Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nueva ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Calle Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación de la Consejera
IAlc
Presentación del Alcalde
Chamanos
  • Publicidad: un enfoque crítico
  • Cumbre CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proyecto Drojnet 2

| Presentación da Concelleira |

Foto_concelleira


Esta web nace como a culminación do arduo traballo realizado dende hai uns anos polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias. O seu labor diario, de achegamento, de educación e de concienciación á mocidade, queda plasmado nesta páxina.

No coñecemento está a maior parte da prevención. Esta web ofrece todo tipo de información sobre as distintas drogas que os máis novos poden atopar nas rúas, as consecuencias que ten o seu consumo, os problemas que ocasiona e todo tipo de cuestións destinadas a espertar o interese dos rapaces e rapazas desta cidade.

Pero non quixemos presentar unha páxina chea só de contidos, ofrecemos un lugar onde a información xoga un papel importante, pero na que os rapaces e rapazas poden disfrutar desta web obtendo un beneficio engadido. Xogos, enquisas, un foro, enlaces e un contacto directo co Servizo garanten un resultado exitoso.

Queremos que a mocidade tome unha verdadeira conciencia deste problema e queremos que o faga dun xeito ameno, que se sinta respaldada por un equipo de profesionais do que poderá obter consello e apoio. Esta páxina non só está destinada ós máis novos, tamén está orientada a todos aqueles colectivos que queren participar na prevención contra as drogodependencias, como pais e educadores, e que son imprescindibles nesta loita na que todos debemos participar.

Carmen Basadre Vázquez
Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude
pnsd.msc.es Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: lunes a viernes y 08:30 a 14:30 h