Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Profesionais |

> Sumario

 

> Tarxetas do SIDA

> Información/Formación en módulos sanitarios

> Consellos útiles para educadores, mestres, profesores ou titores

> A prevención nos colexios

> Programas e modelos de prevención

> A prevención do consumo de drogas na ESO

> O rol do docente

> Ocio e tempo libre

> Profesionais da educación

> Vivir sen drogas. Información para maestros

 

> Tarxetas do SIDA

> Descargar tarxeta

 

> Información/Formación en Módulos Sanitarios

Bloque I

  • Que son as drogas?
  • Como actúan no organismo?
  • Principais efectos sobre a saúde do consumo de drogas.
  • Factores que inflúen no seu consumo.

Bloque II (As Substancias)

  • Tabaco.
  • Alcohol.
  • Estimulantes: cocaína e éxtase.
  • Alucinóxenos.
  • Opiáceos.
  • Tranquilizantes.

Bloque III

  • Como previr?
  • Sobre que actuar?
  • Previr en positivo e non asustar...

Bloque IV

  • Os hábitos de vida saudables e a influencia do tempo de lecer.

Bloque V

  • Recursos, institucións, asociacións, enderezos e documentación complementaria de interese.
  • Dúbidas e preguntas.

Bloque VI

  • Relación drogas e SIDA.

Bloque VII (Comité AntiSIDA)

  • Qué é a SIDA
  • Sida e ser seropositivo.
  • Como se transmite a SIDA? Como non se transmite a SIDA?

Bloque VIII

  • Resumo preventivo da enfermidade
  • Dúbidas
  • Información complementaria e recursos.

*Distribución de material de interese aos alumnos.

> Descargar test

> Descargar Manual sobre aspectos médicos relacionados coa capacidade de condución de vehículos (Test Cage y Test Audit)

> Fichas de solicitud de material Centros Educativos (Programa de prevención do consumo de drogas na escola)

> Normas de cumplimentación das fichas de solicitude de material

 

> Consellos Útiles para Educadores, Mestres, Profesores ou Titores, Sobre Como Tratar o Tema da Prevención das Drogodependencias cos Rapaces

1º QUÉ É PREVIR ??

  • É anticiparse á aparición dun problema.
  • É educar desde idades temperás con elementos de protección.
  • Non é unicamente informar sobre sustancias, riscos, e consecuencias.
  • É fomenta-lo desenvolvemento de habilidades e recursos persoais.
  • É reforza-la autoestima do neno,ou rapaz.
  • É fomentar alternativas de ocupación do tempo libre.
  • Coñecer e desenvolver factores de protección.

2º CONSELLOS PARA FALAR DAS DROGAS NA AULA E ACTITUDES A TER EN CONTA:

* O xeito de comprender e utilizar a información das drogas e os seus efectos está determinada pola forma en que o docente transmite os contidos e a actitude que adopta fronte o tema.

  • Crea un clima de confianza e confidencialidade.
  • Forma máis que informa. A información soa non protexe. "informar non é educar".
  • Sente respeto polo corpo humán e a saúde .
  • Non escandalizar, criticar ou menospreciar actitudes e/ou comportamentos, senón que se pode tratar de modificalos.
  • É importante saber que as drogas legais son tamén drogas, e que frecuentemente son drogas de iniciación.
  • A túa postura fronte as drogas será sempre clara e convincente, e cunha actitude de oposición.
  • Promove a discusión de aspectos sociais e sicolóxicos dos que consumen máis que das características farmacolóxicas das sustancias.
  • Móstrate dispoñible e aberto ó diálogo, sin ridiculizar, respetando a experiencia e opinións dos alunos.
  • Sitúate no rol de adulto, non de "igual" dos teus alunos/as.
  • Utiliza estratexias axeitadas á etapa de desarrollo dos alunos.
  • Recoñece a a túa implicación na tarefa preventiva.
  • Trata de informarte, formarte e/ou capacitarte no tema.
  • Estate ó corrente do estado da cuestión sobre drogodependencias no medio ambiente escolar e no seu entorno.
  • Dispón de material de apoio e dun listado de recursos da comunidade en materia de orientación e tratamento das drogodependencias.

SEMPRE...

a información que se transmita, ou entregue debe:

  • Ser veraz, creíble, e fidedigna.
  • Estar acompañada doutras estratexias preventivas que estimulan o desarrollo de habilidades persoais.
  • Ser axeitada á idade e ó nivel de coñecementos dos alunos.

E NUNCA...

  • Sobredimensionar os aspectos dramáticos e morbosos.
  • Resaltar os aspectos negativos do consumo, e sí os positivos de "Non Consumir".
  • Resaltar excesivamente os perigos do consumo, pois o risco forma parte dos valores dos adolescentes.
  • Esquencer a promoción a análise e a discusión ó momento de entregar información.
  • Facer un inventario exhaustivo das diferentes drogas, as súas carcteríticas e os seus efectos, por risco a incentivar a curiosidades dos alunos.
  • Dar información non requerida polo alumnado ou sobre sustancias e productos descoñecidos.
  • Negarse, obviar ou rexeitar falar do tema, cando sexa preciso ou solicitado polos rapaces ou alunos que así o demanden.
 

