Programas específicos con rapaces:
- XOGAR PARA PREVIR
Todas as persoas, en especial os menores, corren o risco de iniciarse no consumo dalgunha substancia considerada como droga (normalmente empezan co tabaco e/ou co alcohol).
As persoas que acoden de forma regular aos servizos sociais de atención primaria, acostuman presentar unha serie de características comúns, como poden ser: desestruturación familiar, ingresos económicos mínimos, vivendas en malas condicións de habitabilidade.... É dicir, trátase de familias multiproblemáticas. Todas estas situacións inflúen negativamente no desenvolvemento dos menores, o que supón incrementar o número de factores de risco e, polo tanto, a posibilidade de iniciarse no consumo de drogas.
Por estas razóns, pensouse na posibilidade de levar a cabo unha serie de actividades cos menores pertencentes a estes colectivos; non obstante, en vistas a non incrementar máis o gheto xa existente, cremos imprescindible que os ditos talleres se dirixan a toda a poboación.
Nas actividades mencionadas, ademais de supor unha alternativa de ocio divertida e diferente ás habituais, traballaranse valores e pautas consideradas básicas para o desenvolvemento dos menores, é dicir, compañeirismo, autoestima, respecto, asertividade, etc.
Deste modo, estarase traballando directa e indirectamente a prevención de drogodependencias:
Tras reunirnos e informar a todas as traballadoras e educadoras sociais de atención primaria do Concello, as actividades levaranse a cabo nos propios centros de servizos sociais situados nos distintos barrios da cidade, a excepción do Sagrado Corazón, que se realizarán no propio poboado do Carqueixo. Debido ás especiais características deste último, vese preciso a realización de dous talleres diferenciados, un polas mañás orientado os nenos que xa non están escolarizados (14 –16 anos, aproximadamente), e outro polas tardes para os menores en idades escolar (8 – 12 anos, xa que neste poboado adiántase a idade de inicio no consumo de drogas). Os talleres restantes están enfocados a menores con idades comprendidas entre os 10 – 12 anos, e levaranse a cabo polas tardes.
Para que a dita información chegue o maior número de poboación posible, ademais de informar ás traballadoras/educadoras sociais e ás animadoras socioculturais do Concello, consideramos que sería interesante a súa divulgación nos medios de comunicación, para que os interesados nos talleres se inscriban neles a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias ou ben nos propios Centros de Servizos Sociais. Os talleres dos que estamos a falar levarano a cabo as traballadoras contratadas polo programa Labora, tratándose dunha Socióloga (Ana Lesta Mosquera) e unha traballadora social (María Zuluaga Díaz).
- ELIXE O TEU OCIO
- CURSO TENIS DE MESA
Distribución de guías para a mocidade
Estas guías son material divulgativo dirixido a mozos e mozas sobre o consumo das drogas, achegando información sobre os seus efectos e pautas a seguir para evitar que se inicien no seu consumo ou reducir os seus riscos: