2010 - Charlas para pais e nais sobre a prevención das drogodependencias: descargar horarios en PDF
Descargar a 4º Revista de divulgación para Nais e Pais (PDF 965 KB)
Ámbito Familiar
Reflexións para os pais desde o servizo de prevención de drogodependencias.
Características
Inscricións
Índice temático
Estilos de comunicación entre pais e fillos
Testemuño
Consellos para pais
Vantaxes e inconvenientes para o comprador e o vendedor de tabaco, alcohol e outras drogas
O tempo de ocio. Como educar para o ocio?
Orientaciones para Pais preocupados
10 pasos para axudar ó teu fillo a dicir non ó alcohol e outras drogas...
REFLEXIÓNS PARA OS PAIS DESDE O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS.
Os adolescentes de hoxe en día, o gran problema da sociedade consomen drogas, collen borracheiras, comezan cada vez máis cedo a consumir diferentes substancias adictivas, o sexo feminino cada vez se involucra máis nesta dinámica, non saben divertirse, non son creativos, non se conforman con nada, son rebeldes, impóñense aos maiores, son irrespectuosos, teñen as súas modas...
Son moitos os profesionais que, desde diferentes ámbitos (médicos, profesores, policías, psicólogos...), coinciden en sinalar a importancia do papel dos pais nesta gran problemática. Todo parece indicar que detrás da maioría da mocidade con este perfil, hai uns pais que delegaron a responsabilidade noutras persoas ou Institucións (como os profesores, a escola, o concello, e ata os padres de los amigos) liberándose así dos seus verdadeiros deberes como proxenitores.
Ante a falta dunha figura de autoridade, dunha identificación clara do papel de pais, ante un modelo disciplinar baseado no liberalismo tan de "moda"..., os adolescentes viven nun estado de confusión, liberdade, libertinaxe e desorientación..., que só lles deixa un camiño: o dos amigos, que á súa vez viven situacións similares nos seus fogares. Xuntos formarán os grupos do desconcerto, da vida ao límite e sen límites, do risco, e entón..., e só entón..., os pais comezan a preocuparse. E neste momento, a "prevención" perde o seu papel, as súas posibilidades de actuación, as súas ferramentas, os seus obxectivos..., pasamos a un segundo plano. Só podemos falar do que poderiamos ter feito, pero non o fixemos.
Deixemos as queixas e pasemos á acción!! Porque a verdadeira e a máis frutífera das acciones é a prevención. Non caian no error de pensar e xurar e perxurar que "ao meu fillo non lle vai iso", "el non me faría algo así"..., máis ben actúen para que realmente non caia nas redes dos manipuladores. Déanlle pautas para saber escoller, para adiantarse ás consecuencias, para sopesar consecuencias, para saber dicir non cando sexa preciso..., falen con eles e, sobre todo, escóitenos!!.
A familia define un escenario de aprendizaxe e educación que vai determinar o grao de éxito con que o neno/a ou adolescente se vai adaptar a outros contextos sociais (a escola, o instituto, os espazos de ocio). Nalgunhas ocasións, os problemas de comunicación na familia provocan que os pais descoñezan a realidade que viven os seus fillos fóra do ámbito doméstico. Isto impide que os pais poidan establecer un modelo de relación baseado na comprensión e a confianza.
Coñecer os hábitos dos nenos e dos adolescentes, saber comunicarse con eles de forma eficaz, ofrecerlles alternativas de ocio construtivas e atractivas ou ensinarlles a decidir por eles mesmos e a desenvolverse na vida afrontando os problemas cotiáns, non é unha tarefa fácil. Para iso, é fundamental coñecer o contexto social no que se moven, aprender a falar con eles, escoitalos sen censuralos e explicarlles as consecuencias dos seus actos e os perigos das condutas adictivas que poden prexudicar o seu futuro.
O obxectivo dos grupos formativos para pais, unha iniciativa do Concello de Lugo dentro do Servizo de Prevención de Drogodependencias no ámbito familiar, é dotar os pais dos coñecementos necesarios para actuar como axentes de prevención, ofrecerlles instrumentos e ensinarlles habilidades na procura de mellores fórmulas para que poidan responder de maneira adecuada aos factores e situacións implicadas no inicio e mantemento das condutas adictivas.
O boletín de inscrición pódese entregar nas APA dos centros educativos ou nas oficinas do Servizo de Prevención de Drogodependencias ou chamando ao teléfono 982.28.48.16. Centro Social Uxío Novoneyra, 3ª planta. R/Quiroga Ballesteros, núm. 1.27001.
ESTILOS DE COMUNICACÓN ENTRE PAIS E FILLOS
Tendencias que condensan as posturas dos pais fronte a cuestións que rodean a familia (organización, funcións, comunicación, problemas):
1. Desbordamento e resignación.
Os pais e mais aceptan pasivamente a incapacidade para controlar e manexar uns problemas de convivencia familiar que se lles foron das mans. Representan un clima familiar deteriorado e conflitivo.