> A prevención nos colexios.

A educación e formación son as mellores ferramentas para usarse como instrumentos de prevención. Sendo a familia a principal educadora, o colexio é o marco que ofrece mellores posibilidades para colaborar no proceso.

Esta situación óptima fundaméntase en certas comprobacións e ventaxas:

  • A etapa en que o neno asiste ó colexio atópase nunha posición máis educable, con maior capacidade de adquirir valores, hábitos, e actitudes axeitados para o seu desarrollo.
  • O tempo que o neno pasa na escola, ata ser adolescente, posibilita implementar programas continuos e avaliables no tempo, acordes a cada nivel.
  • Ofrece a posibilidade de traballar con directivos, docentes, pais, alunos persoal non docente...etc, integrados e responsables do quefacer preventivo.

Principalmente no colexio aprende moito máis que os coñecementos que se transmiten na aula. As relacións que se viven no colexio, son fonte importante da aprendizaxe.

É o colexio donde o neno e o adolescente se relacionan cos seus pares e forman parte dun grupo. Nese marco é fácil recoñecer certos comportamentos que poden constituir, se non son correxidos, factores de risco xa suliñados.

O principal obxetivo da educación preventiva, é ofrecer ós nenos, adolescentes e xoves, principios firmes, para estar convencidos de rechazar a posibilidade do consumo de drogas.

As bases de estas intervencións deben resaltar:

  • Que a maioría de eles NON consumen drogas.
  • Que a información sobre drogas non pode se sensacionalista nin ameazante.
  • Que os rapaces son solidarios cos outros, non sendo os seus cómplices, senón, polo contrario, ofrecéndolles o seu apoio e sendo un referente tetemuñal.

> Programas e modelos de prevención

Para poder asegurar a súa eficacia, a prevención debe estar presente nas materias que se dictan regularmente. Non é unha materia aparte, senón que é globalizadora.

Trátase de aproveitar os momentos axeitados para alentar comportamentos positivos e facilitar o desarrollo da conciencia crítica, en canto a drogas se refire.

Preparar un programa é elaborar un conxunto de accións que se realacionan entre sí para lograr o que se propuxeron.

Todo programa de prevención educativa debe sorprender a todo o persoal docente e non docente; necesariamente debe estar impulsado polos seus directivos, os que deben aplicar estratexias de intervención:

  • Proporcionar información e capacitación a TODO o persoal do colexio.
  • Revisar e evaluar a marcha do proxecto.
  • Promover un ambiente saudable na escola.
  • Implicar a toda a comunidade educativa na elaboración e aplicación de programas preventivos no colexio.
  • Facer partícipe do mesmo ós pais para xuntar esforzos e criterios.
  • Deseñar un proxecto educativo significa coñecer as necesidades de cada colexio para traballar con esas demandas, evitando así unha acción contra preventiva.
  • Coordinar con outras comunidades educativas tarefas conxuntas, ricas no aproveitamento de esforzos e recursos.
  • Introducir no quefacer cotidiá escolar, a "observación e o seguimento", evitando así intervencións sorpresivas, medianamente, os seguintes interrogantes:
  1. ¿Por qué facelo? ---------- Fundamento do programa.
  2. ¿Qué quero conseguir? ---------- Obxetivos do programa.
  3. ¿Cómo o vou facer? ---------- Metodoloxía.
  4. ¿A quen vai dirixido? ---------- Destinatarios do Programa.
  5. ¿En qué tempo? ---------- Cronograma do Programa.
  6. ¿En queé vai a consistir? ---------- Actividades do programa.

Finalmente, en todo programa de prevención escolar deben de respetar os seguintes NON:

  • NON usar técnicas que apelen ó medo e/ou ó sensacionalismo, que serían contra preventivas.
  • NON utilizar ilustracións, vídeos, ou películas que amosen formas de uso de drogas, que despertarían un interés innecesario.
  • NON levar adictos recuperados como únicos conferenciantes sen outras persoas que os acompañen, porque podrían despertar equivocadas interpretacións.
 

> A prevención do consumo de drogas na ESO

Si existe unha etapa evolutiva no desarrollo das persoas na que a acción preventiva relacionada co consumo de drogas é máis necesaria e ten maior efecto, esta é a etapa adolescente.

A educación Secundaria Obligatoria(ESO)correspóndese co momento evolutivo dos alunos entre 12-16 anos. Son anos que coinciden coa preadolescencia e a primeira adolescencia, nos que se producen importantes cambios fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais. É un período complexo, aínda que non necesariamnete conflictivo.

Os rapaces de estas idades defínense como suxetos en proceso de transición da infancia á xuventude e a vida adulta. Este proceso de transformación, evolución, e os propios cambios conleva, orixina desequilibrios e a veces conflictos.

A adolescencia supón unha etapa de desarrollo psicolóxico peculiar, con unha base biolóxica clara, como é o comezo da pubertade. A aparición da pubertade cas súas enormes repercusións sobre a maduración do organismo inflúe dun xeito decisivo na forma de percibir ós demais.

