Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Cineforum |

Presentación

Podemos considerar os medio de comunicación, coma unha alternativa de ocio sen máis, pero tamén podémolos usar como unha maneira de ensinar ou aprender actitudes e comportamentos saudables.

Pódese afirmar que ningún medio cultural vai estar tan presente e accesible na vida dunha persona como o cine, e dicir, o audiovisual pola súa enorme capacidade comunicativa que inflúe, impresiona e conmove á maioría das persoas que aceptan expoñerse a súa influencia.

De esta maneira o cine está demostrando ser un medio para a formación de valores; serven como criterio para emitir un xuício, determinan as preferencias, as opcións e as decisións que tomamos; están no fondo dos nosos coñecementos, crenzas e actitudes. Dun modo específico demostrou ser sumamente útil para crear un clima de convivencia pois, anque cada un o vexa dende a súa perspectiva e interese, a visión en común dunha película facilita que surxan vivencias comúns e, grazas a elas, que se abra paso ó diálogo, á negociación, á transacción. Os conflictos que se proxectan na pantalla e resolvense dun modo detreminado, son ensinanzas da vida e para a vida, permiten o análise crítico dos valores e contravalores que os detreminan, e incluso facilitan o cambio de actitudes.

OBXECTIVOS:

  • Pensar nas propias percepcións respecto as diferencias asociadas ó xénero e cómo poden estra influenciadas polos medios en xeral e nas películas en particular.
  • Tomar conciencia de cómo as imáxes "pintan" a realidade".
  • Favorecer o desenvolvemento de actitudes e valores favorecedores de salud, a ocupación do tempo mediante o ocio e deportes.
  • Potenciar a autoestima, a capacidade de decisión, a autonomía personal e reforzar a asertividade como medios para potenciar a resistencia á presión do grupo.
  • Desenvolver a creatividade a partir do cine.
  • Recoñecer a necesidade de educar en valores a través do cine.
  • Considerar o cine coma un recurso que nos ofrece unha amplia variedade de escenarios relacionados cos valores e cos porblemas persoais e sociais.
  • Modificar algúns factores de risco e potenciar aqueloutros facilitadores dunha maior protección.

DESTINATARIOS:

Todos os rapaces e rapazas do barrio Lamas de Prado.

METODOLOXÍA:

Os seguintes apartados servirannos para desenvolver o cineforum de xeito produtivo:

  • ANTES DA PROXECCIÓN:

    • Intenta un acercamento a modo de cuestións e actividades ás posíbles temátivas a abordar.
    • Ofrece ferramentas que faciliten a comprensión do que van ver
    • Descubrimento de coñecementos previos que poseen os rapaces sobre o tema base da película

    En resumidas contas trataríase de incentivar , espertar a motivación e o interese pola película que van ver.

  • DESPOIS DE VER A PELÍCULA:

    Traballo grupal:

    • Interacción de aprendizaxes, posta en común das impresións.
    • Valoración das impresións que suscitou
    • Destacar o tema principal en común
    • Trátase da interiorización dos contidos, valores e actitudes

    Traballo individual: Encher a ficha que lle entregamos ó principio da proxección

 

PRÓXIMA PROXECCIÓN

 

> La Espalda Del Mundo

Venres 2 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos Uxío Novoneyra

Peli1.jpg

Ano: 2000
Nacionalidade: Española
Xénero: Drama
Director: Javier Corcuera
Duración: 90 Min.

Subtitulada
Non recomendada para menores de 13 anos

"El Papa, Clinton y demás poderosos deberían verla cada noche"
Javier Ocaña (Cinemanía)

ESTE DOCUMENTAL VAI A RETRATAR A VIDA DE 3 PERSOAXES DISTINTOS CON VIDAS E SITUACIÓNS DISTINTAS, PERO QUE COMPARTEN NO FONDO ALGO EN COMÚN: O INCUMPLIMENTO DOS UNIVERSAIS DEREITOS HUMÁNS:

GUINDER RODRÍGUEZ ten 11 anos. pertence a unha familia composta por mai, pai e 3 irmáns máis. Viven nunha casa- chabola en Carabayllo, un povo da periferia de Lima. Como os seus amigos, traballa como picapedreiro e tenta compaxinar traballo e educación. De mayor quere ser contable.
LEYLA ZANA estaba embarazada do seu 2º fillo cando encarcearon o seu marido Medí. Aprendeu a falar turco para poder visitalo na cadea. Logo empezou a estudar e chegou a ser a 1ª muller kurda elexida Diputada por Diyarbarki.
THOMAS MILLER-EL leva dende 1986 no corredor da morte de Texas (USA) acusado de roubo e 2 asasinatos. dende entón coñeceu a 120 persoas que foron executadas e tivo 10 datas de execución que non se cegaron a cumplir grazas ás apelacións presntadas polo seu avogado.

