Sumario
Información/Formación en módulos sanitarios
Consellos útiles para educadores, mestres, profesores ou titores
Programas e modelos de prevención
Información/Formación en Módulos Sanitarios
Bloque I
Bloque II (As Substancias)
Bloque III
Bloque IV
Bloque V
Bloque VI
Bloque VII (Comité AntiSIDA)
Bloque VIII
*Distribución de material de interese aos alumnos.
Descargar Manual sobre aspectos médicos relacionados coa capacidade de condución de vehículos (Test Cage y Test Audit)
Fichas de solicitud de material Centros Educativos (Programa de prevención do consumo de drogas na escola)
Normas de cumplimentación das fichas de solicitude de material
Consellos Útiles para Educadores, Mestres, Profesores ou Titores, Sobre Como Tratar o Tema da Prevención das Drogodependencias cos Rapaces
1º QUÉ É PREVIR ??
2º CONSELLOS PARA FALAR DAS DROGAS NA AULA E ACTITUDES A TER EN CONTA:
* O xeito de comprender e utilizar a información das drogas e os seus efectos está determinada pola forma en que o docente transmite os contidos e a actitude que adopta fronte o tema.
a información que se transmita, ou entregue debe:
A educación e formación son as mellores ferramentas para usarse como instrumentos de prevención. Sendo a familia a principal educadora, o colexio é o marco que ofrece mellores posibilidades para colaborar no proceso.
Esta situación óptima fundaméntase en certas comprobacións e ventaxas:
Principalmente no colexio aprende moito máis que os coñecementos que se transmiten na aula. As relacións que se viven no colexio, son fonte importante da aprendizaxe.
É o colexio donde o neno e o adolescente se relacionan cos seus pares e forman parte dun grupo. Nese marco é fácil recoñecer certos comportamentos que poden constituir, se non son correxidos, factores de risco xa suliñados.
O principal obxetivo da educación preventiva, é ofrecer ós nenos, adolescentes e xoves, principios firmes, para estar convencidos de rechazar a posibilidade do consumo de drogas.
As bases de estas intervencións deben resaltar:
Programas e modelos de prevención
Para poder asegurar a súa eficacia, a prevención debe estar presente nas materias que se dictan regularmente. Non é unha materia aparte, senón que é globalizadora.
Trátase de aproveitar os momentos axeitados para alentar comportamentos positivos e facilitar o desarrollo da conciencia crítica, en canto a drogas se refire.
Preparar un programa é elaborar un conxunto de accións que se realacionan entre sí para lograr o que se propuxeron.
Todo programa de prevención educativa debe sorprender a todo o persoal docente e non docente; necesariamente debe estar impulsado polos seus directivos, os que deben aplicar estratexias de intervención:
Finalmente, en todo programa de prevención escolar deben de respetar os seguintes NON:
A prevención do consumo de drogas na ESO
Si existe unha etapa evolutiva no desarrollo das persoas na que a acción preventiva relacionada co consumo de drogas é máis necesaria e ten maior efecto, esta é a etapa adolescente.
A educación Secundaria Obligatoria(ESO)correspóndese co momento evolutivo dos alunos entre 12-16 anos. Son anos que coinciden coa preadolescencia e a primeira adolescencia, nos que se producen importantes cambios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. É un período complexo, aínda que non necesariamnete conflictivo.
Os rapaces de estas idades defínense como suxetos en proceso de transición da infancia á xuventude e a vida adulta. Este proceso de transformación, evolución, e os propios cambios conleva, orixina desequilibrios e a veces conflictos.
A adolescencia supón unha etapa de desarrollo psicolóxico peculiar, con unha base biolóxica clara, como é o comezo da pubertade. A aparición da pubertade cas súas enormes repercusións sobre a maduración do organismo inflúe dun xeito decisivo na forma de percibir ós demais.
