Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nueva ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Calle Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación de la Consejera
IAlc
Presentación del Alcalde
Chamanos
  • Publicidad: un enfoque crítico
  • Cumbre CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proyecto Drojnet 2

| Jóvenes |

> Programas específicos con rapaces:

- XOGAR PARA PREVIR

Todas as persoas, en especial os menores, corren o risco de iniciarse no consumo dalgunha substancia considerada como droga (normalmente empezan co tabaco e/ou co alcohol).

As persoas que acoden de forma regular aos servizos sociais de atención primaria, acostuman presentar unha serie de características comúns, como poden ser: desestruturación familiar, ingresos económicos mínimos, vivendas en malas condicións de habitabilidade.... É dicir, trátase de familias multiproblemáticas. Todas estas situacións inflúen negativamente no desenvolvemento dos menores, o que supón incrementar o número de factores de risco e, polo tanto, a posibilidade de iniciarse no consumo de drogas.

Foto.jpg

Por estas razóns, pensouse na posibilidade de levar a cabo unha serie de actividades cos menores pertencentes a estes colectivos; non obstante, en vistas a non incrementar máis o gheto xa existente, cremos imprescindible que os ditos talleres se dirixan a toda a poboación.

Nas actividades mencionadas, ademais de supor unha alternativa de ocio divertida e diferente ás habituais, traballaranse valores e pautas consideradas básicas para o desenvolvemento dos menores, é dicir, compañeirismo, autoestima, respecto, asertividade, etc.

Deste modo, estarase traballando directa e indirectamente a prevención de drogodependencias:

  • por un lado traballando as habilidades sociais xa mencionadas
  • e, por outro, polo mero feito de manter aos menores fóra do seu contorno habitual durante unhas horas (problemas familiares, pasar demasiado tempo sos na casa ou na rúa...)

Tras reunirnos e informar a todas as traballadoras e educadoras sociais de atención primaria do Concello, as actividades levaranse a cabo nos propios centros de servizos sociais situados nos distintos barrios da cidade, a excepción do Sagrado Corazón, que se realizarán no propio poboado do Carqueixo. Debido ás especiais características deste último, vese preciso a realización de dous talleres diferenciados, un polas mañás orientado os nenos que xa non están escolarizados (14 –16 anos, aproximadamente), e outro polas tardes para os menores en idades escolar (8 – 12 anos, xa que neste poboado adiántase a idade de inicio no consumo de drogas). Os talleres restantes están enfocados a menores con idades comprendidas entre os 10 – 12 anos, e levaranse a cabo polas tardes.

Para que a dita información chegue o maior número de poboación posible, ademais de informar ás traballadoras/educadoras sociais e ás animadoras socioculturais do Concello, consideramos que sería interesante a súa divulgación nos medios de comunicación, para que os interesados nos talleres se inscriban neles a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias ou ben nos propios Centros de Servizos Sociais. Os talleres dos que estamos a falar levarano a cabo as traballadoras contratadas polo programa Labora, tratándose dunha Socióloga (Ana Lesta Mosquera) e unha traballadora social (María Zuluaga Díaz).

- ELIXE O TEU OCIO

- CURSO TENIS DE MESA

> Descargar calendario "Elixe o teu ocio" e "Curso tenis de mesa"

> Descargar calendario animación en barrios

 

> Distribución de guías para a mocidade

Estas guías son material divulgativo dirixido a mozos e mozas sobre o consumo das drogas, achegando información sobre os seus efectos e pautas a seguir para evitar que se inicien no seu consumo ou reducir os seus riscos:

> Sólo para jóvenes

> A mocidade e as drogas de síntese

> A mocidade e o cannabis, sábelo todo?

> Cousas que debes coñecer da cocaína para non acabares liado

pnsd.msc.es Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: lunes a viernes y 08:30 a 14:30 h