Recoñecementos:

  • Premio da Crítica Internacional do Festival de Cine de San Sebastián 2000
  • Premio da OCIC. Festival de Cine de La Habana 2000
  • Seleccionada para o Festival de Sundance 2001
 

ANTERIORES PROXECCIÓNS

 

> La Novia Cadáver

Xoves 25 de maio ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli2.jpg

Sinopse:

Este filme de animación de Tim Burton, vainos contando fotograma a fotograma a historia de Víctor. Baseada nunha historia popular, unha parella obrigada a contraer matrimonio por imposición familiar viven a súa particular historia huesuda de amor.

Víctor é un xoven fillo duns novos ricos, que se vai casar ca filla duns arruinados da aristocracia, Victoria.

Durante os ensaios da boda todo lle sae mal o pobre Víctor e sae ó bosque intentando unha e outra vez rematar de recitar os votos. E o logra ca tan mala sorte que no momento de rematar, cando pon o anel nunha ramiña dunha árbore, a terra móvese e do interior surxe unha muller-morte vestida de noiva.

Outra vez Tim Burton nos introduce nun mundo fantástico de persoaxes imposíbeis co seu aderezo persoal de autor antiheroico.

Nesta historia vese como Víctor e a súa noiva cadaleito teñen que superar unha fronteiras impensábeis.

O mundo dos mortos ten moita vida, ó contrario do que puidésemos pensar, alí todos teñen un pasado común como vivos, unha historia que todos comparten, pola que brindan cada noite, pola que ríen ou choran.

Aparece a intención de Burton de reflexar un mundo real e normal que é monótono. Triste, cheo de penurias e indigno de ser vivido e un mundo de mortos, cálido, colorido, divertido e cheo de felicidade.

Este divertido e entretido filme nos ensina como Víctor aprende que non hai nada neste mundo, nin no seguinte, que poida separalo do seu verdadeiro amor. É UN CONTO DE OPTIMISMO E ROMANCE.

 

> El Gato

Xoves 18 de maio ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli3.jpg

Sinopse:

Sally e Conrad, diferentes como o día e a noite, esgotaron a paciencia da súa mai solteira, Joan Walden. As trasnadas de Conrad fixeron que a súa nai pense seriamente a suxerencia do seu veciño e pretendente Lawrence Quinn, de enviar ó seu fillo a unha academia militar. Sally (a filla) ten unha conduta mellor pero non ten amigas porque ningunha soporta o seu carácter mandón, que lle leva a regañar sen cesar ó seu irmán. A mai trata de manter a paz no fogar e o mesmo tempo desenvolver con éxito unha carreira nunha axencia inmobiliaria. Pero ese día Joan ten que organizar unha festa de empresa e, farta das trastadas de Conrad, lanza un Real Decreto Materno: Sally e Conrad non poderán sair da casa mentras ela esté no traballo, e lles queda prohibido romper algo ou facer a máis mínima trasnada. Os rapaces se quedan sen nada que facer que non sexa mirar pola fiestra mentras a súa coidadora, a señora Kwan, durme no salón. Entón é cando chega un invitado inesperado, un xenuino animal festeiro que lles fai unha revelación inesperada que cambiará as suas vidas.

"Está ben divertirse... pero hai que saber cómo facelo".

"El gato" está baseado nunha rima infantil do autor Ted Seuss Geisel, cuxa obra, dirixida a nenos pequenos, pretende espertar a imaxinación e dar leccións morais básicas: A sinceridade, comezar a ser Responsábel e o saber aprender dos erros.

Tamén é xusto dicir que o conto do autor non conta con máis de 300 palabras polo que os directores da película tiveron que facer virguerías e algunha chapuciña cos efectos especiais, para que o filme dure 83 minutos e enganche.

