Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Ocio e Tempo de Lecer
  • Recursos Didácticos
  • Convocatorias
  • Audiovisuales
  • Publicaciones Gratuitas
  • Artigos Profesionais
  • Cinensino 08-09
  • Kreativa
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Praeventio
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Representación lucense en la CI sobre Abuso de Drogas
  • Crees que Controlas
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Pais |

null

2010 - Charlas para pais e nais sobre a prevención das drogodependencias: descargar horarios en PDF

Descargar a 4º Revista de divulgación para Nais e Pais (PDF 965 KB)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

>  Ámbito Familiar

 

> Talleres para os pais

Reflexións para os pais desde o servizo de prevención de drogodependencias.
Características
Inscricións
Índice temático
Estilos de comunicación entre pais e fillos
Testemuño
Consellos para pais
Vantaxes e inconvenientes para o comprador e o vendedor de tabaco, alcohol e outras drogas

> Terapia individualizada

> O tempo de ocio. Como educar para o ocio?

> Orientaciones para Pais preocupados

> Material Editado polo Plan

> 10 pasos para axudar ó teu fillo a dicir non ó alcohol e outras drogas...

> Vivir sern drogas. Información para pais

> Cómo desenvolver a autoestima en nenos/as adolescentes

 

> Talleres para os pais

REFLEXIÓNS PARA OS PAIS DESDE O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS.

Os adolescentes de hoxe en día, o gran problema da sociedade consomen drogas, collen borracheiras, comezan cada vez máis cedo a consumir diferentes substancias adictivas, o sexo feminino cada vez se involucra máis nesta dinámica, non saben divertirse, non son creativos, non se conforman con nada, son rebeldes, impóñense aos maiores, son irrespectuosos, teñen as súas modas...

Son moitos os profesionais que, desde diferentes ámbitos (médicos, profesores, policías, psicólogos...), coinciden en sinalar a importancia do papel dos pais nesta gran problemática. Todo parece indicar que detrás da maioría da mocidade con este perfil, hai uns pais que delegaron a responsabilidade noutras persoas ou Institucións (como os profesores, a escola, o concello, e ata os padres de los amigos) liberándose así dos seus verdadeiros deberes como proxenitores.

Foto.jpg

Ante a falta dunha figura de autoridade, dunha identificación clara do papel de pais, ante un modelo disciplinar baseado no liberalismo tan de "moda"..., os adolescentes viven nun estado de confusión, liberdade, libertinaxe e desorientación..., que só lles deixa un camiño: o dos amigos, que á súa vez viven situacións similares nos seus fogares. Xuntos formarán os grupos do desconcerto, da vida ao límite e sen límites, do risco, e entón..., e só entón..., os pais comezan a preocuparse. E neste momento, a "prevención" perde o seu papel, as súas posibilidades de actuación, as súas ferramentas, os seus obxectivos..., pasamos a un segundo plano. Só podemos falar do que poderiamos ter feito, pero non o fixemos.

Deixemos as queixas e pasemos á acción!! Porque a verdadeira e a máis frutífera das acciones é a prevención. Non caian no error de pensar e xurar e perxurar que "ao meu fillo non lle vai iso", "el non me faría algo así"..., máis ben actúen para que realmente non caia nas redes dos manipuladores. Déanlle pautas para saber escoller, para adiantarse ás consecuencias, para sopesar consecuencias, para saber dicir non cando sexa preciso..., falen con eles e, sobre todo, escóitenos!!.

A familia define un escenario de aprendizaxe e educación que vai determinar o grao de éxito con que o neno/a ou adolescente se vai adaptar a outros contextos sociais (a escola, o instituto, os espazos de ocio). Nalgunhas ocasións, os problemas de comunicación na familia provocan que os pais descoñezan a realidade que viven os seus fillos fóra do ámbito doméstico. Isto impide que os pais poidan establecer un modelo de relación baseado na comprensión e a confianza.

Coñecer os hábitos dos nenos e dos adolescentes, saber comunicarse con eles de forma eficaz, ofrecerlles alternativas de ocio construtivas e atractivas ou ensinarlles a decidir por eles mesmos e a desenvolverse na vida afrontando os problemas cotiáns, non é unha tarefa fácil. Para iso, é fundamental coñecer o contexto social no que se moven, aprender a falar con eles, escoitalos sen censuralos e explicarlles as consecuencias dos seus actos e os perigos das condutas adictivas que poden prexudicar o seu futuro.

Foto2.jpg

O obxectivo dos grupos formativos para pais, unha iniciativa do Concello de Lugo dentro do Servizo de Prevención de Drogodependencias no ámbito familiar, é dotar os pais dos coñecementos necesarios para actuar como axentes de prevención, ofrecerlles instrumentos e ensinarlles habilidades na procura de mellores fórmulas para que poidan responder de maneira adecuada aos factores e situacións implicadas no inicio e mantemento das condutas adictivas.

CARACTERÍSTICAS:

  • Grupos de formación gratuítos organizados polo Servizo Municipal sobre Drogodependencias.
  • Estruturadas en 3 sesións (unha por trimestre) cunha duración de 90 minutos por sesión.
  • Ao longo do curso, os pais poderán acceder, tras solicitalo, ao material de lectura informativa editado polos técnicos, para despois resolver dúbidas e facer os comentarios oportunos na sesión dirixida pola psicopedagoga do equipo técnico de Prevención de Drogodependencias.
  • Dirixido a todos os pais con fillos que cursen ESO (entre os 11 e 16 anos).

INSCRICIÓNS:

O boletín de inscrición pódese entregar nas APA dos centros educativos ou nas oficinas do Servizo de Prevención de Drogodependencias ou chamando ao teléfono 982.28.48.16. Centro Social Uxío Novoneyra, 3ª planta. R/Quiroga Ballesteros, núm. 1.27001.

ÍNDICE TEMÁTICO:

  • Normas e autoridade: son necesarias?; que e como negociar?
  • Comunicación: como explicárllelo?; como entendernos?
  • Estudos, o colexio: o colexio encárgase de todo?; que pasa no instituto?
  • Amigos e cuadrillas: como se relaciona?; quen son e que fan?
  • Ocio e tempo libre: que actividades facemos xuntos?; que pasa as fins de semana?
  • Consumo: que está aprendendo a desexar?; todo o que lle interesa se compra?
  • Drogas: está protexido?, está correndo riscos?
  • Os pais e a prevención de drogas: é pronto?, é tarde?

ESTILOS DE COMUNICACÓN ENTRE PAIS E FILLOS

Foto3.jpgTendencias que condensan as posturas dos pais fronte a cuestións que rodean a familia (organización, funcións, comunicación, problemas):

1. Desbordamento e resignación.
Os pais e mais aceptan pasivamente a incapacidade para controlar e manexar uns problemas de convivencia familiar que se lles foron das mans. Representan un clima familiar deteriorado e conflitivo.

2. Impotencia e farta
Serve para identificar os pais que acostuman vivir nun clima familiar moi deteriorado e que derivan moitas responsabilidades de educación e socialización dos fillos a instancias externas á familia. Tenden a reaccionar a partir dun distanciamento que os afaste dos conflitos, mostrándose, ao mesmo tempo, indignados ante calquera comentario a ese afastamento.

3. Soidade
Mulleres que se senten soas ante as responsabilidades que implica a educación e coidado dos seus fillos, e que reprochan á súa parella que non se comprometa más con iso. Destaca a representación deste colectivo nos contornos rurais e entre quen dispón de menores recursos económicos e culturais.

4. Capacidade e satisfacción
Posición na que se sitúa a maioría das familias españolas. Afirman ter boas relacións familiares, clima de comunicación adecuado e unha máis que aceptable capacidade para resolver os problemas de convivencia.

A partir destas consideracións, identificáronse catro TIPOS DE FAMILIAS que representan dunha forma certeira o panorama da diferente tipoloxía de familias españolas:

Familia adaptativa.

