Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*Nova ubicación
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Rúa Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3ª planta
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentación da Concelleira
IAlc
Presentación do Alcalde
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Ciclo de Cine Xuvenil |

> Corre Lola, Corre

Venres, 25 de maio ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli1.jpg

Dirección: Tom Tykwer
Fotografía: Frank Griebe
Xénero: Thriller
Nacionalidad: Alemania
Ano: 1998
Duración: 79 min.
Reparto:Franka Potente (Lola), Moritz Bleibtreu (Manni), Herbert Knaup (Lolas Vater), Nina Petri (Jutta Hansen).
Música: Reinhold Heil, Johnny Klimek, Tom Tykwer.
Montaxe: Mathilde Bonnefoy

Sinopse:
Corre Lola, corre é un extraño filme alemán cuyo argumento case pode deducirse do título. Faltan vínte minutos para o mediodía e Lola (Franka Potente) recibe unha chamada telefónica do seu mozo Manni (Moritz Bleibtreu): o rapaz extraviou os 100 mil marcos que lle tiña que entregar a un gángster e está decidido a asaltar un supermercado para volver a reunilos. A cita co mafioso é as doce en punto. Lola ten vínte minutos para idear a solución. Ou canto menos, para chegar a aquela esquina e abortar aquel atraco no que Manni leva todas as de perder. A mesma historia relátase en tres ocasións pero con consecuencias diferentes en función do tempo. Corre Lola, corre é unha película que nos ensina o importante que é calquer momento, e calquer segundo das nosas vidas. ¿É tan importante unha sola decisión?

Recoñecementos:
Entre os numerosos premios recibidos destacamos:

  • Premio do Público, Festival de Sundance, 1999
  • Premio á Mellor Película da Academia Cinematográfica Alemana, 1999
  • Premio ó Mellor Director da Academia Cinematográfica Alemana, 1999
  • Premio ó Mellor Montaxe da Academia Cinematográfica Alemana, 1999
  • Premio á Mellor Fotografía da Academia Cinematográfica Alemana, 1999
  • Premio á Mellor Película, Academia de Cine Bávaro, 1999
  • Premio a la Mejor Película Extranxeira nos Premios Espíritu Independente, 2000
  • Premio Ernst Lubitsch á Mellor Película, 1999
 

> PROXECCIÓNS ANTERIORES

 

> Sempre Xonxa

Venres, 18 de maio ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli2.jpg

Dirección:Chano Piñeiro
Guión: Chano Piñeiro
Música: Pablo Barreiro, Carlos Ferrant, Marcial Prado
Productora: Produciós Cinematográficas Piñeiro
Xénero: Drama
Ano: 1989
Duración: 114 min.
Reparto: Uxía Blanco, Xavier R. Lourido, Miguel Insua, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Casteleiro, Rodrigo Roel, Aurora Redondo, Loles León, María Viñas, Roberto Fernández, Manuel Alonso Pérez, Gisela Romero, Javier Rocha

En 1988 Chano Piñeiro inicia a rodaxe de Sempre Xonxa. ser unha das primeiras longametraxes de ficción en galego. A rodaxe, por motivos económicos e técnicos, demorouse durante ano e medio.

Sinopse:
Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven plácidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada. A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986 e estrutúrase en catro episodios vencellado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno. Destaca o personaxe de Caladiño que entronca coa Galicia máxica e lendaria dos contos populares.

“Sempre Xonxa é para o cinema galego, o que Cantares Gallegos é para a nosa literatura”

 

> La Vendedora De Rosas

Venres, 11 de maio ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli3.jpg

Dirección: Víctor Gaviria
Guión: Víctor Gaviria
Producciòn: Producciones Filmamento
País: Colombia
Año: 1998
Duración: 110 min.
Reparto:Leidy Tabares (Mónica), Marta Correa (Judy), Mileider Gil (Andrea), Diana Murillo (Cachetona), Liliana Giraldo (Claudia), Alex Bedoya (Milton), Giovani Quiroz (El Charco)

Non recomendada para menores de 18 anos

Sinopse:
Mónica ten trece anos e xa se revelou contra todo. Creou o seu propio mundo na rúa, onde loita con coraxe para defender o pouco que ten: as súas amigas, tan nenas como ela; o seu noivo, un traficante de drogas; e o seu orgullo, sen concesións a ninguén. A noite de Nadal, como todas as noites, vende rosas para gañarse a vida e para mercar o soño dunha velada con roupa recén estreada e unha saída co seu noivo, pero a vida depáralle unha nova cita ca soidade, a pobreza, a droga, e a morte. Mónica é a outra cara dunha cidade intensa e cruel como Medellín ou coma calqueira outra cidade onde os nenos da rúa non teñen cabida neste mundo.

Recoñecementos:
A película recolleu un total de 14 premios, entre os que destacan os seguintes:

  • Premio ARCI-LUCA- Nenos actores
  • Premio OCIC, *Premio especial CARACOL, *Festival Internacional de Bratislava premio do Xurado- Víctor Gaviria
  • Mención especial, *Mellor actriz - Lady Tabares
  • Película nominada no Festival de Cannes (Palma de Oro)
  • etc.

Lecturas:
Está baseada no conto "La vendedora de cerillas" de Hans Christian Andersen.
A situación de empobrecemento dos nenos que se reflexan na película, fai encamiñr aos protagonistas hacia unha espiral de violencia, drogadición, delincuencia, abuso e degradación. Os mesmos actores e protagonistas interprétanse a sí mesmos: tamén son nenos da rúa.
É unha película dura e con vocación de retrato social.
Trátase de cine imprescindible, comprometido ca propia comunidade.

 

> El Efecto Iguazú

Venres, 4 de maio ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli4.jpg

Dirección: Pere Joan Ventura
País: ESPAÑA
Año: 2002
Duración: 95 min.
Música:Manu Chao e Reverendo
Xénero:Documental
Montaxe:Anastasi Rinos
Guión:Georgina Cisquella e Pere Joan Ventura
Fotografía:Alberto Molina
Interpretación: Todos os traballadores de Sintel no camapamento "La Esperanza"
Música: Manu Chao e Reverendo

Sinopse:
Este documental mostra a luita dos traballadores de Sintel durante os 187 días que estiveron acampados na "beira da Castellana". Os oitocentos empregados da empresa de telecomunicacións Sintel, cun alto índice de afiliación sindical, estaban acostumados á negociación e a movilización para establecer os seus convenios. Pero de súpeto atopáronse na rúa. A venta fraudulenta da empresa, a falta de interlocutores e a nula resposta do goberno lanzáronlles a unha acción sen precedentes no madrileño Paseo da Castellana. Da noite á maña, trocaron a vida na súa casa, cas súas familias e os seus fillos, pola convivencia máis extrema, en tendas de campaña e chabolas que se construíron no centro financieiro da capital.

Recoñecementos:

  • Acadou o segundo premio da sección "Tiempo de Historia" do Festival de Cine de Valladolid 2002.
  • Foi candidata ó Goya 2002 á mellor película documental.

Datos de Interese:
Os beneficios da película foron destinados á Asociación de traballadores de Sintel. Os temas musicais de Manu Chao e de Reverendo foron cedidos desinteresadamente.

 

> Ser O No Ser

Venres, 27 de abril ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli5.jpg

Dirección: Cristophe Barratier.
País: U.S.A
Año: 1942
Duración: 95 min.
Música:Werner R. Heymann
Interpretación: Jack Benny (Sr. Tura), Carole Lombard (Sra. Tura),Sig Ruman (Ehrhardt, Comandante "Campo de concentración").
Música: Bruno Coulais.

Sinopse:
'Ser o no ser' é, xunto a 'El gran dictador', un fermoso filme de Chaplin, a parodia máis divertida e inspirada que se fixo no cine sobre Hitler e o nazismo. É duro facer humor, aínda que seña sarcástico, acerca dunha das máis grandes barbaries da historia, que tanta dor provocaron, pero o talento de Lubitsch nesta 'Ser o no ser' fan dela unha película maravillosa e na que polo humor non se perde a denuncia.
Unha compañía teatral promociona unha obra sobre o nazismo e un dos seus actores paséase disfrazado de Hitler polas rúas de Varsovia, sementando o desconcerto na poboación. A partires de aquí as confusións, os malos entendidos e as intrigas desta compañía serán habituais e con elas os espectadores disfrutarán dunha das mellores comedias da historia do cine, que tamén fai unha grande homenaxe ao mundo do teatro e dos seus actores, xa dende o shakespeariano título.
É un brilante exercicio crítico da ocupación nazi de Polonia a través da comedia, o mellor conduto para desmontar o absurdo.

 

> Los Chicos Del Coro

Venres, 20 de abril ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli6.jpg

Dirección: Cristophe Barratier.
País: Francia - Suiza - Alemania.
Año: 2004.
Duración: 95 min.
Interpretación: -Gérard Jugnot (Clément Mathieu), François Berléand (Rachin), Jean-Baptiste Maunier (Pierre Morhange neno), Jacques Perrin (Pierre Morhange adulto), Karl Merad (Chabert)
Música: Bruno Coulais.
Fotografía: Dominique Gentil, Carlo Varini.

Sinopse:
En 1949, Clement Mathieu, profesor de música sem emprego entra como instrutor nun centro de educación para mineiros. O sistema é particularmente represivo, cun director partidario de manter o autoritarismo cos alumnos difíciles. Mais perfeccionanto o canto Clement vai transformar a vida do alumnado.
Este filme trata específicamente a problemática da escola dende a perspectiva do profesorado. A trama xira en torno á relación que ten o profesorado co alumnado. Ademáis esta película aborda de xeito claro e contundente a problemática social e a situación familiar do alumnado.

Recoñecementos:

  • Acadou dúas candidaturas ao Oscar, as correspondentes á mellor canción orixinal e película en língua extranxeira.
  • Acadou o Premio de Cine Europeo á mellor banda sonora.

Lectura:
A dimensión humanizadora da música vai axudar na labor educativa duns xóvenes con maior risco social . Móstranos o contraste de dúas formas de ensinanza e dous mundos de valores distintos, onde nos permite comprobar as posibilidades do diálogo educativo fronte a imposición do castigo. A música vai ser o medio privilexiado para cambiar ás persoas e transformar ó mundo.

 

> Lola Vende Cá

Venres, 13 de abril ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli7.jpg

Dirección: Llorenç Soler.
País: España.
Año: 2000.
Duración: 92 min.
Interpretación: Cristina Brondo, Miguel el Toleo, Carmen Muñoz, Antonio Reyes, Mercedes Porras, Carles Flavià, Tortell Poltrona.
Guión: Pep Albanell e Llorenç Soler.
Produción: Ferran Llagostera e José Antonio Romero.
Música: Eduardo Arbide.
Fotografía: Xavier Camí.
Montaxe: Pepe Abadal.
Decorados: Abdo Martí.

Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse:
A película é unha historia de xitanos no ano 2000.
Trata dunha historia de amor na comunidade xitana de Barcelona, onde os protagonistas nos mostran en primeira persoa os seus ritos e costumes.
Lola é unha xoven xitana de orixe incerto que foi adoptada, recén nada, por unha familia entre a que medrou cas costumes e tradicións xitanas. Cando a xoven remata o bacharelato plántexase, en contra da súa familia e do seu entorno social, continuar os seus estudos e facer a carreira de maxisterio. Nese intre da súa vida adolescente aparece o amor ó coñecer a Juan, un xitano da súa idade.

Recoñecementos:

  • Premio de interpretación (Cristina Brondo)
  • Premio do Público á mellor Película Festival de Alcalá de Henares
  • Premio do Público á mellor Película Festival internacional De Nantes

Análise socioafectivo:

  • Os valores tradicionais
  • A importancia da familia
  • O amor
  • A amizade
  • A defensa das propias convicións
  • A comunicación
  • O respeto polas diferencias
  • A interculturalidade
  • Os estudios, loita por continuar facéndoos
  • Respeto os maiores

Os contravalores:

  • A discriminación entre sexos
  • O machismo
  • O racismo
  • A difamación
  • Os prexuizos
  • Diferencias sociais
 

> Bowling For Columbine

Venres, 30 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos do C.S. Uxío Novoneyra

Peli8.jpg

Dirección e guión: Michael Moore.
Países: USA y Canadá.
Ano: 2002.
Duración: 123 min.
Xénero: Documental.
Intervencións: Arthur A. Busch, George W. Bush, Dick Clark, Barry Galsser, Charlton Heston, Marilyn Manson, John Nichols, Chris Rock, Matt Stone.
Produción: Michael Moore, Charles Bishop, Jim Czarnecki, Michael Donovan y Kathleen Glynn.
Música: Jeff Gibbs.
Fotografía: Brian Danitz e Michael McDonough.
Montaxe: Kurt Engfehr.