Este período da vida coincide coa aparición e afianzamento do que será o derradeiro dos estadios cognitivos, denominados das "operacións formais" caracterizado dende o punto de vista funcional pola aparición das estratexias de resolución de problemas propios do pensamento formal cuias características esenciais son as seguintes:

Este período da vida coincide coa aparición e afianzamento do que será o derradeiro dos estadios cognitivos, denominados das "operacións formais" caracterizado dende o punto de vista funcional pola aparición das estratexias de resolución de problemas propios do pensamento formal cuias características esenciais son as seguintes:

  • É capaz de razoar non só sobre o real, senón tamén sobre o posible.
  • Entende e produce enunciados que se refiren as cousas que non sucederon e que son puramente hipotecas e é capaz de examinar as consecuencias de algo que se toma coma unha hipótese.
  • Entende fenómenos que están alonxados no espazo e no tempo.
  • É capaz de razoar sobre problemas abertos e complexos, examinando sucesivamente diversas alternativas.

Nestas idades, o pensamento dos rapaces xa non vai únicamente sobre situacións é obxetos concretos, senón que é capaz de razoar dun xeito máis complexo, formando conceptos, deducindo e inducindo. En poucas palabras, comeza a superala dependencia do concreto que caracteriza ó pensamento infantil, de xeito que xa non está limitado a unha mera observación da realidade senón que empeza a ser capaz de manipular mentalmente a realidade.

Aparece un tipo de organización intelectual, que nos vai a permitir inducir á reflexión sobre asuntos da súa realidade cotidiá, á contrastación de ideas e opinións, á análise de problemáticas actuais, ó plantexamento de hipótese e as súas posibles consecuencias, etc; polo tanto, é o momento propicio para, dun xeito específico, abordar o tema das drogodependencias na aula.

A continuación, sulíñanse algunhas características psicosociais significativas do momento evolutivo que poden incidir no inicio do consumo de drogas por parte do alumnado que se atopa cursando a ESO.

ESO (características dos alunos de 12-16 anos)
PRODÚCENSE CAMBIOS
Psicolóxicos Psicosociais Fisiolóxicos
v v v
Operacións formais Identidade Persoal Autoafirmación a través do grupo Influencia dos modelos sociais
v v v
Preadolescencia-Adolescencia Pubertad
 

> O rol do docente

O Docente descubre que na prevención escolar a súa tarefa é sumamente valiosa, e que se manifeste a través da relación que ten cos seus alunos.

Como na familia, ten o principal privilexio do cotidiá, ademáis do continuo permanente contacto cos nenos e rapaces.

Xunto coa familia, o docente é a persoa máis axeitada para asumir unha tarefa de prevención. Para os alunos é moito máis que aquel que ensina coñecementos e lles esixe disciplina.

De este xeito, ocupa un papel de mediador entre a sociedade e o aluno, tratando de xerar un sentido crítico da realidade, para descubrir as súas contradiccións, e lograr fomentar accións para preservala ou modificala.

No tema da prevención en drogodependencias surxe a necesidade de educar para a saúde e para a vida, que constitue a prevención primaria, cos detinatarios os alunos que non tiveron contacto coa droga, e polo tanto, non son unha poboación de risco. Neste caso insístese en reforzar habilidades e o desarrollo de valores para poder afianzar a súa responsabilidade e autonomía.

Pero o docente tamén cumple un importante papel na prevención secundaria, sendo os destinatarios aqueles nenos e rapaces que tiveron algún contacto(esporádico,infrecuente) de experimentador, e que se atopan na etapa de "uso indebido".

Neste suposto, a postura alerta, non persecutoria ou de "espía", do docente é fundamental. Canto antes se detecte e actúe axeitadamente, mellores serán os resultados, si ben o diagnóstico, avaliación e posterior tratamento corresponden a especialistas, o docente é importante na identificación o máis cedo posible do problema e a búsqueda de asesoramento.

Esta tarefa non é moi diferente das oportunidades nas que se identifican outros tipos de problemas, por exemplo: de aprendizaxe, conducta, violencia, desadaptación, abandono, etc.

Moitas veces estos problemas son acusados polo consumo. As estratexias de identificación son as mesmas; só que neste caso son sostidas ademáis, pola imprescindible información e formación sobre o tema.

O docente debe contar cunha actulizada información, clara e seria, sobre a natureza e extensión do problema. Por exemplo no caso do "alcohol" nos xoves, son cada vez máis novos, casi nenos, os que inician este "xogo" para divertirse, sin ter conciencia de que o alcohol é unha droga moi perigosa, a pesar de ser legal e socialmente aceptada.

 

> Ocio e tempo libre

> O papel do tempo e a actividade na estructuración dos grupos

> Conclusións VII Reunión Nacional de Drogodependencias

 

> Profesionais da educación

> Proyedro (Ejemplo de proyecto curricular, de prevención de drogodependencias , primer ciclo de la Eso)

> Los docentes ante los consumos de drogas y la actuación para su prevención

> Prevención de toxicomanías

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h