Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Artigos e comentarios dos profesionais |

Dez cousas que se poden facer sen drogas...

1. PASALO BEN

Se usas drogas para intentar rirte, o máis probable é que os demais se rían de ti xa que non actuarás con naturalidade. Para pasalo ben, o mellor é ser ti mesmo, actuando segundo a túa forma de ser, de forma natural e con respecto.

2. SOLUCIONAR UN PROBLEMA

As dificultades só se solucionan facéndolles fronte. Se usas as drogas como un medio para solucionar un problema estaraste a crear outro. No mellor dos casos só te esqueces de xeito temporal, e o dano que te fas...?

3. RELACIONARME MELLOR COA XENTE

A simpatía ou as habilidades sociais non se adquiren por medio do uso de drogas. Para relacionarse coas persoas é mellor aprender e desenvolver condutas adaptadas socialmente.

4. EVADIRME DA REALIDADE

Hai veces que a realidade que nos toca vivir é dura e difícil e momentaneamente necesitamos evadirnos. É mellor facelo mediante a práctica dun deporte, un hobby ou unha afección; pero non coas drogas, porque corremos o risco de non regresar á auténtica realidade na que vivimos.

5. COÑECER NOVAS SENSACIÓNS

O ser humano sempre busca algo novo. É algo innato. As drogas ensínannos 'cousas' pero o prezo que hai que pagar por elas é demasiado alto. É mellor recorrer á lectura, a imaxinación, o desenvolvemento da amizade e as relacións interpersoais, o coñecemento dun mesmo, etc.

6. ESTAR Á MODA

Sinceramente, hai modas que é mellor non seguir. Así de sinxelo. Ti debes ser o dono da túa propia moda sen deixarche premer por ninguén en canto ao que debes e non debes facer. Que non che coman a vontade dicindo que isto ou o outro é o último, a novidade. Todas as drogas son moi antigas, e os resultados hai tempo que se coñecen...

7. OBTER MELLORES RESULTADOS ACADÉMICOS OU DEPORTIVOS

Talvez mellores os teus resultados eventualmente, pero a curto prazo notarás que a baixada é moito maior. Ademais estás a enganar ós demais, co que perdes credibilidade e confianza en ti mesmo. É mellor un bo esforzo que un éxito non merecido.

8. TER ÉXITO COAS RAPAZAS/RAPACES

Isto é algo desexable por todos, pero se alguén che dixo que coas drogas poderás ligar máis, enganáronte. Poderás estar máis falador ou máis risoño; pero só serán estados que duran moi pouco tempo. É mellor ser falador, xovial, entretido por natureza ou aprender a selo mediante a aprendizaxe de habilidades sociais.

9. INTEGRARME NO GRUPO DE AMIGOS/AMIGAS

Se para formar parte dun grupo necesitas tomar algunha droga é mellor que cambies de amigos. Aqueles, en realidade non o eran xa que non toleraban/permitían que ti te comportases segundo os teus propios criterios, directa ou indirectamente exercían unha presión sobre ti.

10. GOZAR DA VIDA

A todos nos gusta gozar, rir, pasalo ben. A diferenza está no xeito que utilizamos para iso. O uso de drogas altera o noso comportamento, o sentido da vida e modifica todas as nosas relacións sociais e familiares. Deste modo dificilmente se pode gozar. É mellor aproveitar e desenvolver ó máximo as posibilidades que cada un ten: a súa personalidade, os seus amigos, as súas calidades, a súa familia, ...

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h