31 outubro 2008, 29 xaneiro 2009, 20 abril 2009
Dúas sesións no horario de 10 e de 12 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.
O programa de prevención de drogodependencias CINENSINO englóbase dentro do contexto de Educación para a Saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. Para iso o programa debe ser asumido polo centro educativo ao que se lle facilita asesoramento, medios e formación imprescindible para que sexa impartido polo propio profesorado.
Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección de tres películas irase profundando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.
O programa consta dun curso de formación en drogodependencias para o profesorado, a proxección de tres películas en formato 35 mm e de tres módulos principais ou unidades didácticas para traballar cos alumnos secuenciadas en catro sesións por unidade. Cada sesión consta dunha serie de explicacións dirixidas polo profesor/a que permiten definir e orientar os contidos sobre os que se vai traballar e dunha serie de exercicios e de actividades que faciliten a reflexión e a participación dos alumnos/as.
» Folla de inscrición para profesores
Los seis sios de la luz (94 min) (David L. Cunningham, USA. , estreada en España en 2007)Baseada nunha adaptación da novela "The dark is rising" de S. Cooper. O protagonista, Will Stanton, é un mozo cuxa vida cambia radicalmente ao descubrir que é o último dun grupo de guerreiros inmortais que dedican a súa vida a loitar contra as forzas escuras ou do mal. Non hai tempo que perder pois a escuridade está a piques de resurxir outra vez para doblegar ao mundo, agora o destino do mundo está nas súas mans, pero carece da forza necesaria para facer fronte ás forzas maléficas, para iso ha de atopar os 6 signos da luz, pois lle proporcionarán a forza necesaria para derrotalas. Conseguirao? Módulo: Baixo grado de autoaceptación Lugar de proxección: Auditorio Municipal "Gustavo Freire" Horario: 10:00 A.M. e 12:00 A.M. |
El niño de Marte (105 min.) (Menno Meijes, USA., estreada en España en 2008)Un escritor de ciencia-ficción quédase viudo e entra nunha crise depresiva ao desvanecerse as súas esperanzas de formar unha familia. A súa irmá poñeralle en contacto cunha asistente social que lle propón adoptar un neno de seis anos con problemas psiquiátricos e de integración, xa que cre que é un habitante de Marte abandonado na Terra ao que un día virán recoller. A vida do escritor dá un xiro radical contorna ao mozo, tanto que os seus editores están preocupados porque deixou de escribir. Conseguirá transformar ao mozo? Módulo: Relacións satisfactorias entre os membros da familia Lugar de proxección: Auditorio Municipal "Gustavo Freire" Horario: 10:00 A.M. e 12:00 A.M. |
Pradolongo (103 min.)
(Ignacio Vilar, España, estreada en España en 2008)