Español | Galego | English
Contacto
Fotografía de la fachada del Centro de Convivencia Uxío Novoneyra
*New address
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra"
Quiroga Ballesteros Street,, nº 1
www.lugo.es/prevenciondrogas
ICon
Presentation of the Counselor
IMay
Presentation of the Mayor
Chamanos
  • Publicidade: un enfoque crítico
  • Cumio CICAD Lugo 2010
  • Controla Club
  • Pensa por ti, elixe por ti
  • Alcohol: no podemos seguir mirando a otro lado
  • Congreso Hablemos de Drogas
  • Proxecto Drojnet 2

| Bebidas enerxéticas |

bebidas enerxéticas
Infórmate SOBRE AS BEBIDAS ENERXÉTICAS!!!

Son produtos novos con sabor a caramelo, extremadamente doces, e que lembran a algún medicamento. Caracterízanse por "proporcionar vigor e estimulación" os nosos corpos. Estas bebidas xorden a finais dos anos 90 nos supermercados, centros comerciais, e nos locais nocturnos como unha alternativa para combinar con outras bebidas e como reconstituínte para "noites longas" ou para o día despois. Todo isto apoiado na referencia de estar compostas por infinidade de milagrosas vitaminas e baixo un formato e deseño moi atractivo que incita claramente a probalas e achegarse a elas.

Os seus compoñentes son carbohidratos, azucres sinxelos que achegan pouca enerxía, ó contrario do que se nos transmite (sacarosas, glicosas ou frutosa, e unha grande variedade de vitaminas do tipo (A, B6, B12, ou C) e como ingredientes esenciais, estimulantes naturais entre os que destacan:

TAURINA: aminoácido esencial que o propio corpo segrega en momentos de grande esforzo físico. Axuda a manter a eficiencia das funcións do corpo, a manter o benestar xeral e promove o incremento de enerxía en momentos de fatiga e á vez favorece unha rápida recuperación. A súa combinación coa cafeína, como a miúdo aparece nas bebidas enerxéticas, favorece que os seus efectos actúen de xeito máis rápido.

GINSENG: a medicina chinesa dá multitude de calidades a esta planta, entre as que destaca a de proporcionar enerxía e diminuír a sensación de fatiga, e eliminar a tensión e mellorar a memoria.

CAFEÍNA: é un compoñente presente no café, no cacao e noutras plantas. É un estimulante que permite aumentar o rendemento muscular e incrementar a utilización dos ácidos graxos como fonte de enerxía aforrando glicóxeno, e combatendo, mentres duran os efectos, o cansazo, e o sono. Induce sensacións de benestar e alerta.

GUÁRANA: planta da que se extrae a guaranina, que é unha substancia idéntica á cafeína. O guarana ten un maior contido en cafeína que o café e, ademais deste alcaloide, contén teobromina, outro estimulante, entre outras substancias.

Trátase de bebidas que non foron creadas para combinar co alcohol, ou mesturar con outras drogas, pero o seu uso festivo incorpórase á cultura nocturna, sen saber que os seus efectos ocultan os efectos do alcohol, ou que pode levarnos a beber máis e sufrir tamén deshidratación, sensacións de falsa seguridade e fortes resacas.

Un consumo excesivo pode provocar dores de cabeza, malestar intestinal, taquicardias, ansiedade, excitación cerebral, insomnio, tremores e depresión, crises de pánico, etc.

O perigo prodúcese cando combinamos con outras bebidas como xa dixemos, e cando se combinan con anfetaminas ou cocaína, producíndose así maiores probabilidades de hipertensión e derrame cerebral. Outra combinación complexa é con éxtase. O consumo de éxtase asóciase ás festas tipo "rave"e festas techno, eventos de longa duración, onde se baila toda a noite, etc. Ao mesturalas e seguir movéndose, a persoa pode deshidratarse, podendo ter un aumento da temperatura corporal, ou lle pode producir graves e perigosas convulsións.

LEMBRA!!


O común (aínda que non o correcto) é tomar estas bebidas e alcohol, onde a cafeína promoverá a emisión de ouriños e o alcohol  unha vasodilatación cutánea, provocando perda de auga e unha posible deshidratación.

As bebidas enerxéticas non son un alimento ou comida, nin a substitúen, achegan pouca enerxía e cero graxas e proteínas. Para realizar un esforzo físico é necesario alimentarse correctamente e durmir ben.

Non se poden considerar como prexudiciais para o organismo, o caso é que  se  se inxiren en exceso poden aparecer efectos secundarios.

Non  se deben tomar como hidratantes durante o exercicio e menos combinadas co alcohol.

A mestura co alcohol pódenos conducir ó erro de sentirnos en condicións para conducir, cando en realidade ás nosas facultades están alteradas.

CONSELLOS DE INTERESE:

- Non confundir coas bebidas isotónicas (ricas en sales minerais).
- Aínda que non teñan alcohol, iso non supón que non poidan ser perigosas; a súa combinación co alcohol e/ou outras drogas é  perigosa.
- O seu éxito radica na novidade do produto, nos seus "compoñentes aparentemente inocuos" na publicidade asociada á festa, ou ó deporte extremo, e á "enerxía que nos poden achegar" así como promocións existentes para introducilos non mercado, e a súa facilidade para atopalos (dispoñibilidade-accesibilidade).
- Diríxese principalmente á xente nova, aínda que caen tamén nas súas redes de mercadotecnia xente máis maior, habituais na noite e da marcha ata altas horas, tamén xente con longas xornadas de traballo, que buscan aquí un "empuxón".
- A polémica sobre a súa composición, ás súas altas dose de cafeína ou algúns ingredientes descoñecidos fannos máis interesantes e populares.

COIDADO CON DEIXAR A TÚA CONSUMICIÓN SOA ENTRE TRAGO E TRAGO...

NUNCA DEBERÍAN DE CONSUMIR ESTAS BEBIDAS:

> EMBARAZADAS OU MULLERES EN PLENA LACTACIÓN.

> PERSOAS EPILÉPTICAS.

> XENTE CON RISCO OU CON PROBLEMAS DE TIPO CORONARIO.

> ESTÁ CONTRAINDICADO O SEU CONSUMO EN NENOS/AS.

> DIABÉTICOS/AS.

> PERSOAS CON CERTA SENSIBILIDADE Á CAFEÍNA E  A OUTROS ESTIMULANTES.

> PERSOAS CON PROBLEMAS DE HIPERTENSIÓN, CARDIOVASCULARES OU CON TRASTORNOS NERVIOSOS.
pnsd.msc.es Lugo.es Sergas.es
Centro de Convivencia "Uxío Novoneyra" R/ Quiroga Ballesteros, nº 1 - 3 planta 27002 LUGO
Phone number: (0034) 982 297 498 Office hours: monday to friday, from 08:30 to 14:30 h