Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Ocio e Tempo de Lecer
  • Recursos Didácticos
  • Convocatorias
  • Audiovisuales
  • Publicaciones Gratuitas
  • Artigos Profesionais
  • Cinensino 08-09
  • Kreativa
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Praeventio
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Representación lucense en la CI sobre Abuso de Drogas
  • Crees que Controlas
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Presentación do Alcalde |

Foto_alcalde


As estatísticas están a ofrecer cifras alarmantes sobre drogadicción, cifras que non poden deixarnos indiferentes. De sobra son coñecidas as repercusións perniciosas que ten o consumo de estupefacientes e, aínda así, o número de consumidores segue a crecer, e, o que é máis grave, cada vez son máis novos os que comezan a consumir.

A solución para evitar estas prácticas, ademais do control policial e xurídico, vén da man da prevención. A concienciación, con programas de ocio alternativo como Elixe a túa noite; as charlas, a orientación e a axuda son unha parte moi importante desta loita. O Concello de Lugo non quere deixar de aproveitar todas as canles posibles para achegarse á mocidade e concienciala das consecuencias deste consumo, moitas veces indiscriminado. Internet supón a canle de maior dimensión, pola súa aceptación e pola súa xeneralización entre o público con máis risco de caer na dependencia.

É un pracer para min darlle a benvida a esta web, realizada co esforzo do Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo e co apoio incondicional deste equipo de goberno. O seu traballo redundará, estou convencido, nunha maior concienciación de todos aqueles que se poden sentir tentados por un mundo que, ata o de agora, non ofreceu ningunha vantaxe.

José López Orozco
Alcalde de Lugo
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h