  • Integrada por novos modelos familiares
  • Boa comunicación, tamén conflitos entre pais e fillos
  • Familia aberta ao exterior
  • Con adolescentes que consomen máis droga que a media aínda que menos que os da familia conflitiva

Familia nominal.

  • Coexistencia pacífica e negación de conflitos
  • Sintonía en actitudes e valores entre padres e fillos - socialización externa
  • Menor grao de conflitos por causa de drogas, consumo de alcohol, relacións dos fillos, relacións sexuais

Familia familista/endogámica

  • Núcleo familiar unido, con bos modais
  • Familia cerrada en si mesma
  • Altos niveis de socialización familiar

Familia conflitiva

  • Malas relacións e conflitos
  • Mala comunicación e distancia pais/fillos
  • Normas ríxidas, coas que se choca continuamente
  • Os fillos adolescentes son os que consomen máis droga que a media

TESTEMUÑO (Mai dun alumno de 12 anos)

Cando me entregaron no instituto unha inscrición para un curso sobre prevención de drogodependencias..., pois, a verdade pensei que era algo afastado, que non tiña nada que ver coa nosa vida cotiá; esquecémonos sempre das "drogas legais" que están ao alcance das mans: o tabaco, o alcohol, ou as cada vez máis frecuentes adiccións aos videoxogos, ao móbil ou ao ordenador (iso si que nos soa, verdade?...). Ao ler máis detidamente o folleto, cambiei de opinión: resulta que o curso potenciaba a comunicación cos fillos, vaia, iso si me interesaba. Que pai non desexa saber cómo pasa o seu fillo/a o tempo libre...?, con quen o comparte?, que lle indigna?..., empeza a ser un descoñecido?, de que falo con el? Picoume a curioSIDAde e apunteime.

Foto4.jpg

Como son unha histérica, a ansiedade é o síntoma principal que eu acusaba respecto á etapa que está iniciando o meu fillo: ten 12 anos. As normas de comportamento sempre foron sinxelas e de obrigado cumprimento; compartiamos case todos os xogos e as actividades ao aire libre, era unha mai ríxida, pero divertida e marabillosa (iso dicían os seus amigos), pero o conto de fadas acabouse..., está cambiando..., e xa recibín algunhas críticas; algunhas normas cuestiónanse, outras póñense costa arriba..., xa non teño a mesma influencia..., a miña palabra non é a lei..., case non me soan os seus cantantes favoritos..., que ocorre? Os tempos cambiaron! As opinións dos seus amigos son as que prevalecen, perdería autoridade, xa non sei nada..., vaise sentir incomprendido?..., estarase afastando?..., a nosa relación converterase no noso maior pesadelo?.. Socorro!!!

O curso infundiume sosego, sei ao que me vou enfrontar e teño a clave para seguir tendo unha relación de calidade co meu fillo (iso espero). A clave é a comunicación. Ah!, que sinxelo! Pois non, non tanto: a comunicación non é acosar a preguntas policíacas, por toda a casa, nos momentos máis inoportunos, nin darlles un "meeting", nin contarlles o que un facía cando era novo (non pensarás en serio que lle interesa...). Comunicación é elixir o momento adecuado para falar, momentos de calidade para intercambiar pareceres; sobre todo saber escoitar con respecto; infundir confianza dando información correcta e sen intentar asustar; non xulgalos negativamente (polo menos en voz alta), non censurar senón calarán (mellor coñecer as súas opinións para poder influír nelas), formular preguntas abertas, pensar ben as respostas, non precipitarse en dalas e que sexan honestas, saber esperar o momento oportuno para o diálogo (dixen diálogo, non discurso ben intencionado que non serve de nada, do tipo de "deberías...", "tes que...", etc.).

Ben, algo que pode resultar útil é lembrar a nosa adolescencia e cáles eran os comportamentos dos nosos pais que non soportabamos, intentar non imitalos se estaban equivocados.