2. Impotencia e farta
Serve para identificar os pais que acostuman vivir nun clima familiar moi deteriorado e que derivan moitas responsabilidades de educación e socialización dos fillos a instancias externas á familia. Tenden a reaccionar a partir dun distanciamento que os afaste dos conflitos, mostrándose, ao mesmo tempo, indignados ante calquera comentario a ese afastamento.
3. Soidade
Mulleres que se senten soas ante as responsabilidades que implica a educación e coidado dos seus fillos, e que reprochan á súa parella que non se comprometa más con iso. Destaca a representación deste colectivo nos contornos rurais e entre quen dispón de menores recursos económicos e culturais.
4. Capacidade e satisfacción
Posición na que se sitúa a maioría das familias españolas. Afirman ter boas relacións familiares, clima de comunicación adecuado e unha máis que aceptable capacidade para resolver os problemas de convivencia.
A partir destas consideracións, identificáronse catro TIPOS DE FAMILIAS que representan dunha forma certeira o panorama da diferente tipoloxía de familias españolas:
Familia adaptativa.
Familia nominal.
Familia familista/endogámica
Familia conflitiva
TESTEMUÑO (Mai dun alumno de 12 anos)
Cando me entregaron no instituto unha inscrición para un curso sobre prevención de drogodependencias..., pois, a verdade pensei que era algo afastado, que non tiña nada que ver coa nosa vida cotiá; esquecémonos sempre das "drogas legais" que están ao alcance das mans: o tabaco, o alcohol, ou as cada vez máis frecuentes adiccións aos videoxogos, ao móbil ou ao ordenador (iso si que nos soa, verdade?...). Ao ler máis detidamente o folleto, cambiei de opinión: resulta que o curso potenciaba a comunicación cos fillos, vaia, iso si me interesaba. Que pai non desexa saber cómo pasa o seu fillo/a o tempo libre...?, con quen o comparte?, que lle indigna?..., empeza a ser un descoñecido?, de que falo con el? Picoume a curioSIDAde e apunteime.
Como son unha histérica, a ansiedade é o síntoma principal que eu acusaba respecto á etapa que está iniciando o meu fillo: ten 12 anos. As normas de comportamento sempre foron sinxelas e de obrigado cumprimento; compartiamos case todos os xogos e as actividades ao aire libre, era unha mai ríxida, pero divertida e marabillosa (iso dicían os seus amigos), pero o conto de fadas acabouse..., está cambiando..., e xa recibín algunhas críticas; algunhas normas cuestiónanse, outras póñense costa arriba..., xa non teño a mesma influencia..., a miña palabra non é a lei..., case non me soan os seus cantantes favoritos..., que ocorre? Os tempos cambiaron! As opinións dos seus amigos son as que prevalecen, perdería autoridade, xa non sei nada..., vaise sentir incomprendido?..., estarase afastando?..., a nosa relación converterase no noso maior pesadelo?.. Socorro!!!
O curso infundiume sosego, sei ao que me vou enfrontar e teño a clave para seguir tendo unha relación de calidade co meu fillo (iso espero). A clave é a comunicación. Ah!, que sinxelo! Pois non, non tanto: a comunicación non é acosar a preguntas policíacas, por toda a casa, nos momentos máis inoportunos, nin darlles un "meeting", nin contarlles o que un facía cando era novo (non pensarás en serio que lle interesa...). Comunicación é elixir o momento adecuado para falar, momentos de calidade para intercambiar pareceres; sobre todo saber escoitar con respecto; infundir confianza dando información correcta e sen intentar asustar; non xulgalos negativamente (polo menos en voz alta), non censurar senón calarán (mellor coñecer as súas opinións para poder influír nelas), formular preguntas abertas, pensar ben as respostas, non precipitarse en dalas e que sexan honestas, saber esperar o momento oportuno para o diálogo (dixen diálogo, non discurso ben intencionado que non serve de nada, do tipo de "deberías...", "tes que...", etc.).
Ben, algo que pode resultar útil é lembrar a nosa adolescencia e cáles eran os comportamentos dos nosos pais que non soportabamos, intentar non imitalos se estaban equivocados.
Agora practico, sobre todo..., a calma, o bo humor, o lembrar de cando en vez as normas inamovibles, a crítica construtiva, o respecto pola súa independencia sempre e cando siga demostrando responsabilidade nos seus actos, procuro facerlle sentir que confiamos nel (aínda que temamos o peor), aplico se é necesario castigos xustos e non esaxerados (el debe saber que se infrinxe unha norma existe un castigo que se cumpre).