Estreo en España: 21 Marzo 2003
Non recomendada para menores de 13 anos

Sinopse:
Tomando a masacre do instituto Columbine como punto de partida, a película é unha exploración personal e artística da natureza da violencia nos Estados Unidos que consiste en fragmentos de publicidade de armas de fogo, animacións satíricas sobre a historia de Norteamérica e entrevistas de Moore a varias persoas, entre elas Charlton Heston e Marilyn Manson.
Moore busca, co seu estilo persoal, saber por qué tivo lugar a masacre de Columbine, e por qué Estados Unidos ten unha taxa de crimes violentos moito máis alta (na que soen estar implicadas as armas de fogo) que outros países democráticos como Alemania, Francia, Xapón, O Reino Unido e, especialmente, Canadá.

Comezouse a proxectar o 11 de outubro de 2002.

Recoñecementos:

  • Oscar á mellor largometraxe documental en 2002.
  • Premio do 55º aniversario do Festival de Cannes.
  • Premio César da Academia de Cinematografía Francesa á mellor película extranxeira en 2003.
 

> Salvador

Venres 23 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos Uxío Novoneyra

Peli9.jpg

Ano: 2005
Nacionalidade: Española
Xénero: Drama
Dirección: Manuel Huerga
Música: Lluis Llach
Fotografía: David Omedes
Montaxe: Aixalà e Santy Borricón
Dirección Artística: Antxón Gómez
Reparto: Leonor Walting, Ingrid Rubio, Daniel Brühl, Leonardo Sbaraglia, Tristán Ulloa...

Sinopse:
O 2 de marzo de 1974, o xoven militante do "Movimiento Ibérico de Liberación" , Salvador Puig Antich, convertiuse no último preso político executado en España mediante "garrote vil". Ésta é a súa historia e a dos intentos desesperados da súa familia, compañeiros e abogados por evitar a súa execución.
A película está baseada na novela Compte enrere (Cuenta Atrás) de Francesc Escribano e está suscitando tanto críticas como numerosos aplausos.
A morte tráxica e cruel deixa unha gran pegada, durante anos, a toda unha xeneración que aínda se pregunta se puido facer algo máis para evitar unha execución tan terrible como inútil.

O compositor da banda sonora orixinal é Lluís Llach, músico que viviu intensamente a situación política do franquismo e que, precisamente, adicou o seu tema "I si canto trist" á lembranza de Puig Antich. A recreación desta etapa do franquismo tamén estará acompañada dos temas musicais que puxeron o contrapunto e enmarcaron unha época cos acordes de, por exemplo, Cat Stevens, Leonard Cohen e Pink Floyd.

Recoñecementos:

  • GOYA ó Mellor Guión Adaptado para Lluís Arcarazo (2007)
  • PREMIO TIRANT á Mellor Película Española
  • PREMIO DO PÚBLICO no Festival de Würzburg
  • MEDALLA DO CÍRCULO DE ESCRITORES CINEMATOGRÁFICOS (CEC) ó guionista Lluís Arcarazo.
  • SETE PREMIOS BARCELONA DE CINE, concretamente nas categorías de: Mellor Película, Mejor Dirección, Mellor Fotografía, Mellor Montaxe, Mellor Música, Mellor Dirección Artística e Mellor Interpretación Masculina (Daniel Brühl).
  • PREMIO CINEMANÍA ó acontecemiento cinematográfico do ano. Cadena SER
  • PREMIOS ONDAS Cadena SER
  • PREMIO DO PÚBLICO NO 11 FESTIVAL DE CINE ESPAÑOL DE
  • TOULOUSE E MIDI PYRÉNÉES, CINESPAÑA 2006.

Este proxecto que quere contribuir a recuperar a memoria histórica de un dos feitos máis tráxicos da última etapa do franquismo, concienciar da necesidade da revisión do proceso xudicial e a manifestar o rexeitamento da pena de morte.

