Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*New address
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Quiroga Ballesteros Street,, nº 1
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentation of the Counselor
IMay
Presentation of the Mayor
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Students |

null

Certame de Debuxo Educar para Previr 2012-2013

Solicitude de láminas para particpar no certame educar para previr (descargar solicitude)

Certame de Debuxo Educar para Previr 2011-2012

Solicitude de láminas para particpar no certame educar para previr (descargar solicitude)

Certame de Debuxo Educar para Previr 2010-2011

Solicitude de láminas para particpar no certame educar para previr (descargar solicitude)

* Este curso 2010-2011 o material educativo do programa de prevención de drogas no ámbito escolar, da Xunta de Galicia está dispoñible nas seguintes direccións, de xeito que cada centro interesado poda facer a súa descarga a través das mesmas.

Descargar

NOVIDADES 2010 - 2011

Descargar información sobre Actividades escolares 2010-2011

 

 

2009 - 2010

Descargar información sobre Actividades escolares 2009-2010

Descargar Información e Recursos no Ámbito Educativo e para a mocidade en conflicto e risco social

Certame de Debuxo Educar para Previr 2009-2010

nuevo nuevo
nuevo nuevo

> ÁMBITO EDUCATIVO

> PRIMARIA

A) Talleres educativos
Educación preventiva
Xogos
B) Material educativo
C) Certames, concursos
Educar para previr
Xogo de prevención Sinesio

> SECUNDARIA

A) Talleres educativos
Educación preventiva
B) Material educativo
C) Cinensino
D) Cinefórum

> BAC, FP

> ¿Qué queremos conseguir coa prevención escolar?

> Preguntas que os nenos poden facer acerca das drogas: As drogas non son un xogo de nenos

> O que os adolescentes deben saber sobre as drogas: As drogas non son un xogo de nenos

> Estudo sociolóxico:

Coñecementos, hábitos e actitudes ante as drogas da poboación escolar con idades comprendidas entre os 10 e 18 anos.    » Descargar breve informe

 

 

 

> Primaria

A) TALLERES EDUCATIVOS

Os talleres educativos baséanse nun traballo adaptado a cada etapa, centrado nunhas dinámicas de tipo participativo, nas que en función das idades recibirán información e formación sobre a saúde e aqueles elementos que inflúen nela de maneira negativa.

Foto.jpg Partimos de que as actitudes e hábitos relacionados coa saúde que se adquiren ao longo da infancia, inciden de maneira moi significativa no modo en que nenos e adolescentes se enfrontan ao consumo de substancias que danan a súa saúde, de aí a importancia da prevención neste momento. A alimentación, os hábitos de sono e hixiene persoal, a actitude cara ao propio corpo e o seu coidado, a valoración da saúde como elemento imprescindible para a calidade de vida, o ocio, entre outros, son aspectos esenciais do currículo.

EDUCACIÓN PREVENTIVA:

O concepto de educación preventiva abarca tanto a prevención de drogodependencias, como do resto de hábitos que prexudiquen a saúde, entendida esta segundo a definición da OMS (Organización Mundial da Saúde): "A saúde é o estado de completo benestar físico, psíquico e social, non soamente a ausencia de enfermidade".

Foto2.jpgEsta definición comprende os principais soportes nos que se vai basear a promoción e o desenvolvemento da saúde, así como a prevención de hábitos pouco saudables.

A Educación Preventiva debe de abarcar os seguintes puntos:

  • Valoración da saúde como un ben fundamental.
  • Desenvolvemento da autoestima.
  • Resistencia á presión de grupo.
  • Capacitación para a toma de decisións razoadas.
  • Información veraz sobre os efectos das drogas e o fenómeno da drogodependencia.
Dentro dos nosos obxectivos habería que falar de:
  • Coñecer os hábitos e actitudes respecto á saúde.
  • Mellorar os hábitos de alimentación, descanso, ocio, hixiene corporal.
  • Desenvolver unha actitude de valoración da saúde e de rexeitamento cara a prácticas que a poidan danar.
  • Tomar conciencia do risco que supón o consumo e abuso de substancias nocivas para a saúde.
  • Potenciar e reflexionar sobre as capacidades persoais: autoestima, autocontrol e resolución de conflitos, que nos defenden do dito consumo.

As nosas actuacións foron desde o día 25 de outubro ata o 11 de maio, e que comprenderon tanto charlas para grandes grupos, como talleres de varias sesións en primaria e secundaria, desenvolvéronse nos seguintes centros da capital lucense.