 

> Valiant

Xoves 11 de maio ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli4.jpg

Sinopse:

A película rescata a historia dunha delas, Valiant, un pequeno e soñador pichón da Inglaterra rural que desafía as súas propias limitacións e xunto cos seus amigos únese ó Servizo Real das Pombas Mensaxeiras, onde os prepararán para seren os mellores. Valiant coñecerá na súa aventura ó seu compañeiro Bugsy, á enfermeira Victoria, coa que nace o romance, ó duro sarxento instructor, e outros pombos novatos.

Pero un día chegan malas novas; terán que saír precipitadamente cara a Francia na súa primeira misión: reunírse coa resistencia- os ratos- e voltar cunha importante mensaxe a Inglaterra tratando de non caer nas garras dos falcóns de Luftwaffe que vixilan atentamente o Canal da Mancha.

Película dirixida a un público infantil, aínda que inclúe certos guiños cinéfilos que será do agrado dos adultos.

Trátase dunha historia de superación, no que un pequeno pichón madura nun mundo maior do que había imaxinado, cando todo o mundo lle decía que era moi pequeno para marcar a diferenza.

O filme apunta reflexións críticas hacia ó exército e hacia á guerra en xeral, pois cando non quedan soldados, porque están todos mortos, empézanse a reclutar nenos, como é o caso de Valiant (e tamén de moitos reclutados nos últimos momentos da II guerra Mundial). O papel de pomba mensaxeira que encarna o protagonista, trata o lado máis pacífico dunha guerra presentando os valores de colaboración, cooperación, o amor, o dereito á vida de todos (sexan bos ou os malos), a fidelidade, a responsabilidade...

Con esta película pódense traballar os contravalores que desprende unha guerra. Facerlles ver que hoxe en día existen moitas guerras, e os desastres que elas provocan. O sufrimento impotente das persoas e os intereses económicos que se interpoñen ós Dereitos Humanos Universais das persoas.

NON ÁS GUERRAS

 

> Chicken Little

Xoves 3 de maio ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli5.jpg

Sinopse:

Transcorre un ano dende o "desafortunado incidente da landra" cando Chicken Little causou unha gran revolta no seu pobo natal Oakey Oaks o proclamar que o ceo estábase a caer tras ser golpeado na cabeza polo que aparentemente era unha landra. Sen contemplacións, o valiente poliño únese o equipo local de béisbol coa espranza de restablecer a súa reputación e gañárse o respecto do seu pai, Buck Cluck. Cando él conduce o pobo a unha inesperada victoria, convirtese no centro de atención; pero tan pronto como o poliño campeón é redimido, volve a recibir outro golpe na cabeza. ¡ E esta vez o ceo sí que estaba caendo! Temeroso de ser tachado outra vez máis de tolo, négase a decirle a ninguén o sucedido. En lugar diso, recluta a axuda dos seus amigos máis cercanos- Runt el Benjamón, Abby Patosa, e pez fóra da auga- nun intento por salvalo mundo, sen facer que todo o pobo entre novamente en pánico.

Nesta divertida película, atopamos valores coma o compañerismo, a amizade, a comunicación, a sinceridade, o respecto os demáis, o valor e a valentía; así como a importancia da familia no crecemento e na educación dos/as fillos/as.

 

> Los Increíbles

Xoves 27 de abril ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli6.jpg

Sinopse:

Bob Parr acostumaba ser un dos máis grandes superheroes do mundo, salvaba vidas e loitaba contra viláns a miúdo. Pasados 15 anos Bob mais a súa muller (unha famosa exsuperheroína por dereito propio) adoptan unha identidade civil e se retiran á periferia para levar unha vida normal cos seus tres fillos. Bob adícase a comprobar os prazos das reclamacións de seguros e luita contra o aburrimento e os sus "michelíns". Está desexando volver a entrar en acción, así que cando recibe unha misteriosa comunicación que lle ordea dirixirse a unha arredada illa para cumprir unha misión de alto segredo, non o cavila dúas veces…

"Los Increíbles" xunto con "Robots" ( xa proxectada), fomentan outro tipo de valores dos que Disney nos acostumara, vendéndonos un mundo idílico onde as personaxes triunfan se son loiros, fortes e guapos. Neste filme o importante non é o aspecto nin o glamour para ser feliz. O único importante son as persoas e os seus sentimentos, independentemente do seu aspecto exterior.