Agora practico, sobre todo..., a calma, o bo humor, o lembrar de cando en vez as normas inamovibles, a crítica construtiva, o respecto pola súa independencia sempre e cando siga demostrando responsabilidade nos seus actos, procuro facerlle sentir que confiamos nel (aínda que temamos o peor), aplico se é necesario castigos xustos e non esaxerados (el debe saber que se infrinxe unha norma existe un castigo que se cumpre).

Todos podemos facelo, só hai que querer e saber, e para iso está o curso: agora teño os recursos para logralo. Foi unha sorte apuntarme, doume conta de que aínda teño as rendas da súa vida, nin debo estirar demasiado, nin tampouco afrouxar completamente; é fundamental que neste espazo de tempo se converta nun ser autónomo, diferente de nosoutros, coa súa ideoloxía, coa súa propia identidade..., e poderemos empezar unha nova etapa: a de adulto. Será un triunfo..., e un descanso!.

CONSELLOS PARA PAIS

1. É bo que fale cos seus fillos acerca do tabaco, do alcohol e das demais drogas.
Quizais encontre que posúen ideas erróneas e falsos mitos en torno ás propiedades das drogas. Vostede pode axudar a que os seus fillos dispoñan da información adecuada.

2. É excelente que escoite realmente aos seus fillos.
Os nenos poden falar mellor sobre un tema con aqueles pais que saben escoitar. Se vostede os escoita atentamente e activamente, os seus fillos compartirán as súas experiencias.

Foto5.jpg

3. "É boísimo" que axude aos seus fillos a sentirse ben consigo mesmos.
Os seus fillos sentiranse mellor se vostede tende a valorar os seus logros, así como os seus esforzos (independentemente dos resultados). Fortalecerá a súa autoestima se avalía con eles as súas accións e non os critica a eles como persoas.

4. É moi importante que axude aos seus fillos a desenvolver valores firmes e adecuados.
Un sistema firme de principios e valores pode axudalos a tomar decisións baseadas en feitos reais e non na presión exercida polos seus amigos-compañeiros. Para axudalos, as súas propias mensaxes ao respecto terían que ser claras e coherentes, razoando xuntos as súas afirmacións

5. Seguir a coherencia de ser un bo exemplo para eles.
Os pais son modelos para os seus fillos, aínda que non o queiran!! Por iso, as súas actitudes cara ás drogas e os seus hábitos de consumo inflúen decisivamente no comportamento do seu fillo, ser un exemplo saudable é un dos piares da prevención. Os fillos non fan o que un di, senón o que un fai.

6. É moi importante axudar a afrontar a presión dos compañeiros.
Os fillos que aprenderon a ser respectuosos, cariñosos, seguros e responsables de si mesmos, teñen máis posibilidades de afrontar a presión de calquera grupo e poden tomar decisións sas.

7. Establecer normas dentro da familia sobre as drogas é moi apropiado.
É moi útil establecer regras específicas respecto ao consumo de alcohol, tabaco e demais drogas dentro do fogar, así como as consecuencias do seu uso indebido. As normas claras dunha familia favorecen o desenvolvemento do individuo en relación coa sociedade.

8. É "boísimo" fomentar actividades sas e recreativas
Estimule a participación dos seus fillos neste tipo de actividades, procurando a súa diversión e desenvolvemento: deportes, música, asociacións xuvenís... Tan importante como o anterior é realizar actividades "cos" seus fillos adecuadas ás idades: excursións, xogos, visita a museos, camiñadas, etc.

9. É "moi aconsellable" agruparse con outros pais.
Coñeza os pais dos amigos dos seus fillos e saiba qué pensan acerca do consumo e da prevención do tabaco, do alcohol e das demais drogas. Isto axudarao a comparar e reforzar as pautas de actuación que leva a cabo dentro da súa familia

10. Solicite axuda se ten algún problema relacionado co alcohol ou demais drogas.
Acercarse, conversar e observar ao seu fillo permitiralle discernir se quizais o seu fillo se está iniciando no consumo de alcohol ou drogas. Se descobre que pode haber un problema, non dubide en pedir axuda o antes posible. Con todo...