  • DIVINO MAESTRO.
  • DIVINA PASTORA.
  • NADELA.
  • "AS MERCEDES".
  • "Mª. AUXILIADORA".
  • ILLA VERDE.
  • "LA ANEJA".
  • "QUIROGA BALLESTEROS".
  • "ALBEIROS".
 

As actividades e os nosos contidos nas sesións foron os seguintes:

  • Saúde- Hábitos saudables.
  • Tabaco-Alcohol.
  • Mitos falsos sobre estas drogas.
  • Beneficios da ausencia do seu consumo.
  • Aproveitamento, goce e organización do tempo libre.
  • Estilos de vida saudables.
  • Medicamentos.
  • Uso.
  • Riscos da automedicación.
  • Droga ou non?

Algunhas das actividades desenvolvidas foron as seguintes:

  • Xogos de presentación.
  • Dinámica como "o circuíto" (pregunta-resposta).
  • Análises de texto (cancións de grupo ou artigos interesantes).
  • Test de mitos e realidades (dinámicas con fichas de mitos e as realidades.)
  • Recompilación de distintos anuncios de prensa que manexan a mocidade (análise crítica e a súa relación coa indución ao consumo).
  • Deseño e elaboración dun produto ficticio para logo tratar de vendelo.
  • As mil e unha posibilidades de divertirme (deseño de propostas e ideas para pasar un bo día, libre de riscos e problemas...).


> Xogos

> Test de mitos e realidades arredor do alcohol
> Test de mitos e realidades arredor do tabaco
> Mestura de letras
> Verdadeiro ou falso?
> Encadeado
> Relaciona

 

B) MATERIAL EDUCATIVO

> Programa de prevención do consumo de drogas na escola
> Programas do Plan Galicia sobre drogas

 

C) CERTAMES, CONCURSOS

- Educar para previr (2005)

Foto3a.jpg
Foto3b.jpg
Os traballos reflicten a visión dos participantes en relación cos hábitos de vida saudables, fronte ós consumos nocivos de tabaco e alcohol e ós seus compoñentes, as súas consecuencias, efectos, etc.

> Descargar bases
> Descargar petición láminas
> Descargar calendario 2005
> Descargar calendario 2006

- Xogo de prevención Sinesio

Foto4.jpg

Este xogo de plataformas describe situacións cotiás na vida dun adolescente.

Pode recoller o seu exemplar de xogo nas oficinas do Servizo Municipal de Prevención de Drogas de Lugo ou poñéndose en contacto con nós aquí.

 

> Secundaria

A) TALLERES EDUCATIVOS

Os talleres educativos baséanse nun traballo adaptado a cada etapa, centrado nunhas dinámicas de tipo participativo, nas que en función das idades recibirán información e formación sobre a saúde e aqueles elementos que inflúen nela de maneira negativa.

Partimos de que as actitudes e hábitos relacionados coa saúde que se adquiren ao longo da infancia inciden de maneira moi significativa no modo en que nenos e adolescentes se enfrontan ao consumo de substancias que danan a súa saúde, de aí a importancia da prevención neste momento. A alimentación, os hábitos de sono e hixiene persoal, a actitude cara ao propio corpo e o seu coidado, a valoración da saúde como elemento imprescindible para a calidade de vida, o ocio, entre outros, son aspectos esenciais do currículo.

EDUCACIÓN PREVENTIVA:

Foto5.jpgO concepto de educación preventiva abarca tanto a prevención de drogodependencias, como o resto de hábitos que prexudiquen a saúde, entendida esta segundo a definición da OMS (Organización Mundial da Saúde): "A saúde é o estado de completo benestar físico, psíquico e social, non soamente a ausencia de enfermidade".

Esta definición comprende os principais soportes nos que se vai basear a promoción e o desenvolvemento da saúde, así como a prevención de hábitos pouco saudables.

A educación preventiva debe de abarcar os seguintes puntos:

  • Valoración da saúde como un ben fundamental.
  • Desenvolvemento da autoestima.
  • Resistencia á presión de grupo.
  • Capacitación para a toma de decisións razoadas.
  • Información veraz sobre os efectos das drogas e o fenómeno da drogodependencia.

Dentro dos nosos obxectivos habería que falar de:

  • Coñecer os hábitos e actitudes respecto á saúde.
  • Mellorar os hábitos de alimentación, descanso, ocio, hixiene corporal.
  • Desenvolver unha actitude de valoración da saúde e de rexeitamento de prácticas que a poidan danar.
  • Tomar conciencia do risco que supón o consumo e abuso de substancias nocivas para a saúde.
  • Potenciar e reflexionar sobre as capacidades persoais: autoestima, autocontrol e resolución de conflitos, que nos defenden do dito consumo.