 

> La Maldición De Las Verduras

Xoves 20 de abril ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli7.jpg

Sinopse:

A "vexetalmanía" apodérase do pobo onde viven Wallace y Gromit; os nosos intrépidos heroes convertéronse no dúo "Anti-pesto" dedicado ó control de alimañas. O concurso anual de Verduras Xigantes achégase e o negocio non pode ir mellor, ata que un coello, verdadeiro monstruo nocturno, comeza a atacar e devastar os sagrados hortos do pobo.

Os habitantes están desesperados, e o mesmo concurso vese ameazado ata que Lady Tottington, fermosa herdeira e anfitriona do concurso, impresionada polos métodos de Wallace, contrata a "Anti-pesto" para cazar a besta.

Os valores que poden apreciarse na película son o traballo en equipo, a amizade, a liberdade, a convivencia, o respecto e a cooperación.

 

> Robots

Xoves 6 de abril ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli8.jpg

Sinopse:

Rodney Copperbottom vive nun marabilloso mundo imaxinario poboado por seres mecánicos sendo considerado un xenio inventor. Rodney, ten dous soños: facer do mundo un mellor lugar para vivir e coñecer o seu ídolo, o maestro inventor Bigweld.

Na súa viaxe na búsqueda de Bigweld, Rodney coñece unha serie de marabillosos personaxes, entre eles a Cappy, una fermosa robot executiva con quen Rodney instantáneamente simpatiza, o nefasto tirano corporativo Ratchet (Greg Kinnear) que se convirte nunha ameaza para Rodney; así coma un grupo de robots inadaptados coñecidos como os Rusties (los oxidados) encabezados polo simpático Fender e pola inxeniosa Piper Pinwheeler.

¿Qué lle sucede a este xoven robot que deixa a casa dos seus pais na procura de realizar os seus soños?

Os valores que poden apreciarse na película son a solidariedade, amizade, a familia; entender que non todas as cousas novas son útiles e as vellás inútiles; e que pase o que pase nunca debemos deixar de loitar.

 

> Madagascar

Xoves 30 de marzo ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli9.jpg

Sinopse:

O filme céntrase en catro residentes e estrelas do famoso zoolóxico do Central Park: un león, unha cebra, unha xirafa e un hipopótamo embarazado. Cando un desaparece, os outros tres escàpanse para buscalo, sendo capturados os catro e enviados de volta a África. Pero un accidente deixaos na costa de Madagascar. Tras convivir con humáns todas as súas vidas, non coñecen nada da vida salvaxe e da supervivencia. Mentras exploran o lugar coñecen ós lugareños e os seus inimigos carnívoros.

Os contidos que se desprenden son o pacifismo, a liberdade, a amizade.

O desenvolvemento de habilidades sociais, beleza exterior e interior das persoas.

O Traballo en equipo.

Valores: liberdade, amizade, paz, tolerancia

 

> Buscando a Nemo

Xoves 23 de marzo ás 18:00 no Centro Social Praza do Castiñeiro

Peli10.jpg

Sinopse:

Este filme conta a divertida e incrible singradura de dous peixes: o superprotector Marlin e o seu curioso fillo Nemo, que se ven obrigados separarse na Gran Barreira do Coral. Coa axuda dun simpático pero despistado peixe, chamado Dory, Marlin embarcarase nuhha perigosa viaxe, e rematará converténdose no heroe dunha verdadeira epopeia cuxo fin é rescatar o seu fillo, Nemo, quen xa maquinou un plan maquiavélico para volver a casa sán e salvo.

Temas que trata:

  • A adaptación e o inicio escolar
  • A perda dalgún membro familiar
  • A escola e a función docente
  • A comunicación
  • O medio ambiente: o mundo mariño
  • A igualdade de oportunidades
  • Educación para a saúde e a educación viaria

Os valores que se desprenden son a responsabilidade, cooperación e a solidariedade.

 

> Charlie y la fábrica de chocolate

Peli11.jpg

Sinopse:

Charlie é un neno de bo corazón e familia humilde que acadou o seu gran sono: poder entrar na fábrica de chocolate propiedade do excéntrico willy wonka, tras acadar o billete escondido no interior dunha chocolatina.

Os temas que se reflexan na película son entorno a familia (os distintos tipos de familia), a educación para o consumo-consumo racional-; educación para a saúde; a beleza interior e exterior das persoas, e o traballo en equipo.

Os valores que podemos atopar na película son: a bondade, convivencia, comprensión, cooperación.

E contravalores: avaricia, pereza, competitividade.

pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h