NON SE DESESPERE!!! Non todos os que se inician no consumo das drogas se converten en drogodependentes. Tampouco imos esperar que isto suceda. Sexa prudente.

NO O CULPE!!! nin lle bote en cara todo o que vostede fixo por el, nin o moito que vostede sofre, nin se sinta vítima por nada.

NON SE CONVERTA EN PERSEGUIDOR!!! obsesionado por seguir os seus pasos, ou revisar as súas cousas.

EVITE CRITICAR!!! o seu comportamento violento, o desaxustado NON O ACOSE!!!, pretendendo respostas ou solucións inmediatas.

NO SE DESENTENDA!!! del non prestándolle atención ou restándolle importancia.

... E, sobre todo, PROCURE demostrarlle o seu afecto polo que el É, independentemente do que el "faga ".

VANTAXES E INCONVENIENTES PARA O COMPRADOR E O VENDEDOR DE TABACO, ALCOHOL E OUTRAS DROGAS
TI... es o negocio d século!!!

  VENDEDOR COMPRADOR (TI)
RISCOS \/ /\
BENEFICIOS /\ \/

Parácheste a pensar que cada vez que ti "perdes" alguén gana???

Parácheste a pensar que en cada trago que ti dás, alguén se enriquece?

Sabes que grazas ás túas caladas, hai grandes empresarios que se fixeron millonarios??

E ti, que ganaches?

Por iso...., hai moita xente interesada en que ti "necesites" beber para divertirte, "necesites" fumar para relaxarte..., e por iso gastan un montón de diñeiro en facerche chegar esa idea a través da publicidade. Por certo, diñeiral que tamén sae do "teu peto", cun vicio creado pola sociedade e os empresarios para que ti consumas, mentres eles se enriquecen...

 

> Terapia individualizada

  • Manter unha boa relación afectiva cos fillos e transmitirlles sentimentos de aceptación na familia
  • Estimular a autoestima e autoconfianza dos fillos, a súa capacidade para que establezan a súa propia identidade persoal e para que a valoren e acepten
  • Desenvolver certas capacidades e habilidades persoais e sociais nos nosos fillos
  • Dialogar e comunicarse cos fillos, coñecelos e saber cales son as súas neceSIDAdes
  • Informar e sensibilizar os seus fillos sobre as drogas e os efectos asociados ao seu consumo
  • Converterse nun modelo de saúde para os seus fillos
  • Potenciando valores sociais positivos
  • Establecer normas axeitadas que regulen a vida familiar
  • Promover alternativas de lecer saudables
 

> O tempo de ocio, como educar para o ocio?

Foto6.jpg

O papel dos pais como educadores para o ocio é dobre:

- por unha parte servir como modelos: se os pais son capaces de vivir o seu tempo de ocio plenamente, mediante actividades variadas, os seus fillos verán como algo natural obter satisfacción a través desa clase de actividades.

- facilitando alternativas: é importante que teñan o maior número posible de opcións adecuadas de tempo libre, acordes sempre cos seus intereses (non cos deles), é importante permitir que se relacionen con amigos cos mesmos intereses por empregar o tempo de forma saudable.

OCUPANDO O TEMPO DISPOÑIBLE...

É IMPORTANTE:

  • Responsabilizar a cada un das súas tarefas: en cada idade hai cosas que son capaces de facer e podemos estimulalos a que as fagan.
  • Compartir as tarefas da casa entre todos os membros da familia favorecerá o sentido da responsabilidade e de pertenza.
  • Valorar o esforzo na realización das tarefas: non centrándonos unicamente nos resultados, estes melloran coa práctica e co tempo.
  • Permitirlles que tomen as decisións ao asumir responsabilidades: isto facilita que aprendan a solucionar os contratempos e as frustracións da vida cotiá.
 