 

> Mediterráneo

Venres 16 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos Uxío Novoneyra

Peli10.jpg

Ano: 1991
Xénero: Comedia-Drama
Director: Gabriele Salvatores
Duración: 96 Min.

Subtitulada
Non recomendada a menores de 13 anos

Sinopse:
Durante a 2ª Guerra Mundial un grupo de soldados italianos deben permanecer nunha pequena illa grega para custodiala por motivos extratéxicos. Tralo desembarco a súa nave afúndese e a radio non funciona.
Están incomunicados. A illa que inicialmente parece deserta, está habitada por mulleres, anciáns e nenos. Os soldados comezarán a relaxarse e a integrarse cos habitantes da illa, esquecendo incluso que son soldados e están en guerra.

Oscar á mellor película extranxeira 1992

 

> Rosetta

Venres 9 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos Uxío Novoneyra

Peli11.jpg

Ano: 1999 Nacionalidade: Francia-Bélxica
Xénero: Drama
Duración: 90 Min.
Director: Jean- Pierre e Luc Dardenne
Reparto:-Emile Dequenne (Rosetta)-Fabricio Rongione (Riquet)-Olivier Gourmet (xefe)-Anne Yernaux (mai)
Fotografía: Alain Marcoen

Non recomendada a menores de 13 anos

Sinopse:
A película enmárcase nos suburbios dunha cidade francesa, trata sobre a vida dunha moza de 17 anos, Rosetta, que quere sacar adiante a súa nai alcohólica e acadar unha inserción social.
É un retrato dos excluidos do mundo social e laboral de Europa, que se atopan sumerxidos nunha marxinación pola súa condición social.
"Rosetta" fala da sociedade e sobre todo dunha parte dela que non participa ou non comparte os beneficios da redistribución dos bens. A xente que non ten traballo, que non vive realmente en casas, que se atopa no marxe...

Os irmáns Dardenne, directores tamén das obras cinematográficas “L¨Enfant” ou “La Promesa” filman o que non se soe ver, ou o que non se quere ver.
Gran drama social dende unha mirada casi documental.

Recoñecementos:

  • En 1999 recibe o premio no festival de Cannes da Palma de Oro.
 

> La Espalda Del Mundo

Venres 2 de marzo ás 19:30 no Salón de Actos Uxío Novoneyra

Peli12.jpg

Ano: 2000
Nacionalidade: Española
Xénero: Drama
Director: Javier Corcuera
Duración: 90 Min.

Subtitulada
Non recomendada para menores de 13 anos

"El Papa, Clinton y demás poderosos deberían verla cada noche"
Javier Ocaña (Cinemanía)

ESTE DOCUMENTAL VAI A RETRATAR A VIDA DE 3 PERSOAXES DISTINTOS CON VIDAS E SITUACIÓNS DISTINTAS, PERO QUE COMPARTEN NO FONDO ALGO EN COMÚN: O INCUMPLIMENTO DOS UNIVERSAIS DEREITOS HUMÁNS:

GUINDER RODRÍGUEZ ten 11 anos. pertence a unha familia composta por mai, pai e 3 irmáns máis. Viven nunha casa- chabola en Carabayllo, un povo da periferia de Lima. Como os seus amigos, traballa como picapedreiro e tenta compaxinar traballo e educación. De mayor quere ser contable.
LEYLA ZANA estaba embarazada do seu 2º fillo cando encarcearon o seu marido Medí. Aprendeu a falar turco para poder visitalo na cadea. Logo empezou a estudar e chegou a ser a 1ª muller kurda elexida Diputada por Diyarbarki.
THOMAS MILLER-EL leva dende 1986 no corredor da morte de Texas (USA) acusado de roubo e 2 asasinatos. dende entón coñeceu a 120 persoas que foron executadas e tivo 10 datas de execución que non se cegaron a cumplir grazas ás apelacións presntadas polo seu avogado.

Recoñecementos:

  • Premio da Crítica Internacional do Festival de Cine de San Sebastián 2000
  • Premio da OCIC. Festival de Cine de La Habana 2000
  • Seleccionada para o Festival de Sundance 2001
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Tel: 982 297 498 Horario de atención: luns a venres e 08:30 a 14:30 h