uso normativo, aínda que sexan as que creen máis problemas sociosanitarios (alcohol, tabaco, psicofármacos).
  2. b) Drogas non institucionalizadas: a súa venda está sancionada pola lei, e ten un uso minoritario entre diversos colectivos para os que xogan un papel identificador.
 

> Drogodependencia

Existen múltiples definicións deste termo, aínda que unha das máis utilizadas é a formulada pola Organización Mundial da Saúde (1964), na que se define a drogodependencia como: "Estado psíquico, ás veces físico, resultante da interacción dun organismo vivo cunha droga, caracterizado por un conxunto de respostas comportamentais que inclúen a compulsión a consumir a substancia de forma continuada, co fin de experimentar os seus efectos ou, en ocasións, de evitar a sensación desagradable que ocasiona a súa falta. Os fenómenos de tolerancia poden estar ou non presentes. Un individuo pode ser dependente a máis dunha droga".

 

> Consumo de drogas nos adolescentes

Imagen_Frases.gif

En xeral, o consumo de drogas ten efectos positivos para os adolescentes un principio, xa que se senten desinhibidos, se divirten, non se cansan, se acercan ao grupo e lles resulta máis fácil a comunicación interpersoal. Ademais, non teñen que dar explicacións aos demais da súa actitude, mentres están baixo os efectos destas substancias. Non obstante, raramente caen na conta de que o consumo excesivo e continuado de drogas, ten, ó longo prazo, efectos prexudiciais graves sobre a saúde; aparecen as enfermidades, a dependencia, a síndrome de abstinencia, a marxinación social, etc.

O que, nun principio, é considerado polo individuo como un instrumento controlable, para sentirse máis cerca do grupo e compartir experiencias cos iguais, se pode converter en causa dun proceso de marxinación, cando aumenta o consumo e converte ao usuario en drogodependente que sufrirá un rexeitamento social e o abandono daqueles que o apoiaban e animaban ao consumo.

É moi importante que os adolescentes aprendan a ver os distintos aspectos deste problema e a coñecer a cantidade de intereses que existen arredor das drogas e o gran negocio que supón para moitas persoas. As drogas supoñen unha fonte de ingresos económicos tan forte para os gobernos, que é moi complicado seguir unha política dura de loita contra ela en todos os casos. O adolescente debe aprender a tomar as súas propias decisións e a enfrontarse aos problemas. El decidirá se quere rexeitar ou non o consumo de drogas. Todos, como educadores, debemos facer que os adolescentes desenvolvan unha resistencia fronte ás drogas e substancias que poden crear dependencia: existen e seguirán existindo no futuro, a forma correcta de convivir con todo iso é facernos resistentes. Como? A continuación daremos algúns datos da presenza do consumo de drogas nas relacións dos adolescentes:

  • Durante a adolescencia, existe unha importante asociación do tempo libre co consumo de certas substancias, especialmente o alcohol, e a facilidade para as relaciones persoais.

    Está demostrado que máis do 70% do consumo de alcohol na xuventude, se realiza durante as fins de semana e nos períodos de vacacións, xa que asocian a diversión co consumo de alcohol.

  • O tabaco é a droga máis consumida pola mocidade.

    Sábese que máis do 80% dos adolescentes o probou, aínda que gran parte deles pensa que pode deixalo cando queira e que non supón un perigo para a súa saúde.

  • O cannabis é a droga ilegal máis consumida entre os adolescentes.

    Case a metade dos adolescentes do noso país recibiu nalgún momento a oferta de fumarse un porro de haxix, ben no centro escolar ou nos lugares de recreo. Cos programas de prevención de tabaco, conseguiuse, en moitos casos, que o inicio de consumo sexa máis tarde, ou non se produza; non obstante descoidamos ao consumo de haxix: hai moitos adolescentes que pensan que o tabaco é máis prexudicial cos porros, crea máis hábito, trae más secuelas, etc.

  • É frecuente que os adolescentes se sintan por encima dos problemas que xera o consumo de drogas e digan que eles non se van enganchar e que por probar no lles vai pasar nada.

    Está demostrado que hai drogas, como a heroína, que xeran tanta dependencia, que despois de ter sido consumidas máis de dez veces, xa poden ser problemáticas para os individuos.

  • Outro problema que se esquece con frecuencia é o da automedicación nos adolescentes.

    O consumo arbitrario de medicamentos pode ser causa de dependencia grave e cada vez aumenta máis o número de adolescentes que os toman para paliar estados de malestar, e incluso, para mellorar o seu aspecto físico.

  • É moi importante sinalar a gran influencia que exerce o grupo de iguais nestes momentos de inicio no consumo de drogas.

    A gran maioría dos adolescentes que se introducen no consumo de drogas legais ou ilegais (sobre todo cannabis), aducen estar motivados polo seu grupo. O consumo de drogas nesta etapa da vida é fundamentalmente colectivo. As drogas forman parte dos ritos para relacionarse socialmente e para sentirse parte integrante do grupo de iguais.

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h