> Orientacións para pais preocupados

CÓMO SABER SI MI HIJO CONSUME DROGAS

Lo primero que debe tener en cuenta es que el hecho de probar una sustancia NO significa que se vaya a acabar dependiendo de ella. La mayoría de los jóvenes no consumen drogas; de los que lo hacen, la mayoría deja de consumir en poco tiempo, y de los que continúan, la mayoría no llega a tener nunca problemas de adicción. No es fácil, por tanto, adquirir una drogodependencia.

Algunas de las siguientes pautas pueden ser orientativas de una adicción a drogas (ojo!!, no siempre):

Cambios físicos:

  • Deterioro del cuidado y del aseo personal
  • Disminución o aumento del peso
  • Cara de agotamiento
  • Aparición de infecciones en la piel
  • Ojos enrojecidos sin causa aparente
  • Nariz frecuentemente congestionada
  • Sangrados nasales
  • Cambios bruscos de humor

Cambios en el desempeño laboral o escolar

  • Ausencias y tardanzas frecuentes
  • Discusiones o conflictos en el trabajo
  • Disminución del índice académico escolar
  • Fallos a la hora de completar responsabilidades o tareas

Cambios en las relaciones familiares

  • Estrés y tensión en las relaciones familiares
  • Desconfianza
  • Comunicación evasiva
  • Discusiones frecuentes
  • Aislamiento del resto de la familia
  • Disminución del tiempo compartido

Cambios en las relaciones sociales

  • Deterioro de las relaciones habituales sanas
  • Aislamiento
  • Aparición de nuevos contactos cuestionables
  • Frecuentar sitios peligrosos

Cambios en las pertenencias

  • Posesión de papeles de fumar
  • Posesión de pipas para fumar
  • Ropa manchada de sangre o fluidos
  • Dinero que no parece tener origen lógico
  • Gasto desproporcionado sin causa aparente
  • Pérdida inexplicable y frecuente de posesiones de valor
  • Aparición de envoltorio conteniendo polvos blancos, hierba u otros materiales

Cambios en las rutinas diarias

  • Episodios de insomnio alternando con períodos de somnlencia extrema
  • Falta de apetito alternando con períodos de hambre en exceso
  • Falta sin explicación a compromisos familiares importantes
  • Abandono de aficciones e intereses.

En cualquier caso, conviene mostrar calma y mantener la normalidad mientras no aparezcan esos indicios. En caso de duda, es preferible contactar con algún experto que extremar la vigilancia. Evite convertirse en un "policía" de su hijo.

SI MI HIJO HA PROBADO YA ALGUNA DROGA...

Si se ve en condiciones de hablar con su hijo, tenga en cuenta las siguientes sugerencias:

  • Debe hablar con él, quien más influencia tenga sobre él o quien sepa mantener la calma
  • A solas y sin interrupciones, fuera de casa si es posible
  • En un momento oportuno (relativa calma por ambas partes, no elegir nunca un momento de enfado ni um momento en el que se muestra bajo los efectos de haber consumido).
  • Tener claro el objetivo: conseguir que acuda a una cita de orientación
  • "Entrarle" con una actitud de confianza y respeto
  • Describir qué nos preocupa, sin juzgar su comportamiento evasivo, ni dar por hecho que tenemos razón. Frases llave: "últimamente he (hemos) notado...", "me (nos) preocupa...", " te queremos y estamos aquí para ayudarte...", etc
  • Manejar las interrupciones. Frases llave: "dame un minuto...", "termino y luego me comentas..."
  • Animarle a hablar. Frases llave: "cuéntame...", "te escucho...", "sé que es difícil hablar de esto, me hago cargo, pero te pido un esfuerzo porque me parece importante..."
  • Manejar las réplicas. Frases llave: "tal vez tengas razón, pero el caso es que estamos preocupados...", "bien, ya sé que a veces veo problemas donde nos lo hay y por lo que dices tal vez esté preocupada sin motivo; aún sí te pediría..."
  • Si su explicación no nos convence o no nos deja tranquilos, evitar juzgarle, reprenderle o desacreditarle; centrarnos únicamente en hacerle una petición concreta: que acuda con nosotros a una cita de orientación para aliviar nuestra preocupación. Frases llave: "me gustaría...", "lo único que te pido es que..."