Todos podemos facelo, só hai que querer e saber, e para iso está o curso: agora teño os recursos para logralo. Foi unha sorte apuntarme, doume conta de que aínda teño as rendas da súa vida, nin debo estirar demasiado, nin tampouco afrouxar completamente; é fundamental que neste espazo de tempo se converta nun ser autónomo, diferente de nosoutros, coa súa ideoloxía, coa súa propia identidade..., e poderemos empezar unha nova etapa: a de adulto. Será un triunfo..., e un descanso!.
1. É bo que fale cos seus fillos acerca do tabaco, do alcohol e das demais drogas.
Quizais encontre que posúen ideas erróneas e falsos mitos en torno ás propiedades das drogas. Vostede pode axudar a que os seus fillos dispoñan da información adecuada.
2. É excelente que escoite realmente aos seus fillos.
Os nenos poden falar mellor sobre un tema con aqueles pais que saben escoitar. Se vostede os escoita atentamente e activamente, os seus fillos compartirán as súas experiencias.
3. "É boísimo" que axude aos seus fillos a sentirse ben consigo mesmos.
Os seus fillos sentiranse mellor se vostede tende a valorar os seus logros, así como os seus esforzos (independentemente dos resultados). Fortalecerá a súa autoestima se avalía con eles as súas accións e non os critica a eles como persoas.
4. É moi importante que axude aos seus fillos a desenvolver valores firmes e adecuados.
Un sistema firme de principios e valores pode axudalos a tomar decisións baseadas en feitos reais e non na presión exercida polos seus amigos-compañeiros. Para axudalos, as súas propias mensaxes ao respecto terían que ser claras e coherentes, razoando xuntos as súas afirmacións
5. Seguir a coherencia de ser un bo exemplo para eles.
Os pais son modelos para os seus fillos, aínda que non o queiran!! Por iso, as súas actitudes cara ás drogas e os seus hábitos de consumo inflúen decisivamente no comportamento do seu fillo, ser un exemplo saudable é un dos piares da prevención. Os fillos non fan o que un di, senón o que un fai.
6. É moi importante axudar a afrontar a presión dos compañeiros.
Os fillos que aprenderon a ser respectuosos, cariñosos, seguros e responsables de si mesmos, teñen máis posibilidades de afrontar a presión de calquera grupo e poden tomar decisións sas.
7. Establecer normas dentro da familia sobre as drogas é moi apropiado.
É moi útil establecer regras específicas respecto ao consumo de alcohol, tabaco e demais drogas dentro do fogar, así como as consecuencias do seu uso indebido. As normas claras dunha familia favorecen o desenvolvemento do individuo en relación coa sociedade.
8. É "boísimo" fomentar actividades sas e recreativas
Estimule a participación dos seus fillos neste tipo de actividades, procurando a súa diversión e desenvolvemento: deportes, música, asociacións xuvenís... Tan importante como o anterior é realizar actividades "cos" seus fillos adecuadas ás idades: excursións, xogos, visita a museos, camiñadas, etc.
9. É "moi aconsellable" agruparse con outros pais.
Coñeza os pais dos amigos dos seus fillos e saiba qué pensan acerca do consumo e da prevención do tabaco, do alcohol e das demais drogas. Isto axudarao a comparar e reforzar as pautas de actuación que leva a cabo dentro da súa familia
10. Solicite axuda se ten algún problema relacionado co alcohol ou demais drogas.
Acercarse, conversar e observar ao seu fillo permitiralle discernir se quizais o seu fillo se está iniciando no consumo de alcohol ou drogas. Se descobre que pode haber un problema, non dubide en pedir axuda o antes posible. Con todo...
NON SE DESESPERE!!! Non todos os que se inician no consumo das drogas se converten en drogodependentes. Tampouco imos esperar que isto suceda. Sexa prudente.
NO O CULPE!!! nin lle bote en cara todo o que vostede fixo por el, nin o moito que vostede sofre, nin se sinta vítima por nada.
NON SE CONVERTA EN PERSEGUIDOR!!! obsesionado por seguir os seus pasos, ou revisar as súas cousas.
EVITE CRITICAR!!! o seu comportamento violento, o desaxustado NON O ACOSE!!!, pretendendo respostas ou solucións inmediatas.
NO SE DESENTENDA!!! del non prestándolle atención ou restándolle importancia.
... E, sobre todo, PROCURE demostrarlle o seu afecto polo que el É, independentemente do que el "faga ".
VANTAXES E INCONVENIENTES PARA O COMPRADOR E O VENDEDOR DE TABACO, ALCOHOL E OUTRAS DROGAS
TI... es o negocio d século!!!
VENDEDOR | COMPRADOR (TI) | |
RISCOS | ||
BENEFICIOS |
Parácheste a pensar que cada vez que ti "perdes" alguén gana???
Parácheste a pensar que en cada trago que ti dás, alguén se enriquece?