As nosas actuacións que van desde o día 25 de outubro ata o 11 de maio, e que comprenderon tanto charlas para grandes grupos, como talleres de varias sesións en primaria e secundaria, desenvolvéronse nos seguintes centros da capital lucense.

  • DIVINO MAESTRO.
  • "Mª. AUXILIADORA".
  • SAN XILLAO.
  • XOÁN MONTES.
  • LEIRAS PULPEIRO.
  • LUCUS AUGUSTI.
 

As actividades e os nosos contidos nas sesións foron os seguintes:

  • Introdución á saúde e hábitos de vida saudables.
  • Tabaco.
  • Alcohol.
  • Cánnabis.
  • Mitos.
  • Publicidade-sociedade de consumo(consumismo).
  • Aplicación de material audiovisual.
  • dúbidas, etc.

Algunhas das actividades desenvolvidas foron as seguintes:

Foto6.jpg
  • Xogos de presentación.
  • Dinámica como "o circuíto" (pregunta-resposta).
  • Análise de texto (cancións de grupo ou artigos interesantes).
  • Test de mitos e realidades (dinámicas con fichas de mitos e as realidades.
  • Recompilación de distintos anuncios de prensa que manexan os rapaces (análise crítica e a súa relación coa indución ao consumo).
  • Deseño e elaboración dun produto ficticio para logo tratar de vendelo.
  • As mil e unha posibilidades de divertirme (deseño de propostas e ideas para pasar un bo día, libre de riscos e problemas...).
 

B) MATERIAL EDUCATIVO

> Programa de prevención del consumo de drogas na escola
> Programas do Plan Galicia sobre drogas

 

C) CINENSINO

máis información sobre cinensino

CINENSINO é unha proposta teórica e metodolóxica para a prevención do consumo de drogas.

Programa de prevención do consumo de drogas dirixido ao alumnado de primeiro ciclo da ESO. Nela establécese unha proposta de intervención centrada na acción de titoría con unidades didácticas sobre factores de risco e protección, utilizando o cine como elemento motivador. Para o profesorado ofértase a posibilidade de formación en internet. Actúase nos ámbitos das crenzas, actitudes e motivacións así como nas condutas. Por último, para a avaliación faise un deseño cuasiexperimental de medición pretest-postest con grupo de comparación non equivalente.

> Descarga de follas de inscrición para profesores e alumnos

 

C) CINEFÓRUM

Cinefórum

Podemos considerar os medio de comunicación, coma unha alternativa de ocio sen máis, pero tamén podémolos usar como unha maneira de ensinar ou aprender actitudes e comportamentos saudables...

 

> BAC, FP, ...

Charlas, conferencias...

 

> ¿Qué queremos conseguir coa prevención escolar?

QUÉ QUEREMOS? POR QUÉ?
Proporcionar ós alumnos os recursos e habilidades necesarias para enfrentarse da forma axeitada ás situacións relacionadas co consumo de drogas, tanto no inicio de producirse éste,como despois. Porque así favorecemos a toma de decisións informada, responsábel e saudábel con respecto ó consumo de drogas.
Promocionar a saúde formando actitudes positivas hacia o seu mantemento. Porque os estilos de vida saudábeis son incompatíbeis co abuso de drogas.
Fomentar actitudes favorábeis ó non consumo. Porque non basta con salientar os aspectos negativos do consumo:hai que facer máis fincapé nos aspectos positivos do non consumo.
Retrasar a idade de inicio no consumo de drogas. Porque canto máis tarde se produza ese contacto (se se chega a dar), máis recursos terá o individuo ó ser máis maduro, polo que poderase esperar que a súa relación coas drogas sexa menos ou nada problemática.
Educar ós alumnos para a utilización positiva do tempo de ocio ofrecéndolles alternativas satisfactorias. Porque así terán un repertorio variado de actividades diferentes do consumo de drogas cas que poder ocupar o tempo de lecer.
Favorecer a capacidade crítica dos alumnos Porque así capacitamos ós alumnos para enfrentarse de xeito maduro, autónomo e responsábel ó consumo de drogas e a resistir a influencia dos determinantes sociais.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Phone number: (0034) 982 297 498 Office hours: monday to friday, from 08:30 to 14:30 h