Este período da vida coincide coa aparición e afianzamento do que será o derradeiro dos estadios cognitivos, denominados das "operacións formais" caracterizado dende o punto de vista funcional pola aparición das estratexias de resolución de problemas propios do pensamento formal cuias características esenciais son as seguintes:
Este período da vida coincide coa aparición e afianzamento do que será o derradeiro dos estadios cognitivos, denominados das "operacións formais" caracterizado dende o punto de vista funcional pola aparición das estratexias de resolución de problemas propios do pensamento formal cuias características esenciais son as seguintes:
Nestas idades, o pensamento dos rapaces xa non vai únicamente sobre situacións é obxetos concretos, senón que é capaz de razoar dun xeito máis complexo, formando conceptos, deducindo e inducindo. En poucas palabras, comeza a superala dependencia do concreto que caracteriza ó pensamento infantil, de xeito que xa non está limitado a unha mera observación da realidade senón que empeza a ser capaz de manipular mentalmente a realidade.
Aparece un tipo de organización intelectual, que nos vai a permitir inducir á reflexión sobre asuntos da súa realidade cotidiá, á contrastación de ideas e opinións, á análise de problemáticas actuais, ó plantexamento de hipótese e as súas posibles consecuencias, etc; polo tanto, é o momento propicio para, dun xeito específico, abordar o tema das drogodependencias na aula.
A continuación, sulíñanse algunhas características psicosociais significativas do momento evolutivo que poden incidir no inicio do consumo de drogas por parte do alumnado que se atopa cursando a ESO.
ESO (características dos alunos de 12-16 anos) | |||
PRODÚCENSE CAMBIOS | |||
Psicolóxicos | Psicosociais | Fisiolóxicos | |
v | v | v | |
Operacións formais | Identidade Persoal | Autoafirmación a través do grupo | Influencia dos modelos sociais |
v | v | v | |
Preadolescencia-Adolescencia | Pubertad |
O Docente descubre que na prevención escolar a súa tarefa é sumamente valiosa, e que se manifeste a través da relación que ten cos seus alunos.
Como na familia, ten o principal privilexio do cotidiá, ademáis do continuo permanente contacto cos nenos e rapaces.
Xunto coa familia, o docente é a persoa máis axeitada para asumir unha tarefa de prevención. Para os alunos é moito máis que aquel que ensina coñecementos e lles esixe disciplina.
De este xeito, ocupa un papel de mediador entre a sociedade e o aluno, tratando de xerar un sentido crítico da realidade, para descubrir as súas contradiccións, e lograr fomentar accións para preservala ou modificala.
No tema da prevención en drogodependencias surxe a necesidade de educar para a saúde e para a vida, que constitue a prevención primaria, cos detinatarios os alunos que non tiveron contacto coa droga, e polo tanto, non son unha poboación de risco. Neste caso insístese en reforzar habilidades e o desarrollo de valores para poder afianzar a súa responsabilidade e autonomía.
Pero o docente tamén cumple un importante papel na prevención secundaria, sendo os destinatarios aqueles nenos e rapaces que tiveron algún contacto(esporádico,infrecuente) de experimentador, e que se atopan na etapa de "uso indebido".
Neste suposto, a postura alerta, non persecutoria ou de "espía", do docente é fundamental. Canto antes se detecte e actúe axeitadamente, mellores serán os resultados, si ben o diagnóstico, avaliación e posterior tratamento corresponden a especialistas, o docente é importante na identificación o máis cedo posible do problema e a búsqueda de asesoramento.
Esta tarefa non é moi diferente das oportunidades nas que se identifican outros tipos de problemas, por exemplo: de aprendizaxe, conducta, violencia, desadaptación, abandono, etc.
Moitas veces estos problemas son acusados polo consumo. As estratexias de identificación son as mesmas; só que neste caso son sostidas ademáis, pola imprescindible información e formación sobre o tema.
O docente debe contar cunha actulizada información, clara e seria, sobre a natureza e extensión do problema. Por exemplo no caso do "alcohol" nos xoves, son cada vez máis novos, casi nenos, os que inician este "xogo" para divertirse, sin ter conciencia de que o alcohol é unha droga moi perigosa, a pesar de ser legal e socialmente aceptada.