Sabes que grazas ás túas caladas, hai grandes empresarios que se fixeron millonarios??
E ti, que ganaches?
Por iso...., hai moita xente interesada en que ti "necesites" beber para divertirte, "necesites" fumar para relaxarte..., e por iso gastan un montón de diñeiro en facerche chegar esa idea a través da publicidade. Por certo, diñeiral que tamén sae do "teu peto", cun vicio creado pola sociedade e os empresarios para que ti consumas, mentres eles se enriquecen...
O tempo de ocio, como educar para o ocio?
O papel dos pais como educadores para o ocio é dobre:
- por unha parte servir como modelos: se os pais son capaces de vivir o seu tempo de ocio plenamente, mediante actividades variadas, os seus fillos verán como algo natural obter satisfacción a través desa clase de actividades.
- facilitando alternativas: é importante que teñan o maior número posible de opcións adecuadas de tempo libre, acordes sempre cos seus intereses (non cos deles), é importante permitir que se relacionen con amigos cos mesmos intereses por empregar o tempo de forma saudable.
OCUPANDO O TEMPO DISPOÑIBLE...
É IMPORTANTE:
Orientacións para pais preocupados
CÓMO SABER SI MI HIJO CONSUME DROGAS
Lo primero que debe tener en cuenta es que el hecho de probar una sustancia NO significa que se vaya a acabar dependiendo de ella. La mayoría de los jóvenes no consumen drogas; de los que lo hacen, la mayoría deja de consumir en poco tiempo, y de los que continúan, la mayoría no llega a tener nunca problemas de adicción. No es fácil, por tanto, adquirir una drogodependencia.
Algunas de las siguientes pautas pueden ser orientativas de una adicción a drogas (ojo!!, no siempre):
Cambios físicos:
Cambios en el desempeño laboral o escolar
Cambios en las relaciones familiares
Cambios en las relaciones sociales
Cambios en las pertenencias
Cambios en las rutinas diarias
En cualquier caso, conviene mostrar calma y mantener la normalidad mientras no aparezcan esos indicios. En caso de duda, es preferible contactar con algún experto que extremar la vigilancia. Evite convertirse en un "policía" de su hijo.
SI MI HIJO HA PROBADO YA ALGUNA DROGA...
Si se ve en condiciones de hablar con su hijo, tenga en cuenta las siguientes sugerencias:
Si no se ve con fuerzas para afrontar una conversación tan delicada, podemos ayudarle a prepararla.
SI MI HIJO QUE CONSUME NO SE DEJA AYUDAR...
Lo primero, hágase cargo de que no todo está en sus manos. Usted puede ayudar a facilitar la decisión de su hijo de ponerse en tratamiento, aunque no es seguro que vaya a conseguirlo.
Lógicamente, asumimos que usted ya ha intentado concienciarse de que lo deje. Por desgracia, esto no siempre funciona. Lo que moviliza a una persona que depende de una sustancia a abandonar el consumo es experimentar repercusiones seriamente desfavorables.
Si usted y su familia desean que su hijo interrumpa el consumo y la concienciación no ha servido, tendrán que ayudarle aumentando los costes para facilitar su decisión.
El primer paso es intentar montar un frente común en la familia de manera que actúen todos a una, con el mismo criterio. Ese frente común puede ir dirigido a dos objetivos:
Puede resultar conveniente que marquen una serie de condiciones o normas básicass que debe seguir (no consumir en casa, no aparecer bajo los efectos del consumo, respetar los horarios básicos de llegada a casa, seguir asumiendo las tareas mínimas que siempre hacía, no pedir dinero a la familia para costear su consumo, etc...).
En segundo lugar, aproveche cuantas ocasiones favorables se le presenten para que inicie el tratamiento (o bien para que al menos acuda a una consulta de orientación). Procure que vea en usted a alguien a quien recurrir en solicitud de ayuda.
En cualquier caso, procure:
SI MI HIJO ACEPTA QUE LE AYUDEN CON SU PROBLEMA CON LAS DROGAS...
Puede consultar su situación y pedir orientación, llamando al teléfono del Servicio Municipal de Prevención de Drogodependencias (982 297 498).
Si desea realizar alguna consulta llame al 982 297 498, envíanos tus preguntas a: prevenciondrogas@concellodelugo.org o visítanos en el Centro Social Uxío Novoneyra, 3ª planta
Para saber más!!!
Estas guías son material divulgativo dirixido a pais e nais sobre as drogas, achegando información sobre os seus efectos e pautas a seguir para evitar que os fillos/as se inicien no consumo destas drogas.
Os pais/nais e as drogas de síntese
Os pais/nais e o cannabis. Guía para pais e nais
Os pais/nais fronte a cocaína. Guía para pais e nais preocupados
Os pais fronte ao consumo abusivo de alcohol dos fillos