Si no se ve con fuerzas para afrontar una conversación tan delicada, podemos ayudarle a prepararla.

SI MI HIJO QUE CONSUME NO SE DEJA AYUDAR...

Lo primero, hágase cargo de que no todo está en sus manos. Usted puede ayudar a facilitar la decisión de su hijo de ponerse en tratamiento, aunque no es seguro que vaya a conseguirlo.

Lógicamente, asumimos que usted ya ha intentado concienciarse de que lo deje. Por desgracia, esto no siempre funciona. Lo que moviliza a una persona que depende de una sustancia a abandonar el consumo es experimentar repercusiones seriamente desfavorables.

Si usted y su familia desean que su hijo interrumpa el consumo y la concienciación no ha servido, tendrán que ayudarle aumentando los costes para facilitar su decisión.

El primer paso es intentar montar un frente común en la familia de manera que actúen todos a una, con el mismo criterio. Ese frente común puede ir dirigido a dos objetivos:

  1. que pida ayuda lo antes posible
  2. que mientras no lo hace su conducta interfiera lo menos posible en el funcionamiento familiar

Puede resultar conveniente que marquen una serie de condiciones o normas básicass que debe seguir (no consumir en casa, no aparecer bajo los efectos del consumo, respetar los horarios básicos de llegada a casa, seguir asumiendo las tareas mínimas que siempre hacía, no pedir dinero a la familia para costear su consumo, etc...).

En segundo lugar, aproveche cuantas ocasiones favorables se le presenten para que inicie el tratamiento (o bien para que al menos acuda a una consulta de orientación). Procure que vea en usted a alguien a quien recurrir en solicitud de ayuda.

En cualquier caso, procure:

  • Vencer la sensación de vergüenza; esto lleva a una actitud de silencio y discreción que alarga el tiempo que transcurre hasta que se toman medidas
  • Evitar los reproches y las amenazas que no se cumplen; puede acabar "quemado" con la convicción de que nada funciona. Si no está seguro de que va a ser capaz de cumplir lo que advierte, no haga advertencias. Piénselas primero en frío, póngase de acuerdo con su pareja y, cuando estén seguros, comuniquen a su hijo la condición que le van a poner y las consecuencias en caso de incumplimiento
  • Centrarse en qué se puede hacer, en lugar de buscar un porqué a lo que está ocurriendo
  • Reducir las prisas y el sentimiento de urgencia; más vale dar pasos firmes poco a poco que un salto rápido condenado al fracaso (por ejemplo, tiene poco sentido exigirle que lo deje inmediatamente de un día para otro; es más realista y práctico pedirle que acuda a una cita con un profesional cualificado)

SI MI HIJO ACEPTA QUE LE AYUDEN CON SU PROBLEMA CON LAS DROGAS...

Puede consultar su situación y pedir orientación, llamando al teléfono del Servicio Municipal de Prevención de Drogodependencias (982 297 498).

Si desea realizar alguna consulta llame al 982 297 498, envíanos tus preguntas a: prevenciondrogas@concellodelugo.org o visítanos en el Centro Social Uxío Novoneyra, 3ª planta

Para saber más!!!

» www.inid.umh.es

 

> Material editado polo plan

Estas guías son material divulgativo dirixido a pais e nais sobre as drogas, achegando información sobre os seus efectos e pautas a seguir para evitar que os fillos/as se inicien no consumo destas drogas.

> Os pais/nais e as drogas de síntese
> Os pais/nais e o cannabis. Guía para pais e nais
> Os pais/nais fronte a cocaína. Guía para pais e nais preocupados
> Os pais fronte ao consumo abusivo de alcohol dos fillos

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h